Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como obxectivo introducir os alumnos no estudo conxunto da transferencia de enerxía, materia e cantitdade de movemento. Estidaranse as leis básicas que rexen estes tres fenómenos estreitamente relacionados, para que poidan formular modelos matemáticos que representan os fundamentos dos problemas reais de procesos químicos. Trala finalización do curso o alumno deberá:
•Aplicar as leis que rexen a transferencia de cantidade de movemento, enerxía e materia e interrelacionar os tres fenómenos.
•Desenvolver modelos matemáticos complexos que representen sistemas reais, tanto en estado estacionario e non estacionario.
•Plantexar modelos de coeficientes para o transporte individual e global necesarios para resolver problemas reais.
Os contidos son desenvolvidos en 3,0 ECTS e están detallados no descritor da materia no plan de estudo do Máster en Enxeñaría Química de Bioprocessos, e son: Balance microscópico. Ecuacións de velocidad. Ecuacións de conservación. Transporte molecular en reximen estacionario e non estacionario. Transporte entre fases. Analoxías. Modelos para o transporte simultáneo de máis dunha propiedade: estacionario e non estacionaria, con e sen reacción química, análise de diferentes xeometrías.
Tendo en conta os descriptores enrriba sinalados o programa da materia estructuraráse da seguinte forma:
BLOQUE 1.- Transporte de Cantidade de movemento
Tema 1.- Introdución aos fenómenos de transporte. Niveis de descrición dos fenómenos de transporte. Nomenclatura. Viscosidade e mecanismos de transporte de cantidade de movemento: Lei de viscosidade de Newton. Xeneralización da lei de Newton.
Tema 2.- Balances a nivel microscópico de cantidade de movemento en envolturas. Distribucións de velocidade para fluxo unidimensional en réxime laminar en estado estacionario. Condicións límite.
Tema 3.- Ecuacións de conservación en sistemas isotérmicos: Ecuación de continuidade. Ecuación de movemento. Uso das ecuacións de conservación para a resolución de problemas.
Tema 4.- Transporte de cantidade de movemento en fluxo turbulento: Introdución ao fluxo turbulento. Ecuacións de conservación promedias. Introdución aos coeficientes de transporte individuais e globais.
BLOQUE 2.- Transferencia de Calor
Tema 5.- Transporte por condución, condutividade térmica. Lei de Fourier. Ecuacións de variación para sistemas non isotérmicos en estado estacionario. Condución con xeración. Distribución de temperatura en sólidos.
Tema 6.- Transporte convectivo. Coeficientes de transporte. Convección forzada e libre. Distribución de temperatura en fluxo laminar.
Tema 7.- Ecuacións de enerxía.
BLOQUE 3.- Transferencia de Masa
Tema 8.- Fundamentos e conceptos xerais da transferencia de masa. Lei de Fick da difusión. Velocidades das especies en difusión. Ecuacións de continuidade para distintas xeometrías. Condicións de contorno máis comúns.
Tema 9.- Difusión molecular en estado estacionario con reacción química. Reacción química heteroxénea. Reacción química homoxénea.
BLOQUE 4.- Analogías entre transporte de cantidade de calor e transporte de materia e cantidade de movemento.
Bibliografía básica:
BIRD R.B STEWART W.E. AND LIGHTFOOT E.N, Transport Phenomena. 2ª ed. Revised, New York: John Wiley & Sons, 2007. ISBN: 978-0-470-11539-8. SINATURA ETSE: SOLICITADO EBOOK
BIRD R.B STEWART W.E. Y. LIGHTFOOT E.N, Fenómenos de Transporte. Barcelona: Editorial Reverte, 2006 (e edicións anteriores). ISBN 8429170502. SINATURA ETSE: A111 2 E, A111 2 F
BIRD R.B. STEWART W.E. y LIGHTFOOT E.N. Transport Phenomena. 2ª ed. New York: John Wiley & Sons, 2007 (e edicións anteriores). ISBN 0-471-41077-2. SINATURA ETSE: A111 1 , 111 20
Bibliografía Complementaria:
WELTY J.R. WICKS, C. Fundamentos de transferencia de momento, calor y masa. 2ª ed México: Limusa, 1999. ISBN 968-18-5896-4. SINATURA ETSE: A111 3E
Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do Master:
- Competencias xerais e básicas: CG7, CG9, CB6, CB7, CB10
- Habilidades específicas: CE1, CE2, CE3, CE4, CE6, CE7.
- Habilidades e aptitudes: CT4
A asignatura consta de 3 créditos, destinados 14 h para impartir clases maxistrais e 12 h para seminarios. Usarase a lección magistral para desenvolver gran parte do temario. Antes de comenzar cun tema, o profesor describirá de forma xenérica os contidos relacionándolos entre sí e con temas anteriores co fin de cos alumnos aprecien a importancia do mismo. Ó finalizar o tema farase un pequeno balance do visto, incidiendo nos aspectos que poidan presentar mais dificultades ó alumno.
As clases de seminario estarán básicamente adicadas á resolución de problemas e plantexamento de casos relacionados cos conceptos teóricos. Fomentarase o uso de ferramentas informáticas e follas de cálculo para a resolución de problemas.
Empregarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Tanto nas clases maxistrais como nos seminarios, tratarase de expor temas e cuestións reais para suscitar interese e aclarar conceptos. Exporanse diferentes actividades ao longo do desenvolvemento da materia que levarán asociadas a entrega a través do Campus Virtual de documentos escritos ou a realización de sesións orais (presenciais ou telemáticas), avaliables en ambos os casos.
Por outro lado, a mayoría das ecuaciones que describen o transporte de cantidade de movemento, materia e enerxía a través dun sistema son ecuacions diferenciais que carecen de solución analítica. Os métodos numéricos para resolver estas ecuacions se usaron sempre pero o seu desenrrolo acelerouse moito debido á capacidade dos modernos computadores que executan cálculos repetitivos. Por elo esta asignatura estará íntimamente ligada á asignatura de “Simulación con métodos numéricos” onde pretende introducir ó alumno no uso destos métodos numéricos para a resolución das ecuacions plantexadas, mediante o programa matlab, Comsol ou Fluent (ou software libre). O traballo presentaráse e defenderáse na tutoría de grupo na data sinalada oficialmente no calendario.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudio da materia.
- Competencias asociadas á metodoloxía empregada:
Clases expositivas: CG7; CG9; CB6; CE7; CB10;
Clases de seminario: CG7; CB6; CB7; CB10; CT4; CE1; CE3; CE4; CE6; CE7
Traballo en grupo: CB7; CT4; CE1; CE2; CE3; CE4; CE6; CE7
Titoría en grupo: CG7; CB7; CT4; CE1; CE3;
Farase un seguimento da aprendizaxe dos alumnos a través de actividades, traballos, resolución de problemas individualmente ou en grupo. Asemade, os estudantes realizarán un exame con cuestions teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a calificación final.
Distribución da calificación*
Entraga de problemas: 25% da nota final (Actividade 1)
Traballo en grupo (un): 20% da nota final (Actividade 2)
Tutorías/Informe do Profesor: 5% da nota final
Exame Teorico-práctico: 50% da nota final
*Requerirase un mínimo de 3 sobre 10 en cada unha das partes evaluables para superar a materia. Se se alcanzan os 5 puntos na nota final sen cumprir algún dos mínimos parciais, a nota final pasará a ser a daquel apartado no que non se teña alcanzado o devandito mínimo.
Avaliación de actividades e competencias
Actividade 1: CG7; CG9; CB6; CB7; CB10; CT4; CE1; CE2; CE3; CE4; CE6; CE7
Actividade 2: CG7; CG9; CB6; CB7; CB10; CT4; CE1; CE2; CE3; CE4; CE6; CE7
Titoría en grupo: CG7; CG9; CB6; CB7; CB10; CT4; CE1; CE2; CE3; CE4; CE6; CE7
Exame: CB7; CB10; CT4; CE1; CE2; CE3; CE7
O sistema de evaluación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS
Actividade: Horas presenciais - Horas traballo alumno - ECTS
Clases maxistrais: 14,0 - 14,0 - 1,12
Seminarios : 12,0 - 15,0 - 1,08
Aula informática: -- -- --
Prácticas laboratorio: -- -- --
Titorías grupo: 1,0 - 4,0 - 0,20
Subtotal : 27,0 - 33,0 - 2,40
Titorías individualizadas: 1,0 - 4,0 - 0,20
Exame y revisión: 2,0 - 8,0 - 0,40
Total : 30,0 - 45,0 - 3,0
A materia impartirase en idioma castelán.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
A materia será impartida en castelán.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Aqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa organización docente e de investigación do centro poden consultar as seguintes páxinas web:
- Departamento de Enxeñería Química (correo electrónico, despachos e teléfonos do profesorado do departamento, así como actividades de investigación realizadas).
- Escola Técnica Superior de Enxeñería (descrición da titulación, organización do centro, horarios de clases de teoría e laboratorio, organización de grupos de prácticas, calendario de exames e formularios administrativos).
Eva Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| Venres | ||
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 21.12.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 21.12.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 21.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 21.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODIL RODRIGUEZ, EVA | Castelán |