Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegar ao alumnado a un coñecemento global do proceso de conformación de Europa como unha realidade socio-política e un espazo de civilización, centrándose na definición inicial entre os anos 400 e 1500 como un marco social e cultural estructurado arredor do cristianismo e o feudalismo. Buscarase ofertar unha visión sintética, razoada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e a súa plasmación no presente, no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
0.- A Idade Media como crisol de Europa: conceptos básicos e orientación da materia.
I.- Ruptura, cambio e persistencia no mundo da Cristiandade latina (ss. IV-X):
1.- O legado de Roma e a impronta xermánica. novas bases sociais, novos xeitos de propiedade.
2.- Señorío e Feudalismo na sociedade rural altomedieval.
3.- O retroceso da cultura grecolatina e o renacemento cristianizante dos séculos VIII a X.
II.- A madurez da sociedade feudal no Occidente medieval (ss. XI-XIII):
4.- A revolución agraria e demográfica do "Ano Mil".
5.- Xénese e desenvolvemento do mundo urbano e comercial medieval.
6.- Estructura e dinámica da sociedade da Plena Idade Media.
7.- O nacemento dunha cultura propia europea-occidental e cristián: Románico e Gótico.
III.-Crise e renovación da sociedade europea medieval (ss.XIV-XV):
8.- O ciclo da depresión e a recuperación demográfica e económica.
9.- Da sociedade medieval á sociedade moderna: o peso social dos cambios.
10.- Igrexa, relixiosidade e cultura no "Outono da Idade Media".
Idade Media:
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
Chris WICKHAM, Europa en la Edad Media, Barcelona, Crítica, 2017.
José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.
Julián DONADO e Ana ECHEVARRÍA, Historia Medieval I: siglos V-XII, Madrid, Editorial Ramón Areces, 2014.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Robert FOSSIER e outros, La sociedad medieval, Barcelona, Crítica, 1996.
Europa:
.- Feliciano NOVOA e Javier VILLALBA, Historia de Europa a través de sus documentos, Barcelona. Lunwerg, 2012.
.- Jean-Fréderic SCHAUB, ¿Tiene Europa una historia?, Madrid, Akal, 2013.
.- Jean CARPENTIER e François LEBRUN, Breve Historia de Europa, Madrid, Alianza, 1998.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
Transversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de exposición de epígrafes da materia na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
A avaliación da materia comprenderá:
a) Unha proba teórica, consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 75% da nota final.
b) Unha proba práctica, consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 12'5% da nota final.
c)Unha proba teórico-práctica, consistente na elaboración e exposición en grupo dun dos epígrafes do programa. A súa cualificación equivalerá ó 12'5% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é indispensable para superar a materia en calquera das convocatorias establecidas. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado". A asistencia á clase e a participación nas aulas prácticas e actividades extra-aulares serán tidas en conta na avaliación final da aprendizaxe.
O sistema de cualificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño como para a segunda de Xuño/Xullo. A avaliación positiva de certas actividades (exame e traballos individual e de grupo) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación. No caso daqueles alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase, a avaliación continua realizarase a través de contactos a concretar co alumno/a dispensado/a mediante a plataforma do Campus Virtual.
Horas de actividade presencial: 45 horas
.- Sesións expositivas: 18 horas.
.- Sesións de seminario: 18 horas.
.- Tutorías, avaliación e outras actividades en aula: 9 horas.
Horas de actividade non presencial: 67'5 horas.
.- Estudo e preparación de clases e materiais: 22'5 horas.
.- Traballos de curso: 15 horas.
.- Lecturas de bibliografía e materiais: 15 horas.
.- Preparación de exames e outros: 15 horas.
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia de especialización, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio e do traballo de grupo, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
1.-Docencia presencial: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos, exposicións en grupo de alumnos/as.
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, cine-forum.
3.- Aula Virtual: guions temáticos, materiais auxiliares, gravacions, recursos audiovisuais e en liña.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 12 |
| 16.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 08.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |