Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O/A alumno/a deberá:
O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da Historia contemporánea Universal, aínda que con énfase no continente europeo.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica. As características da sociedade actual teñen raíces no pasado recente; o sistema económico dominante (capitalista) configurouse na súa forma actual ó longo dos séculos XIX e XX; as doutrinas e cosmovisións políticas fundamentais proceden do século XIX (socialismo, liberalismo, nacionalismo…)
A materia estará organizada en 10 Unidades Didácticas:
1. A fin do Antigo Réxime: sociedade, política e economía
2. Revolucións atlántico-occidentais e o Imperio napoleónico (1775-1814/15)
3. Revolución industrial e civilización burguesa
4. Restauración e Revolución liberal (1814/15-1848)
5. Movementos nacionalistas: unificacións de Italia e Alemaña
6. A consolidación do capitalismo: sociedade de clases e movemento obreiro
7. Relacións internacionais e Imperialismo: a Paz armada (1871-1914)
8. Primeira Guerra mundial e Revolución rusa. A reorganización territorial de Europa
9. O período de entreguerras: crise da democracia e irrupción dos fascismo
10. Segunda Guerra mundial
ARTOLA, M. y PÉREZ LEDESMA, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid,Alianza Editorial, 2005.
BAHAMONDE. A.; VILLARES, R., Historia del Mundo Contemporáneo, ss. XIX y XX. Madrid,Taurus, 2001.
BAYLY, C. A., El nacimiento del mundo moderno, 1789-1914. Conexiones y comparaciones globales. Madrid, Siglo XXI, 2010.
BRIGGS. A.; CLAVIN. P., Historia contemporánea de Europa. 1789-1989, Bar-celona. Crítica, 1997.
CASANOVA, J., Europa contra Europa, 1914-1945, Barcelona, Crítica, 2011.
FERNÁNDEZ, A., Historia Universal. Edad Contemporánea. Barcelona, Vi-cens Vives, 2006.
HOBSBAWM, E.J., Las revoluciones burguesas. Madrid, Guadarrama, 1964.
HOBSBAWM, E. J, Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1995.
HOWARD, M., La Primera Guerra mundial, Crítica, Barcelona, 2003
PAREDES ALONSO, F.J. (ed), Historia Universal Contemporánea, Madrid, Ariel, 2004
ZAMAGNI, V., Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2001.
Específicas
O/A alumno/a será capaz de:
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo contemporáneo.
CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando as raíces de trazos do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc.etc.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia
o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá
concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Pilar Lopez Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- mpilar.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 21.05.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
| 24.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 13 |