Ir o contido principal
STG

Grao en Historia da Arte (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia del arte y de la expresión artística, y bellas artes.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

A Historia da Arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo principal a análise da produción artística, dos seus procesos de creación e recepción, así como a súa contribución social dentro da Historia da Cultura. Nos últimos anos, experimentou notables avances disciplinares en campos afíns como a Historia da Música, Historia do Cine e do Audiovisual, Historia, Literatura, Filosofía ou Xeografía, así como noutros campos como o Patrimonio Cultural, a Museoloxía, os estudos de Xénero, o ámbito do Audiovisual e a publicidade.
A Historia da Arte constitúe unha parte esencial na formación dos científicos e profesionais inscritos en todas aquelas disciplinas vinculadas co coñecemento do home e da súa condición de ser cultural.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 1500224
Número de ECTS: 240
Número prazas: 90

Decano/a ou director/a do centro:
MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA
marco.garcia.quintela [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Maria De Fatima Diez Platas
fatima.diez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Nivel MECES: 2

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Historia aplicada ao desenvolvemento artístico I

  • G5012101
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia aplicada ao desenvolvemento artístico II

  • G5012102
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Linguaxe e discurso musical

  • G5012103
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Linguaxe e discurso cinematográfico e audiovisual

  • G5012104
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte I

  • G5012105
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte II

  • G5012106
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Linguaxe e discurso visual

  • G5012107
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Teorías da arte e da imaxe I

  • G5012121
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Métodos e técnicas para o estudo do proceso artístico

  • G5012122
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia dos materiais e das técnicas artísticas

  • G5012124
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia aplicada ao desenvolvemento artístico III

  • G5012201
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia aplicada ao desenvolvemento artístico IV

  • G5012202
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da música

  • G5012203
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia do cine

  • G5012204
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte III

  • G5012205
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte IV

  • G5012206
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte V

  • G5012207
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Xeografía e globalización

  • G5012221
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Teorías da arte e da imaxe II

  • G5012222
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Patrimonio cultural

  • G5012223
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Música transatlántica: música en España e Hispanoamérica

  • G5012321
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e elocuencia no mundo antigo

  • G5012322
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Tradición clásica

  • G5012323
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Tradición cristiá

  • G5012324
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Imaxes e espazos na cidade medieval

  • G5012325
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e humanismo en Europa e América

  • G5012326
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e reformas en Europa e América

  • G5012327
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Salvagarda e tutela do patrimonio

  • G5012341
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Orixes da cultura material e visual no Mediterráneo antigo

  • G5012342
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Cidade e arquitectura contemporánea

  • G5012343
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Prácticas académicas externas

  • G5012344
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 12 créditos

Cultura audiovisual e performatividade

  • G5012421
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Categorías estéticas

  • G5012422
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Formas de escribir a historia da arte

  • G5012423
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Fontes e ferramentas para a historia da arte. O novo paradigma das Humanidades Dixitais

  • G5012424
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Vertentes profesionais. Xestión do patrimonio. Mercado da arte

  • G5012425
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Neovangardas transatlánticas: arte e globalización

  • G5012426
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de grao

  • G5012427
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Estética e pensamento musical

  • G5012441
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da fotografía

  • G5012442
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Estéticas da vida cotiá: moda, decoración e deseño

  • G5012443
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Museoloxía e museografía

  • G5012444
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte islámica e comercio global

  • G5012445
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Libros, luxo e festa nas cortes tardomedievais

  • G5012446
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Festa e arte efémera na Idade Moderna

  • G5012447
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Modernidade e vangarda: artes plásticas e cultura visual entre 1848 e 1945

  • G5012448
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Crítica de arte e historia das exposicións

  • G5012449
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

O plan de estudos organizarase en catro cursos de 60 ECTS cada un, o que resulta en 240 ECTS que debe cursar o alumnado en total para completar o Grao.
• Formación básica: 84
• Obrigatorias: 114
• Optativas: 36
• Traballo fin de Grao: 6
o Total: 240

Historia da arte I

  • G5012105
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte II

  • G5012106
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte III

  • G5012205
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte IV

  • G5012206
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Historia da arte V

  • G5012207
  •  
  • Formación básica
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e elocuencia no mundo antigo

  • G5012322
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Tradición clásica

  • G5012323
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Tradición cristiá

  • G5012324
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Imaxes e espazos na cidade medieval

  • G5012325
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e humanismo en Europa e América

  • G5012326
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte e reformas en Europa e América

  • G5012327
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Orixes da cultura material e visual no Mediterráneo antigo

  • G5012342
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Cidade e arquitectura contemporánea

  • G5012343
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Neovangardas transatlánticas: arte e globalización

  • G5012426
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Arte islámica e comercio global

  • G5012445
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Libros, luxo e festa nas cortes tardomedievais

  • G5012446
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Festa e arte efémera na Idade Moderna

  • G5012447
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Modernidade e vangarda: artes plásticas e cultura visual entre 1848 e 1945

  • G5012448
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

Crítica de arte e historia das exposicións

  • G5012449
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 6 créditos

O plan de estudos distribúese nos seguintes módulos:
• Historia e Xeografía.
• Música.
• Historia do Cinema e outras artes Audiovisuais.
• Coñecementos sistemáticos e teóricos do feito artístico.
• Coñecementos básicos e aplicados do feito artístico.
• Patrimonio Cultural
• Coñecementos da Historia da arte Xeral.
• Prácticas académicas externas.
• Traballo Fin de Grao.
Os 240 créditos distribúense en 4 cursos de 60 créditos divididos en 2 semestres.
En 3º e 4º repártese a oferta de optativas. En concreto no segundo semestre de 3º contémplase a realización optativa de Prácticas Académicas Externas.
O 4º curso está configurado por materias obrigatorias e optativas e os 6 créditos do Traballo Fin de Grao obrigatorio.

Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Historia da arte recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil humanístico.
Como capacidades desexables do futuro estudante do grao suxírense:
· Sensibilidade estética.
· Percepción do devir histórico.
· Capacidade de razoamento lóxico.
· Gusto pola lectura, a música, o cinema e a contemplación das obras de arte.
· Capacidade de relación de feitos históricos e artísticos co seu contexto actual.

1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos: libre cun máximo de 75 créditos.

A Facultade de Xeografía e Historia da USC conta cun Plan de Acción Titorial para as titulacións do centro ao abeiro do que se organizan actividades, unhas colectivas e outras máis personalizadas, dirixidas a orientar ao estudantado en diferentes aspectos da súa vida académica e do seu futuro profesional.
https://www.usc.gal/es/centro/facultad-geografia-historia/plan-accion-t…

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

As probas de acceso ás tres universidades galegas (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) e para persoas maiores de 25 e 45 anos) están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Para solicitar praza, o alumnado debe cumprir algúns dos seguintes requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 412/2014:
• Ter un título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
• Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que España teña subscrito acordos internacionais nesta materia.
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, para maiores de 40 anos con experiencia laboral ou profesional ou a proba para maiores de 45 anos.
• Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
• Ter un título universitario oficial de grao, máster ou un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensino universitario (diplomado universitario, arquitecto técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro) ou títulos equivalentes.
• Ter cursados estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que, ó finalizar os estudos universitarios estranxeiros, non teñan obtido a súa homologación en España e queiran continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente recoñeza a lo menos 30 créditos ECTS.
• Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei Orgánica 8/2013, non incluídas nos apartados anteriores.

De maneira xeral existen as seguintes vías de acceso á Universidade:
• Proba de acceso á universidade (ABAU): Unha vez terminado o bacharelato, para poder acceder a un grao universitario débese superar a Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
https://ciug.gal/gal/abau
• Acceso desde a Formación Profesional: Se se dispón dun título oficial de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no sistema educativo español, pódese acceder a estudar unha titulación de grao na universidade. As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do título de técnico superior realizado sobre un máximo de 10. Se se desexa mellorar a nota de admisión aos estudos de grao, pódese facer a proba da parte voluntaria da ABAU.
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/desca…
• Proba de acceso para maiores de 25 anos: Poden facer esta proba as persoas que sexan maiores de 25 anos de idade no ano en que se celebre a proba e que non teñan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outra vía.
• Maiores de 45 anos: Os maiores de 45 anos de idade poden estudar titulacións oficiais de grao despois de superar unha proba de acceso adaptada.
• Acceso maiores de 40: mediante validación da experiencia laboral.
O acceso de maiores de 40 anos ao Grao en Historia da arte mediante validación da experiencia profesional que se deseñou realizarase considerando os perfís profesionais idóneos e a entrevista de carácter persoal. O nivel de cualificación profesional esixido ao solicitante será o correspondente ás cualificacións profesionais das familias profesionais e niveis do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), elaborado polo Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL).
Por parte da Universidade de Santiago estableceuse a seguinte relación de familias profesionais e niveis con acceso ao grao en Historia da arte:
Relación de familiar profesionais e niveis con acceso ao grao
- Hostalería e Turismo: Nivel 2
- Comunicación Imaxe e Son: Nivel 2.
- Servizos Socioculturais e á Comunidade: Nivel 2.
- Artes Gráficas: Nivel 2.
- Administración e Xestión: Nivel 2.

En termos académicos e científicos, coa renovación do grao que agora se propón téntanse alcanzar catro obxectivos:
a) Incorporar á historia da arte, a música e o cinema que xa contaban con ampla tradición nos estudos existentes ata a data na Universidade de Santiago novos contidos como a fotografía, o audiovisual, o dixital, as estéticas da vida cotiá, as manifestacións vinculadas coa cultura material e coa historia do deseño e a moda, de acordo coas tendencias internacionais que, ao amparo duns estudos visuais e culturais máis horizontais, tentan superar a exclusiva orientación da Historia da arte do século pasado cara aos discursos temporais e estilísticos, aos contidos dos Museos de Belas Artes e a arte e a arquitectura máis institucionais e académicas.
b) Abrir o grao a un mundo global aproveitando a situación estratéxica de Galicia no Atlántico coa súa orientación cara a América, pero tamén a de España cara ao Mediterráneo.
c) Mellorar o conxunto de coñecementos sistemáticos e básicos fomentando os saberes transversais e equiparándoo ao do resto dos estudos de Historia da arte do Estado Español e doutros países europeos. Trátase de ofertar unha formación teórico-crítica sólida cunha integración do local nun relato internacional un pouco menos eurocéntrico.
d) Insistir en aspectos referidos ás prácticas e ao mundo profesional.

Comp 01 - Demostrar curiosidade intelectual e espírito crítico para a aprendizaxe.
Comp 02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais.
Comp 03 - Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social.
Comp 04 - Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
Comp 05 - Capacidade para recoñecer problemas, definir un plan de traballo e organizar fases para a súa resolución, incluída a avaliación do resultado.
Comp 06 - Capacidade para planificar e levar a termo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
Comp 07 - Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo que fomenten o autoaprendizaje e a crítica.
Comp 08 - Conciencia e capacidade para reflexionar sobre as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Comp 09 - Capacidade de recoñecer auditivamente os diferentes estilos musicais ao longo da Historia. Analizar racionalmente os seus diferentes elementos.
Comp 10 - Capacidade para recoñecer as distintas manifestacións das artes audiovisuais contemporáneas e dos seus procesos de mutación e hibridación.
Comp 11 - Capacidade para distinguir os diferentes modelos de representación audiovisual, as súas intencións e funcións.
Comp 12 - Capacidade para dominar os mecanismos de análises para interpretar, interrelacionar e descodificar os distintos tipos de imaxes.
Comp 13 - Capacidade para desenvolver o espírito analítico e crítico do alumnado e a súa sensibilidade para ver, ler e escoitar a obra cinematográfica e audiovisual.
Comp 14 - Capacidade para identificar a especificidade das expresións cinematográfica e audiovisual dentro do conxunto das manifestacións artísticas contemporáneas.
Comp 15 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á análise das obras fotográficas.

H_D 01 - Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, na lingua nativa e nunha ou máis linguas estranxeiras.
H_D 02 - Habilidades para deseñar, planificar e levar a cabo traballos académicos.
H_D 03 - Habilidades para o traballo en equipo.
H_D 04 - Habilidades para colaborar en proxectos interdisciplinares.
H_D 05 - Habilidades para a adquisición, avaliación e utilización de información orientada á análise e estudo das obras de arte.
H_D 06 - Habilidade para utilizar os métodos de análises e investigación da disciplina e recoñecer as súas limitacións á hora de valorar os resultados de proxectos de investigación.
H_D 07 - Habilidade para a avaliación crítica das obras de arte e pezas audiovisuais nos seus procesos e medios de difusión (exposicións, museos, concertos, proxeccións, realidade virtual).
H_D 08 - Habilidade para a utilización de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación TI.
H_D 09 - Habilidade para aplicar os coñecementos á resolución de problemas prácticos ben definidos.
H_D 10 - Aplicar iniciativa e criterios para a resolución de problemas e toma de decisións no ámbito profesional.
H_D 11 - Habilidade para producir resultados innovadores, imaxinativos e artísticos nos campos de estudo e de traballo da disciplina.
H_D 12 - Habilidades para identificar os distintos estilos e xéneros musicais no contexto da obra dos diferentes compositores.
H_D 13 - Habilidade para a avaliación crítica das obras musicais nos seus procesos e medios de difusión (concertos, teatros, etc).
H_D 14 - Habilidades para a adquisición, avaliación e utilización de información á análise de obras musicais.
H_D 15 - Habilidades para a adquisición, avaliación e utilización de información orientada á análise e estudo dos filmes.
H_D 16 - Habilidade para apreciar os valores estéticos e extraer deles información sobre a cultura que xerou a obra cinematográfica.

Con_cont 01 - Identificar os principios e métodos do pensamento crítico e científico.
Con_cont 02 - Reunir e tomar como referente os principios e valores democráticos máis relacionados co ámbito de coñecemento.
Con_cont 03 - Identificar os conceptos e metodoloxías fundamentais da disciplina.
Con_cont 04 - Explicar a historia, tradición e natureza específica do ámbito da disciplina e o seu lugar na sociedade.
Con_cont 05 - Identificar as principais correntes artísticas e os seus contextos históricos e culturais.
Con_cont 06 - Explicar a relación entre as artes e a sociedade na que se desenvolven.
Con_cont 07 - Reunir datos sobre a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
Con_cont 08 - Describir as técnicas, materiais e medios utilizados nas obras artísticas e audiovisuais.
Con_cont 09 - Describir os procesos de produción e recepción da arte e as obras audiovisuais ao longo da historia.
Con_cont 10 - Determinar o papel dos museos, galerías e outras institucións culturais na promoción e conservación da arte.
Con_cont 11 - Explicar o papel das diversas manifestacións artísticas no mundo contemporáneo.
Con_cont 12 - Demostrar unha comprensión crítica dos principios, teorías, métodos e problemas da área de coñecemento.
Con_cont 13 - Identificar os conceptos e metodoloxías fundamentais da historia da música.
Con_cont 14 - Identificar as principais correntes, estilos e xéneros musicais e os seus contextos históricos e culturais.
Con_cont 15 - Explicar a relación entre a música e a sociedade na que se desenvolven.
Con_cont 16 - Describir as técnicas, materiais e medios utilizados nas obras musicais.
Con_cont 17 - Reunir datos para responder con propiedade ás preguntas: que elementos constitúen a linguaxe e o discurso musical?
Con_cont 18 - Describir os procesos de produción e recepción da música.
Con_cont 19 - Identificar o coordenadas espazo-temporais para o desenvolvemento da Historia do Cinema.
Con_cont 20 - Identificar as principais correntes artísticas ao longo da historia do medio cinematográfico, cos seus distintos contextos produtivos e as súas especificidades lingüísticas.
Con_cont 21 - Explicar a relación entre o cinema e as demais artes.
Con_cont 22 - Identificar a diversidade artística do cinema e a súa capacidade de reflectir contextos e situacións culturais diferentes.
Con_cont 23 - Determinar o papel das filmotecas, museos e outras institucións culturais, xunto cos arquivos dos mass media, na promoción e conservación do cinema e outros medios audiovisuais.
Con_cont 24 - Describir as principais linguaxes audiovisuais e os seus contextos históricos e culturais.
Con_cont 25 - Describir as diversas manifestacións da produción audiovisual contemporánea.
Con_cont 26 - Describir os actuais procesos de mutación e hibridación no panorama audiovisual.
Con_cont 27 - Describir os procesos de produción e recepción das obras audiovisuais nas últimas décadas.
Con_cont 28 - Explicar a relación entre a fotografía e a(s) sociedade(es) na(s) que se desenvolve.
Con_cont 29 - Explicar a vinculación da fotografía coas demais artes.
Con_cont 30 - Describir os procesos ideolóxicos, culturais e relixiosos asociados coa festa e a arte efémero.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
Realízanse sesión informativas específicas para o alumnado da Facultado dedicadas aos programas de mobilidade coincidentes coas convocatorias: unha sesión informativa sobre o programa Erasmus coa presenza do Responsable Académico de Mobilidade e a Xestora do Centro no mes de decembro, e outra específica sobre o programa SICUE no mes de febreiro. En canto aos/as estudantes de acollida, organízase unha sesión de recepción no mes de outubro, Welcome Day, na que se lles informa e orienta sobre o centro e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.

Prácticas

Son optativas e ofértanse no segundo semestre de 3º e poderase obter ata un máximo de 12 créditos por recoñecemento académico de prácticas externas e/ou acreditación de competencias.
As prácticas están orientadas a situar ao alumnado en escenarios profesionais reais, que favorecen a adquisición de coñecementos e posta en práctica das habilidades e destrezas necesarias para a súa futura inserción laboral. Búscanse contextos profesionais para que o alumnado observe, analice, reflexione e aprenda a tomar decisións e actuar. Permiten ademais achegarse ao mundo profesional desde diferentes dimensións e o desenvolvemento, nun contexto espazo‐temporal concreto, das competencias profesionais fundamentais na titulación.
As PAE contan con titorización persoal tanto polo titor profesional como polo titor académico.

• Docencia.
• Turismo cultural.
• Protección/promoción patrimonial.
• Museoloxía.
• Galerías/Mercado arte.
• Xestión cultural.

O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos do Grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.