Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OA1 - Familiarizar aos estudantes coas principais concepcións da hermenéutica filosófica ao longo da historia
OA2 - Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
OA3 - Adestrar na capacidade para interpretar os textos filosóficos dos autores e autoras máis sobranceiras, a través dos seus xéneros literarios específicos.
OA4 - Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
OA5 - Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
OA6 - Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. A Hermenéutica Filosófica: concepto e problema.
Tema 2. Teorías antigas e medievais da interpretación.
Tema 3. O nacemento da Hermenéutica Filosófica.
Tema 4. A Hermenéutica Contemporánea.
Obras de referencia e consulta
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Historia de la Hermenéutica. Madrid, Sindéresis, 2020.
AGÍS VILLAVERDE, M. Anatomía del pensar. El discurso filosófico y su interpretación, Ed. Sindéresis, Madrid 2022.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol I. O discurso filosófico, Vigo, Galaxia, 2019.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol II. Historia da interpretación filosófica. Vigo, Galaxia, 2020.
Básica
SCHLEIERMACHER, F.: Los discursos sobre Hermenéutica, Universidad de Navarra, Pamplona 1991.
DILTHEY, W.: El surgimiento de la hermenéutica, Istmo, Madrid 2000.
HEIDEGGER, M.: Ontología. Hermenéutica de la facticidad, Alianza, Madrid 1982.
GADAMER, H.-G.: Verdad y método. Fundamentos de una hermenéutica filosófica, Sígueme, Salamanca 1988.
GADAMER, H.-G.: Verdad y Método II, Ed. Sígueme, Salamanca 1992.
RICOEUR, P.: Del texto a la acción. Ensayos de Hermenéutica, FCE, México, 2002.
RICOEUR, P.: La metáfora viva, Europa, Madrid 1980.
Complementaria
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (dirs.) 10 palabras clave en Hemenéutica Filosófica, Estella, Verbo Divino, 2006.
FERRARIS, Maurizio, Historia de la Hermenéutica, Siglo XXI Eds. Madrid 2002.
FERRARIS, M., La hermenéutica, Madrid, Cristiandad, 2004
MACEIRAS FAFIÁN, M. y TREBOLLE BARRERA, J.: La hermeneutica contemporánea, Ed. Cincel, Madrid 1995.
MURA, G.: Ermeneutica e verità. Storia e problemi della filosofia dell'interpretazione, Roma 1990.
VV.AA, Diccionario de Hermenéutica, Universidad de Deusto, Bilbao, 1997.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Hermenéutica Filosófica como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE1.- Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Hermenéutica Filosófica, seguindo a súa historia e o seu reflexo nas formulacións contemporáneas.
CE3.- Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na Hermenéutica Filosófica. A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais baseado en problemas e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita e presentación oral de traballos onde se apliquen os conceptos fundamentais das teorías hermenéuticas presentadas nas sesións expositivas polo docente.
Ao comezo do curso, cada alumno e alumna deberá seleccionar unha obra filosófica pertencente a bibliografía recomendada para elaborar unha recensión.
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polo docente.
- Nas aulas interactivas o alumnado presentará oralmente un comentario de cada un dos textos seleccionados polo docente.
- Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas cos docentes sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración das recensións , e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
1.- Avaliación continua: Terá dereito á avaliación continua da materia o alumnado que asista regularmente ás sesións presenciais (expositivas e interactivas) cun máximo de 4 ausencias non xustificadas.
A asistencia é requisito fundamental para acadar o desenvolvemento das competencias e obxectivos de aprendizaxe da materia.
A avaliación continua consistirá na elaboración dun traballo final sobre un autor/a da materias non presentado nas sesións expositivas, nos comentario das lecturas das clases interactivas e nunha recensión sobre un libro da bibliografía da materia.
A asistencia a clase e ás titorías tamén se valorarán.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua perderá o dereito a ser avaliado nesta modalidade e terá que presentarse ao examen nas datas oficiais.
2.- Exame final: exclusivamente para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade ou para os estudantes que non superen a avaliación continua ou non opten por esta modalidade. As datas oficiais dos exames (1ª e 2ª oportunidade) son consultables na web do Grao e na secretaría administrativa. O exame consistirá en 2 preguntas con base nos epígrafes dos temas descritos na sección 4 desta Guía Docente.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
A) AVALIACIÓN CONTINUA
- Asistencia e participación nas sesións: 10%
- Comentario das lecturas seleccionadas nas sesións interactivas 30%
- Recensión (Lectura e recensión de 2 páxinas dun libro da bibliografía da materia): 10%
- Traballo final (Elaborado individualmente sobre un autor/a da materia, exposto na clase a final de curso e entregado por escrito): 50%.
B) EXAME FINAL (Para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación ou non supere a avaliación continua): 100%
O tempo de traballo estimado para esta materia de 4,5 créditos é de 112,50 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 18 h.
Aulas interactivas: 18 h.
Titorías: 2.25 h.
Total: 38.25 horas
Traballo persoal do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 34.25 h.
Traballos escritos: 40 h.
Total: 74.25 h.
- Asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas. Pola natureza aplicada e participativa da metodoloxía de ensino-aprendizaxe da materia a asistencia é requisito esencial para un mellor aproveitamento da mesma.
- Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
- Realizar exercicios de comentario de texto nas clases interactivas conforme ás indicacións do docente.
- O alumnado deberá entregar xunto co traballo final unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polo docente. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| Venres | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 20.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
| 20.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
| 20.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 20.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |