Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Iniciación ao coñecemento da Paleografía e da Diplomática como ciencias xunto cos seus presupostos teóricos e metodolóxicos.
- Iniciación á transcripción documental
- Realización de comentarios diplomáticos identificando de que tipo documental se trata en cada caso e distinguindo as partes que o integran.
- Posibilitar que o alumno chegue a coñecer os distintos tipos de escritura, de documentos e o seu valor en diferentes ámbitos (pericial, histórico, artístico, paisaxístico etc.)
Bloque I: A Paleografía e a Diplomática: orixe, desenrolo e principios.
Tema 1: A Paleografía: concepto, obxeto e método.
Tema 2: Historia da Paleografía.
Tema 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método.
Tema 4: Historia da Diplomática
Bloque II: As fontes escritas
Tema 5: O sistema abreviativo
Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materias, instrumentos escriptorios, tipo de escritura etc.
Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
Tema 8: A xénese documental.
Tema 9: A tradición documental.
Tema 10: A elaboración dos documentos.
Tema 11: Criterios para a clasificación dos documentos.
Bloque III: Os ciclos escriturarios e tipoloxía documental en época moderna e contemporánea.
Tema 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época trastámara e habsbúrgica (último tercio do século XIV-s. XVII).
Tema 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
Tema 14: A escritura e o documento en época contemporánea.
Paleografía e Diplomática
Manuais e outros traballos:
- Floriano Cumbreño, Antonio C.: Curso general de Paleografía y Paleografía y Diplomática españolas. Oviedo, 1946
- García Rodríguez, Antonio: Diplomática del documento administrativo actual: tradición e innovación. Carmona, 2001
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de iniciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Núñez Contreras, Luis: Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura latina hasta el siglo VIII. Madrid, 1994
- Pino Rebolledo, Fernando: Tipología de los documentos municipales. Vallladolid, 1991
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introduccción a la Paleografía y la Diplomática general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Romero Tallafigo, Manuel: Diplomática del documento contemporáneo: sus aportaciones para la valoración y selección en los archivos.” En: Primeras Jornadas sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales de las administraciones públicas. Madrid, 1992, p. 51-59
- Idem: “Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la nación. Carmona, 2002
- Rubio Merino, Pedro: "Tipología documental en los archivos parroquiales." En: Archivística: estudios básicos. Sevilla, 1981, pp. 209-236
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
. Madrid, 2000
Coleccións de láminas:
- Arribas Arranz, Filemón: Paleografía documental hispánica. Valladolid, 1965, 2v.
- Colomera y Rodríguez, Venancio: Paleografía castellana. Valladolid, 2002
- Costa, Avelino Jesús da: Album de paleografia e diplomática portuguesas: estampas. Coimbra, 1997
- Millares Carlo, Agustín: Album de paleografía hispanoamericana de los siglos XVI y XVII. Barcelona, 1975, 2v.
- Idem: Tratado de paleografía española. Madrid, 1983, 3v.
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de inciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Aproximación a la cultura escrita: material de apoyo. Madrid, 1995
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Universidad Nacional de Educación a Distancia (ed.): Láminas de la Cátedra de Paleografía y Diplomática. Madrid, 2000
Diccionarios:
- Riesco Terrero, Ángel: Diccionario de abreviaturas hispanas de los siglos XIII al XVIII, con un apéndice de expresiones y fórmulas jurídico-diplomáticas de uso corriente. Salamanca, 1983
Normas de transcripción paleográfica:
- CSIC: Normas de transcripción y edición de textos y documentos. Madrid, 1944
- Comission Internationale de Diplomatique: Diplomatique et Sigillographica: …. Zaragoza, 1984
- Costa, Avelino Jesus da: Normas gerais de transcriçao e publicaçao de documentos e textos medievais e modernos. Coimbra, 1994
- López Villalba, José Miguel: “Normas españolas para la transcripción y edición de colecciones diplomáticas.” Espacio, Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval, T. 11, 1998, pp. 285-306
- Lucas Álvarez, Manuel: “Para unas normas complementarias de transcripción de documentos gallegos.” Cuadernos de Estudios Gallegos, 12 (1949),
Dentro das competencias xerais, sería desexable que os/as alumnos/-as tiveran uns coñecementos nas áreas de Humanidades adquiridos na súa educación secundaria e que fosen capaces de amplialos mediante o contacto con textos especializados e determinadas achegas; que saiban aplicar estes mesmos coñecementos de forma profesional ás tarefas que se desenrolarán na materia e posúan competencias para a elaboración e defensa de argumentos e a resolución das cuestións que se lle plantexen; e, finalmente, tamén resulta recomendable que desenrolen habilidades de aprendizaxe que lles permitan emprender estudos cun alto grado de autonomía.
Aparte destas competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta materia desenrolan unhas competencias tanto transversais como específicas. Transversais porque a elaboración de determinados tarefas prácticas obrigaralles a unha redacción axeitada dos textos e á súa presentación dacordo cuns parámetros. E específicas porque o programa que se presenta permitirá aos/ás alumnos/-as adquirir uns coñecementos sobre o eido da Paleografía e a Diplomática en época moderna e contemporánea e posibilitar que no futuro poidan completar a súa formación coa realización dun traballo de investigación dirixido e incluso, combinado cos coñecementos adquiridos noutras ensinanzas, poder abordar a creación e progreso de proxectos culturais, educativos, comunicativos etc.
A metodoloxía da ensinanza xirará entorno a 2 piares fundamentais
1º As clases expositivas
2º As clases interactivas
Polo que se refire ás clases expositivas, o seu cometido fundamental é o de proporcionar aos/ás alumnos/-as os coñecementos necesarios a traverso da exposición dos temas para o posterior desenrolo das activadades prácticas. Estes coñecementos serían aspectos tales como os tipos de abecedarios, as características dos distintos tipos de letra, os tipos de documentos etc. Para facilitar máis esta aprendizaxe por parte dos/-as alumnos/-as repartiráselles un conxunto de materiais acordes cos temas que en cada momento se vexan tales como abecedarios dos distintos tipos de escritura, signos especiais de abreviación, formularios nos que aparezan claramente diferenciadas as partes dos diferentes tipos documentais analizados, esquemas, normas para unha correcta transcripción paleográfica, normas para a elaboración de comentarios diplomáticos, exemplos de comentarios paleográficos e diplomáticos etc. Na maioría dos casos todos estes materiais así como os temas facilitaranse ao alumno a traverso do campus virtual para dar máis axilidade ás clases e centrarse naqueles aspectos que sexan máis difíciles de entender.
As clases interactivas que se desenvolverán terán que ver en boa medida coas ensinanzas impartidas nas sesións teóricas. Consistirán nunha análise diplomática consistente identificación de determinados tipos de documentos, sinalando as súas partes e elementos característicos; se se trata dun orixinal, copia ou borrador, datarémolo correctamente e faremos un breve resume do mesmo atendendo ás súas características. Igualmente realizaranse prácticas de transcripción de documentos e identificarase o tipo de letra.
Tanto a asistencia como o traballo persoal do alumno resultan claves para a superación desta materia. Polo que se refire á avaliación, os criterios que se terán en conta tanto na primeira como na segunda oportunidade, agás no caso que se reseñará ao final, son os seguintes:
1º A participación voluntaria e activa suporá un 10% da nota global e a resolución dos exercicios plantexados na clase equivalerá a un 20% da nota global, sendo necesario que o alumno obteña unha puntuación mínima de 1,5 puntos para darse como superada.
2º Polo que respecta á proba global, equivalerá ao 70% da nota global e tanto na primeira como na segunda oportunidade constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 5 puntos e unha parte teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. O exame contabilizará un total de 7 puntos, pero será necesario que o alumno acade unha puntuación mínima de 5 puntos para darse por superado e para poder contabilizar o resto de méritos (participación voluntaria e activa e resolución dos exercicios plantexados).
No caso dos alumnos que teñan dispensa para non asistir á clase, o único criterio de avaliación será a proba final que suporá o 100% da nota global.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada a participación voluntaria e activa e a resolución dos exercicios, soamente terán que facer a proba final. Este criterio só se lles aplicará ao ano seguinte de tela cursado, pois se repiten por segunda vez, deberán aterse aos criterios de evaluación da materia como se a cursaran por primeira vez.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 10
Sesións interactivas / de seminario /aula de informática: 30
Sesións de tutorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 2
Exposicións na aula: 4
Total de presenciais: 49
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudio dos conceptos teóricos e preparación das actividades prácticas: 30
Realización do traballo obrigatorio: 15
Preparación do exame: 17,5
Total non presenciais: 63,5
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución das probas.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas e prácticas a fin de afrontar con garantías os controis sobre os contidos teóricos e prácticos.
- participación activa e voluntaria nas prácticas como método máis axeitado de aprendizaxe.
- plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir ou ben acudir a tutorías se se prefire.
1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Escritura e Documento no mundo moderno e contemporáneo”, é unha materia optativa de duración catrimestral que se cursa no segundo ciclo (4º curso) no segundo cuatrimestre no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impartido na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 4,5 ECTS
1.2 Prerrequisitos
Dado que esta materia impártese no 4º curso do citado grao, soe ser tamén a primeira vez que os alumnos entran en contacto coa Paleografía e Diplomática. Como prerrequisito básico e esencial, establécese o saber leer e escribir pois calquera persoa pode chegar a entender os principios básicos destas disciplinas. Polo que se refire ós prerrequisitos aconsellables, a súa aplicación na nosa materia queda moi minimizada, limitándose unicamente á denominación de certos elementos dentro de ambas ciencias. Pese a isto insistiremos nestes termos para que o alumno os coñeza, empregue e saiba a que nos estamos referindo.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, na actualidade Profesor Contratado Doutor LOU do Departamento de Historia , Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen menoscabo de empregar o castelán se hai alumnos foráneos que presentan dificultades á hora de entender o galego.
1.4 Horario e lugar das titorías.
As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito no primeiro andar do edificio, co número 129, os mércores de 9h a 11h e os xoves de 9h a 10h e de 11:30h a 13:30h.Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita. Igjualmente, e para axilizar estas titorías, o alumnado poderá recorrer ao campus virtual no que hai un foro habilitado para que poida formular as súas preguntas ou dúbidas.
No tocante á avaliación da aprendizaxe, cómpre sinalar o seguinte:
1º A participación voluntaria e activa suporá un 10% da nota global e a resolución dos exercicios plantexados na clase equivalerá a un 20% da nota global, sendo necesario que o alumno obteña unha puntuación mínima de 1,5 puntos para darse como superada.
2º Polo que respecta á proba global, equivalerá ao 70% da nota global e tanto na primeira como na segunda oportunidade constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 5 puntos e unha parte teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. O exame contabilizará un total de 7 puntos, pero será necesario que o alumno acade unha puntuación mínima de 5 puntos para darse por superado e para poder contabilizar o resto de méritos (participación voluntaria e activa e resolución dos exercicios plantexados).
No caso dos alumnos que teñan dispensa para non asistir á clase, o único criterio de avaliación será a proba final que suporá o 100% da nota global.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada a participación voluntaria e activa e a resolución dos exercicios, soamente terán que facer a proba final. Este criterio só se lles aplicará ao ano seguinte de tela cursado, pois se repiten por segunda vez, deberán aterse aos criterios de evaluación da materia como se a cursaran por primeira vez.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 12 |
| Xoves | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 03.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 11.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |