Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (80%), Galego (19%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é que o alumnado adquira as competencias asociadas ó deseño conceptual de procesos, para o que se levará a cabo o desenvolvemento dun proxecto grupal de deseño conceptual dun proceso produtivo. Propóñense os seguintes obxectivos parciais:
- Integrar os coñecementos adquiridos no grao e no primeiro módulo do máster para deseñar conceptualmente un proceso.
- Desenvolver as etapas necesarias para chegar ó deseño conceptual dun proceso produtivo novo ou a mellora dun existente, incluíndo aspectos relacionadas coa seguridade e o medio ambiente.
- Entender a utilidade de realizar traballo experimental no laboratorio, ou de operar unha planta piloto previamente á construción da planta a escala real, para obter datos experimentais e poder así seleccionar correctamente e optimizar as unidades dun proceso.
- Utilizar metodoloxías de enxeñería de procesos, criterios de deseño heurísticos e programas computacionais para crear diagramas de fluxo e realizar simulacións de procesos produtivos novos ou mellorar os existentes.
- Utilizar metodoloxías de integración de enerxía e deseñar sistemas de separación para a síntese de procesos produtivos.
- Avaliar aspectos relacionados coa viabilidade económica do proceso deseñado.
O deseño conceptual de procesos (DCP) consiste nunha actividade creativa para a definición de novos esquemas de procesos de produción industrial. Nun proxecto de enxeñería conceptual débese realizar un conxunto de actividades para xerar un diagrama de fluxo do proceso, o cal serve para realizar a avaliación preliminar dun posible novo proceso ou acadar a mellora dun proceso existente.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia: “Estudo de casos prácticos, por equipos de alumnos, nos que se considerará: (i) concepción e etapas no deseño de procesos, (ii) identificación e interrelación das principais unidades, (iii) obtención de datos de proceso no laboratorio e interpretación dos mesmos, (iv) simulación e estratexias de operación, (v) viabilidade económica e (vi) aspectos de seguridade e medio ambiente.”
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
SEIDER, W.D., SEADER, J.D. E LEWIN, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3ª ed. EE.UU: John Wiley and Sons, 2010. ISBN 978-0470-04895-5. SINATURA ETSE: A150 10 C
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. E SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Upper Saddle, NJ, EE.UU: Prentice Hall, 2013 ( y anteriores). ISBN 978-0-13-261812-0. SINATURA ETSE: A151 9
PERRY, R.H. E GREEN, D.W. Perry's Chemical Engineers' Handbook, 7ª ed. EE.UU: McGraw Hill, 1998. ISBN 9780071422949. SINATURA ETSE: 100-3
SINNOTT, R. E TOWLER, G. Chemical Engineering Design, 2ª ed. Elsevier, Oxford, Reino Unido: 2009. ISBN 9780080966595. SINATURA ETSE: A140 11 , A140 16
SMITH, R. Chemical Process, Design and Integration, Wiley & Sons, New York (2010). ISBN 9780471486817. SINATURA ETSE: A151 13
Competencias xerais e básicas:
• CG1.- Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudio.
• CG7.- Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
• CG8.- Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñería, en contornos novos ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
• CB7.-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB10.-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas:
• CE4.- Capacidade para aplicar o método científico e os principios da enxeñería e economía, para formular e resolver problemas complexos en procesos, equipos, instalacións e servizos, nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e de outros sectores relacionados entre os que se atopan o farmacéutico, biotecnolóxico, materiais, enerxético, alimentario ou medioambiental.
• CE5.- Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñería química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.
• CE6.- Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización de outros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñería química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reacciones químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
• CE8.- Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa enxeñería química.
• CE11.- Abordar un problema real de Enxeñería Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.
Competencias transversais:
• CT1.- Desenvolver capacidades asociadas ó traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
• CT4.- Capacidade analítica, crítica e de síntese
• CT5.- Habilidade para as relación interpersoais.
Os alumnos que cursen esta materia deberán realizar o deseño conceptual dun proceso industrial. Para iso, traballarán en grupos de 3-5 alumnos. Os alumnos realizarán o traballo sobre o proceso proposto ó longo de todo o semestre.
A docencia en forma de seminarios desta materia proponse como actividades que constitúen as partes do deseño conceptual dun proceso. O labor do profesorado será de asesoramento e supervisión do seu correcto desenvolvemento.
A modo de exemplo propóñense as seguintes actividades:
-Deseño dun diagrama de bloques
-Deseño dun diagrama de fluxo preliminar
-Simulación e estratexias de operación
-Predeseño da unidade principal do proceso
-Deseño preliminar de experimentos de laboratorio
-Viabilidade económica do proceso
-Integración enerxética do proceso
O alumno será o actor principal no desenvolvemento da materia no laboratorio e na aula de informática. O alumno será o responsable de propoñer ideas e definir as tarefas a realizar en cada etapa do deseño conceptual. Os labores específicos desenvolvidos dependerán en gran medida do proceso seleccionado. O profesorado adoptará unicamente un papel de supervisión e asesoramento continuado, non será o promotor das decisións relacionadas co progreso do deseño conceptual.
Tamén se propón unha titoría de grupo, na que se farán presentacións abertas e se refinará o contido e alcance dos proxectos.
Empregarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Diferentes actividades ó longo do desenvolvemento da materia levarán asociada a entrega de documentos escritos no Campus Virtual ou a realización de sesións orais, avaliables en ambos casos. Como colofón realizarase unha memoria final, que será presentada e defendida oralmente ante o profesorado da materia. O alumnado, ademais, desenvolverá a avaliación e integración enerxética do proceso que deseñe, que será parte das actividades avaliables da materia "Enerxética industrial"; e tamén avaliará aspectos relacionados coa seguridade do proceso, que será parte das actividades avaliables da materia "Análise e xestión de riscos industriais".
Realizarase unha visita a unha empresa relacionada cos contidos da materia, en función das circunstancias vixentes en materia de saúde pública e dos recursos económicos dispoñibles, e buscando no posible unha integración cos contidos de outras materias do Módulo. O obxectivo da visita é conectar os contidos da materia coa realidade industrial. No caso de non poder levarse a cabo a devandita visita, substituirase por unha actividade de achegamento ó mundo industrial, por exemplo un seminario a cargo de un especialista do sector industrial.
En relación á seguridade e prevención de riscos laborais, para cada unha das prácticas o alumnado dispón dun manual básico de funcionamento no que se reflicten os aspectos máis relevantes.
Actividades realizadas e competencias a acadar:
- Clases interactivas de seminario: CG.1, CG.7, CG.8, CB.7, CB.10, CE.4, CE.5, CE.6, CE.8, CE.11, CT.1, CT.4
- Clases interactivas de laboratorio: CG.7, CG.8, CB.7, CB.10, CE.4, CT.1, CT.4, CT.5
- Clases interactivas de aula de informática: CB.7, CB.10, CE.4, CE.6, CT.4
- Titoría de grupo: CG.8, CB.7, CT.1, CT.4, CT.5
Descrición das actividades a realizar:
INTERACTIVAS DE SEMINARIO (10 sesiones):
- Presentación da materia, que inclúe a descrición detallada da guía docente e a filosofía de traballo na materia. Elaboración de grupos de traballo.
- Concreción dos proxectos de deseño conceptual.
- Etapas para o deseño dun diagrama de fluxo preliminar.
- Heurísticas aplicadas a deseño de procesos.
- Deseño preliminar de unidades.
- Avaliación económica de procesos
- Medio ambiente e seguridade nun proxecto de DCP
- Exercicio de 'elevator pitch'
- Análise dos proxectos no contexto do desenvolvemento sostible
INTERACTIVAS DE LABORATORIO (6 sesións)
- Laboratorio - Normas de seguridade e equipo dispoñible, planificación de experimentos
- Inicio dos experimentos e toma de datos no laboratorio.
- Traballo experimental de laboratorio
- Toma de datos experimentais
INTERACTIVAS DE AULA DE INFORMÁTICA (4 sesións)
- Simulación en Aspen Hysys
- Simulación en SuperPro Designer
TITORÍA DE GRUPO
- Presentación de proposta de proxectos de deseño conceptual por parte dos alumnos
A avaliación do alumno realizarase en función das distintas actividades avaliables realizadas ó longo do curso, da memoria final e da presentación e defensa oral por parte de cada grupo. A cualificación complementarase cun informe do profesorado relativo á actitude e aptitude desenvolvidas na materia que permitirá a diferenciación da nota de cada alumno.
Distribución da cualificación:
- Actividades propostas, visita técnica, traballo de laboratorio e aula de informática: 35 % da nota final
- Titorías/Informe do profesor: 5 % da nota final
- Pre-Memoria (final do módulo I): 10 % da nota final
- Memoria final de deseño conceptual (final do módulo II): 25 % da nota final
- Exame final: 25 % da nota final. Este exame constará de dúas partes: unha proba de coñecemento sobre aspectos do deseño conceptual de procesos (10 % da nota final) e a presentación e defensa do desenvolvemento do deseño conceptual (15 % da nota final).
Requirirase un mínimo de 3 sobre 10 en cada un dos apartados anteriores, así como en cada unha das partes do exame final, para facer media e poder superar a materia, exceptuando o apartado de Titorías/Informe do profesor. Se se alcanzan os 5 puntos na nota final sen cumprir algún dos mínimos parciais, a nota final pasará a ser a daquel apartado no que non se teña alcanzado o devandito mínimo.
Relación de avaliación de actividades e competencias:
- Actividade 1 (Memoria): CG1, CG7, CG8, CE11, CT1, CT4
- Actividade 2 (Actividades propostas): CG1, CG7, CG8, CE11, CT1, CT4
- Actividade 3 (Traballo en aula de informática e laboratorio): CG1, CG7, CG8, CB7, CE4, CE6, CE8, CT4, CT5
- Actividade 4 (Titoría): CG8, CB7, CT4
- Actividade 5 (Exame): CG1, CB7, CB10, CE5, CE6
A asistencia ás clases interactivas de laboratorio e de aula de informática será obrigatoria.
Así mesmo, recoméndase encarecidamente a asistencia á primeira sesión de clases expositivas, segundo o calendario da materia, por considerarse crítica para o axeitado desenvolvemento do resto do curso.
A participación na visita á empresa (ou actividade que a substitúa) será obrigatoria e avaliarase cun cuestionario, e será unha nota máis dentro da avaliación continua.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e segunda oportunidade, conservándose de unha oportunidade para a outra as notas dos apartados que superasen o mínimo indicado. Non se conservará ningunha nota entre convocatorias.
Consideraranse non presentados os estudantes que non participasen en polo menos o 25 % das actividades propostas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Estímase un total de 150 h (6 ECTS), que se reparten entre horas presenciais e traballo autónomo do alumno, das cales 53 h serán presenciais en forma de clases interactivas de seminario ou interactivas de laboratorio ou aula de informática, e 1 h presencial de titoría de grupo, do xeito que se sinala na táboa.
Distribución da actividade formativa en ECTS:
Actividade...................Horas aula...Horas alumno....... ECTS
Seminarios......................20,0..............30,0.............. 2,0
Aula informática................8,0..............12,0................0,8
Prácticas laboratorio.........24,0..............36,0...............2,4
Titorías grupo...................1,0................4,0...............0,2
SUBTOTAL......................53,0..............82,0...............5,4
Titorías individualizadas..... 1,0................4,0................0,2
Exame e revisión...............2,0................8,0................0,4
TOTAL...........................56,0..............94,0...............6,0
Para superar a materia recoméndase ós alumnos realizar un traballo continuado durante o período de impartición da mesma. Deste xeito o alumno progresará na elaboración do deseño conceptual do proceso escollido asegurándose de que cada unha das etapas do mesmo está correctamente fundamentada nos coñecementos previos necesarios adquiridos ó longo da impartición da materia.
Para o laboratorio o alumno ha de vir provisto de bata de laboratorio e gafas de seguridade. A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñeza e cumpra as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa páxina web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder a intranet con las credenciales personales.
3. Entrar en Documentación > Seguridad > Formación.
4. Pulsar en "Protocolo de formación básica en materia de seguridad para espacios experimentales".
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
A materia será impartida en castelán.
Aqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa organización docente e de investigación do centro poden consultar as seguintes páxinas web:
- Departamento de Enxeñería Química (correo electrónico, despachos e teléfonos do profesorado do departamento, así como actividades de investigación realizadas).
- Escola Técnica Superior de Enxeñería (descrición da titulación, organización do centro, horarios de clases de teoría e laboratorio, organización de grupos de prácticas, calendario de exames e formularios administrativos).
Eva Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anuska Mosquera Corral
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Rodriguez Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Pedrouso Fuentes
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alba.pedrouso [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| Xoves | ||
| 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 15.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 15.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| 15.01.2024 16:00-18:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A6 |
| 28.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 28.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
| 28.06.2024 10:00-12:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MOSQUERA CORRAL, ANUSKA | Castelán |
| Pedrouso Fuentes, Alba | Castelán |
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MOSQUERA CORRAL, ANUSKA | Castelán |
| Pedrouso Fuentes, Alba | Castelán |
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MOSQUERA CORRAL, ANUSKA | Castelán |
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |