Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da literatura galega ,desde unha perspectiva historiográfica, do período que vai dos inicios do século XX ata a década dos 50.
Porporcionar formación acerca dos principais movementos, figuras, liñas creativas e obras do período estudado.
Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega do século XX en diante.
Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nas súas principais etapas.
Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais do período estudado.
Entender a literatura galega como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1. A literatura nos inicios do século XX.
1.1. O labor fundacional das Irmandades
1.2. A voz poética de Ramón Cabanillas
1.3. As coleccións de narrativa breve: o ambicioso proxecto de Lar.
2. Nós, unha revolución cultural, un proxecto xeracional. Iniciativas culturais, editoriais...
2.1. Castelao, un artista total. As "Cousas"
2.2. A radical orixinalidade de "O porco de pé"
2.3. "Arredor de si" de Otero Pedrayo
3. Guerra Civil, exilio e a recuperación literaria no interior.
3. 1. Texto e imaxe, da Guerra Civil ao exilio: a obra total de Luís Seoane
3.2. Blanco-Amor e a renovación da narrativa galega: "A esmorga".
3.3. A recuperación da literatura no interior, de Galaxia a Brais Pinto.
Tódalas obras citadas son de lectura obrigatoria e o alumnado debe facelas pola súa conta. Veranse na aula tamén textos de "Nós, os inadaptados" de Vicente Risco, poemas de Cabanillas, ou narracións de Neira Vilas e Ramón de Valenzuela, entre outros textos. Todos eles serán postos a disposición do alumnado por parte do profesorado que imparte a materia e deben estar lidos na data previamente fixada para traballar con eles na aula.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Carballo Calero, Ricardo. 1981. Historia da literatura galega contemporánea, Vigo: Editorial Galaxia. (3ª ed.) 1981.
.
BIBLIOGRAFÍA Complementaria:
Alonso Nogueira, A., "Blanco Amor e a constitución do campo literario galego durante os anos de Galaxia", Grial: revista galega de cultura, 184, pp. 28-35.
Fernández Rei, F., Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa. Vigo: Xerais, 2015.
García Martínez, P., Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane, Compostela: Laiovento, 2023.
Monteagudo, H., Alfonso R.Castelao, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2000.
Rei, L., Ramón Cabanillas, crónica de desterros e saudades. Vigo: Galaxia, 2009.
Risco, A., La obra narrativa de Vicente Risco,Vigo, Caja de Ahorros de Ourense, 1987.
Rodríguez Fer, Claudio. A literatura Galega durante a Guerra Civil. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994
Salgado, X.M., ”O grupo Nós. 0 Seminario de Estudos Galegos”, Colóquio-Letras 137-138, pp. 93-114.
Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000.
VV. AA. Diccionario da literatura galega, 4 vols. (Dolores Vilavedra coord.). Vigo, Editorial Galaxia.
VV. AA., "Para ler a Castelao. Estudios sobre a súa obra escrita". O volume é un anexo ós 6 tomos da Obra completa, Vigo, Galaxia, 2000
Ademais, as obras literarias citadas no apartado de "Contidos"
Coñecemento da evolución da literatura galega desde os inicios do século XX até a actualidade.
Coñecemento das principais etapas, figuras e obras deste período.
Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria galega.
Coñecemento de textos representativos da literatura galega.
Capacidade de lectura e análise de textos.
Coñecemento do gozo da lectura e da creación literaria.
Coñecemento das claves da literatura galega actual.
Habilidade na comunicación en lingua galega oral e escrita.
Habilidade no manexo das novas tecnoloxías.
As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos fundamentais da materia a través dos seus textos e doutros materiais complementarios.
As sesións interactivas dedicaranse á análise e discusión de textos e outros materiais relacionados cos contidos da materia.
As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento do alumnado con especial atención ás actividades persoais acordadas.
Sistema de avaliación.
A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
A asistencia ás clases é obrigatoria. Só se permiten 6 faltas sen xustificar. A partir da sexta ausencia non xustificada, cada falta implicará a perda de 0.25 puntos da nota final, calculada esta nunha escala de 0 a 10 puntos.
O conxunto dos 10 puntos da nota final repartiranse en dous bloques, correspondéndolle 7 puntos ao primeiro (apartados 1 e 2 do temario, detallado en "Contidos") y los restantes 3 puntos al segundo bloque (apartado 3 do temario, detallado en "Contidos").
Primeiro bloque (7 puntos, apartados 1 e 2 do temario)
a) Valorarase a participación do alumno na aula a través de comentarios, exercicios, reflexións etc. suxeridas polo profesor. Esta parte suporá 1 punto da nota final.
b) Contidos da materia: é obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. Ás preguntas incluidas no exame final referidas a este primeiro bloque correspóndenlle 6 puntos da nota final. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 nas dúas partes do exame para supera-la materia.
Segundo bloque (3 puntos, apartado 3 do temario)
a) Valorarase a participación do alumno na aula a través de comentarios, exercicios, reflexións etc. suxeridas polo profesor. Esta parte suporá 1 punto da nota final.
b) Contidos da materia: é obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. Ás preguntas incluidas no exame final referidas a este segundo bloque correspóndenlle 2 puntos da nota final. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 nas dúas partes do exame para supera-la materia.
A nota final obterase sumando as partes "a" e "b" dos dous bloques temáticos e deducíndolle os puntos que puidera ser necesario en función das faltas inxustificadas.
Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, a maiores das que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases, tarefa que contará 2 puntos da nota final (que se sumará aos 8 puntos da nota final derivados do exame). Deben comunicar ao profesorado esta situación nas dúas primeiras semanas de clase.
A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade e que deben acudir á 2ª, gardaráselle-las notas correspondentes ós apartados a) dos dous bloques, que serán as usadas para computar a nota da segunda oportunidade, xunto coa que obteñan nese exame.
Sesión expositivas: 38 horas
Sesións interactivas: 6 horas
Sesións de titoría programada: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Horas de traballo dirixido: 40
Horas de traballo autónomo: 60
É moi recomendable que o ritmo de lecturas obrigatorias siga o das explicacións na aula.
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Garcia Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- pablogarcia.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
| Luns | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | C07 |
| Martes | ||
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | C07 |
| Mércores | ||
| 09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C05 |
| 09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C07 |
| 10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C07 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C08 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C08 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C08 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C09 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C09 |
| 23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C09 |
| 27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C08 |
| 27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
| 27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C08 |
| 27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C08 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA MARTINEZ, PABLO | Galego |
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA MARTINEZ, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA MARTINEZ, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA MARTINEZ, PABLO | Galego |