Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%), Italiano (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é dotar ós estudantes dos coñecementos gramaticais teóricos e prácticos e das competencias comunicativas correspondentes ó nivel C1 do Cadro Europeo de Referencia para as Linguas.
Os estudantes deberán acadar un nivel de expresión, escrita e oral, que demostrará o dominio das competencias requeridas polo nivel que se pretende alcanzar.
I. Morfoloxía
1. A preposición.
2. O adverbio.
II. Sintaxe
1. Os elementos esenciais da proposición: o suxeito e o predicado:
- O suxeito: o grupo do suxeito; o lugar do suxeito; o suxeito partitivo; o suxeito sobreentendido.
- O predicado: o predicado verbal; o predicado nominal; o predicado sobreentendido: a frase nominal.
2. O atributo e a aposición
3. Os complementos
- O complemento directo: o obxecto directo, partitivo e predicativo do obxecto.
- Os complementos indirectos: complementos indirecto e circunstanciais (di specificazione, denominazione, agente e causa efficiente, causa, fine o scopo, mezzo o strumento, modo o maniera, compagnia, unione, rapporto, luogo, allontanamento o separazione, origine o provenienza, tempo, limitazione, vantaggio e svantaggio, argomento, paragone, abbondanza e privazione, materia, qualità, stima e prezzo, peso o misura, estensione, distanza, colpa, pena, distributivo, esclusione, eccettuativo, aggiuntivo, sostituzione o scambio, concessivo, esclamativo, vocativo).
Bibliografía básica
Patota, G., Grammatica di riferimento della lingua italiana per stranieri, Milano, Garzanti, 2006.
Bibliografía complementaria
Guida, P. & Pepe, M., Esercitarsi con la grammatica, Perugia, Guerra, 2007.
Mezzadri, M., Grammatica Interattiva della Lingua Italiana. CD-Rom interattivo di grammatica italiana per studenti stranieri
Perugia, Guerra, 2003.
Nocchi, S., Grammatica pratica della lingua italiana, Firenze, Alma Edizioni, 2004.
Patota, G., Grammatica di riferimento della lingua italiana per stranieri, Milano, Garzanti, 2006.
Salvi, G. & Vanelli, L., Nuova grammatica italiana, Firenze, Il Mulino, 2001.
Sensini, M., La grammatica della lingua italiana, Milano, Mondadori, 1999.
Serianni, L. & Della Valle, V. & Patota, G., L’italiano: i suoni, i segni, le parole, il testo: la norma e l’uso della lingua, Roma, Archimede, 1992.
Storm, B., Invito al Buon Italiano. Grammatica, Perugia, Guerra, 1993.
Trifone, P. & Palermo, M., Grammatica italiana di base, Bologna, Zanichelli, 2007.
Dicionarios
Monolingües
VV.AA., Grande Dizionario di Italiano, Milano, Garzanti, 2006.
De Mauro, T., Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 2000.
De Mauro, Il dizionario dei sinonimi e contrari, Torino, Paravia, 2003.
Zingarelli, N., Lo Zingarelli 2008, Vocabolario della lingua italiana, Bologna, Zanichelli, 2007.
Bilingües
AA.VV., Il Dizionario MEDIO Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Milano, Garzanti, 2007.
Arqués, R. & Padoan, A., Dizionario italiano-spagnolo/
spagnolo-italiano, Bologna, Zanichelli, 2012.
Calvo Rigual, C. & Giordano, A., Diccionario avanzado italiano, Barcelona, Herder, 2011.
Sañé, S. & Schepisi, G., Il Dizionario spagnolo italiano italiano spagnolo, Bologna, Vox-Zanichelli, 2005.
Partindo do nivel B2 os estudantes deberán acadar o nivel C1 en Italiano.
O curso suministrará ós alumnos a competencia nos contidos do programa, tanto teóricos coma prácticos e unha maior competencia lingüística nas súas habilidades: oral e escrita, receptiva e produtiva.
As clases impartiranse en italiano e o alumno deberá coñecer e usar as estruturas morfosintácticas especificadas.
As explicaciones teóricas completaranse con exercicios prácticos.
Farase uso da aula virtual.
A asistencia a clase é obrigatoria, segundo a normativa aprobada o 25 de marzo de 2010 pola Reitoría desta Universidade. O número de faltas de asistencia sen xustificación poderá alcanzar un máximo do 10%, que corresponde a 6 horas de clase.
A avaliación consta das partes seguintes:
- Proba escrita que tratará sobre os temas e actividades desenvolvidos durante o curso: 70%.
- Asistencia participativa ás clases e realización de traballos (acordado coa profesora a comezo do curso): 30%.
Para aprobar esta materia será necesario obter na proba escrita unha nota igual ou superior a 4.
Os alumnos que non poidan asistir con regularidade ás clases (con justificación o dispensa) deberán poñerse en contacto coa profesora durante os primeiros 15 días de clase co fin de realizar actividades alternativas.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Actividades presenciais:
Sesións expositivas: 30 horas.
Sesións de seminario/laboratorio/aula di informática: 15 horas.
Sesións de titoría programada: 2 horas.
Sesións de avaliación: 3 horas.
Total: 50 horas.
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 40 horas.
Lecturas: 20 horas.
Preparación de exames: 30 horas.
Total: 100 horas.
Aconséllanse lecturas de obras de autores contemporáneos, filmes, música en italiano, o uso de Internet, TV, DVD, conversación, escritura, etc.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Maria Montes Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811869
- Correo electrónico
- m.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| Martes | ||
| 14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| Mércores | ||
| 14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | C04 |
| 17.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| 17.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C04 |
| 14.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| 14.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C04 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES LOPEZ, MARIA | Italiano |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES LOPEZ, MARIA | Italiano |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES LOPEZ, MARIA | Italiano |