Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Atendendo aos resultados da aprendizaxe que se recollen na Memoria do Título do Grao en Xestión Cultural, os obxectivos da materia de Antropoloxía Cultural a acadar, son os que seguen:
O1. Coñecer os conceptos e coñecementos básicos da antropoloxía.
O2. Aprender os métodos específicos da antropoloxía.
O3. Desenvolver a capacidade para comprender outras culturas e as minorías étnicas.
O4. Fomentar o interese polo diálogo intercultural e o respecto ás diferenzas culturais.
Tal e como se recolle na Memoria do Título, desenvolveremos os seguintes contidos:
1) O desenvolvemento da Antropoloxía: desde o evolucionismo á posmodernidade;
2) Fieldwork: a metodoloxía etnográfica e a análise antropolóxica;
3) Os temas centrais da antropoloxía: evolución, economía, parentesco, organización e cambio social, relixión, xénero e patrimonio cultural;
4) Teorías da comunicación sobre rituais, símbolos, narracións e linguaxes da vida cotiá.
Acompañaremos o desenvolvemento da disciplina antropolóxica desde os seus inicios, ao tempo que atendemos aos temas centrais obxecto de discusión no seu seo, facendo fincapé na vertente da Antropoloxía cultural.
Prestarase unha atención especial ao desenvolvemento da antropoloxía en Galiza, nas súas diferentes etapas, identificando os temas máis relevantes que teñen constituido o seu obxeto.
a) Bibliografía básica:
Conrad Phillip KOTTAK: Introducción a la Antropología Cultural. Espejo para la Humanidad. Madrid, Mc Graw Hill, 2002.
Lourdes MÉNDEZ: Siete claves para una introducción a la Antropología. Madrid, Síntesis, 2019.
Luzia OCA: “Burela, destino da emigración caboverdiana. Modelos de intervención para a integración social”. En Caboverdianas en Burela (1978/2008). Migracións, relacións de xénero e intervención social. Tese de doutoramento en Antropoloxía Social, USC, 2013 (pp. 109-182).
Paul BOHANNAN e Mark GLAZER: Antropología. Lecturas, Madrid, McGraw-Hill, 1997.
Paula GODINHO: “Lides de rotina. Trabalhadoras téxteis de Verim. Entre a prática e o devir”. En O futuro é para sempre. Experiência, expetativa e práticas possíveis. Santiago de Compostela, Através Editora, 2017. pp. 72-157.
Xosé Ramón MARIÑO FERRO: Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea, 2010
b) Bibliografía complementaria:
Ángel DÍAZ DE RADA: El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas deinvestigación en etnografía, Madrid, UNED, 2012.
Bronislaw MALINOWSKI: Los Argonautas del Pacífico Occidental: un estudio sobre comercio y aventura entre los indígenas de los archipiélagos de la Nueva Guinea melanésica, Península, Barcelona, 1995.
Carmelo LISON TOLOSANA: Antropología Cultural de Galicia. Madrid, Akal, 1979.
Claude LÉVI-STRAUSS: “Raza e Historia”, Discurso UNESCO 1952, recogido en Revista de la Universidad Nacional (1944 - 1992), 8, 1971, pp. 68-108.
Cliffortd GEERTZ, James CLIFFORTD et al.: El surgimiento de la antropología posmoderna, Barcelona, Gedisa, 1991.
Gustavo LINS RIBEIRO: “Descotidianizar”, en Cuadernos de Antropología Social, Vol. 2, 1, Buenos Aires, 1989, pp. 65-69.
Enrique ALONSO e Sharon ROSEMAN (eds. coords.): Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións, 2011.
Eric WOLF: Europa y la gente sin historia, Fondo de Cultura Económica, México, 2006.
Esteban KRTOZ: “Alteridad y pregunta antropológica”, Alteridades, 4 (8), 1994.
Evelyn REED: “La mujer: ¿Casta, clase o sexo oprimido?”, International Socialist Review, Setembro 1970, Vol. 31, No. 3, 15-17, 40-41.
G. MARCUS: “Etnografía en/del Sistema Mundo. El surgimiento de la etnografía multilocal”, Alteridades, Vol.11 (22), 2001, pp. 111-127.
J.R. LLOBERA: La identidad de la Antropología. Barcelona, Anagrama, 1990.
Leopoldo J. BARTOLOMÉ: Relocalizados: Antropología social de las poblaciones desplazadas, Buenos Aires, Ides, 1985.
Lewis H. MORGAN: “Razón del progreso humano”, en Los orígenes del Hombre, Buenos Aires, Ceal, 1978.
Lourdes MÉNDEZ: Cousas de mulleres: campesinas, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980). Barcelona, Anthropos, 1988.
Marcial GONDAR: Mulleres de Mortos: cara unha Antropoloxía da muller galega. Vigo, Xerais, 1991.
Mariam MARIÑO,. “Nós/outras e Galiza para Annette Meakin”. Abriu, 10, 2020. pp. 167-194.
Martyn HAMMERSLEY e Paul ATKINSON: Etnografía. Métodos de investigación, Barcelona, Paidós, 1994.
Marvin HARRIS. Antropología cultural. Madrid, Alianza, 1990.
Maurice GODELIER: “Poder y Lenguaje. Reflexiones sobre los paradigmas y las paradojas de la legitimidad de las relaciones de dominación y de opresión”, Comunications, 28, París, 1978.
Mauricio F. BOIVIN, Ana ROSATO, Victoria ARRIBAS: Constructores de Otredad, Buenos Aires, Eudeba, 2004 [1989].
Mirtha LISCHETTI (comp.): Antropología, Buenos Aires, Eudeba, 2004.
Néstor GARCÍA CANCLINI: Las culturas populares en el capitalismo, México, Nueva Imagen, 1982.
Paz MORENO FELIU: De lo lejano a lo próximo: un viaje por la Antropología y sus encrucijadas, Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces/UNED, 2004.
Peter L. BERGER y Thomas LUCKMANN: La construcción social de la realidad. Buenos Aires, Amorrortu, 2003.
Rosana GUBER: El salvaje metropolitano: a la vuelta de la Antropología Postmoderna: reconstrucción del conocimiento social en el trabajo de campo, Buenos Aires, Legasa, 1991.
Rosana GUBER: La etnografía. Método, campo y reflexividad, Buenos Aires, Siglo XXI, 2011.
Thierry LULLE, Pilar VARGAS e Lucero ZAMUDIO (coords.): Los usos de la historia de vida en las ciencias sociales, Barcelona, Anthropos, 1998.
Xose Ramón MARIÑO FERRO. Antropoloxía de Galicia. Vigo, Xerais, 2000.
Os obxectivos da materia tradúcense na adquisición e/ou práctica das seguintes competencias:
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
CX2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CX4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CB1. Que o estudantado afonde nos coñecementos adquiridos durante a educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que amose ser orixinal no desenvolvemento e aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e teña a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo coma en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3. Que o estudantado sexa capaz de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desa información, poda emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE2. Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE3. Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE5. Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
CE7. Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ó resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT9. Manter un compromiso ético e amosar sensibilidade cara temas sociais ou ambientais.
A docencia da materia organízase en sesións expositivas e sesións interactivas. A pauta proposta é desenvolver conceptos e contidos clave en cada aula expositiva, que logo serán profundados e complementados na subseguinte interactiva. Nas aulas expositivas, a docente desenvolverá os temas recollidos no programa, acompañando a exposición de exemplos e materiais que contribúan a vincular os conceptos teóricos coas súas concrecións históricas e prácticas. Apostarase por unha explicación integrada, que traballe sobre unha serie de ideas fundamentais desde o comezo ata o fin do programa, partindo dos coñecementos previos do estudantado, nunha progresiva problematización conceptual, e nun permanente convite ó diálogo, o cuestionamento e a participación do alumnado. Nas aulas interactivas, optarase por traballar colectivamente unha selección de lecturas, ademais de incorporarse actividades de formación metodolóxica e introdución á vertente aplicada da Antropoloxía. Para cada lectura proposta, facilitarase unha Guía de Traballo específica. A través desas actividades traballarase a competencia de expresión escrita (elaboración de comentario crítico individual sobre lectura) e oral (dinamización debates colectivos), así coma a iniciación á investigación. Apostarase polo traballo en pequenos grupos, favorecedor da participación, combinado con momentos no gran grupo, procurando unha metodoloxía dinámica e motivadora. O alumnado contará ademais coa posibilidade dun seguimento persoalizado a través das titorías coa docente. Os textos e materiais de traballo para o desenvolvemento da materia, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
Haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías en grupo reducido. Das metodoloxías docentes recollidas na Memoria do Título, desenvolveranse as que seguen:
Modalidade presencial: presentacións
Modalidade presencial: recursos dixitais
Modalidade presencial: documentos bibliográficos
Modalidade presencial: leccións maxistrais
Modalidade presencial: análise e comentario crítico de documentos
Modalidade presencial: discusións e debates
Modalidade presencial: realización de traballos en grupo ou individuais que requiran a busca e selección de información
Modalidade presencial: exposicións en público.
A docente realizará un seguimento continuo da aprendizaxe. Consonte aos criterios recollidos na Memoria do Título, a cualificación final derivará da suma dos seguintes elementos:
1. Traballo, participación e presentacións clases interactivas. 10% da nota final.
2. Traballo individual baseado na aplicación do método etnográfico. 25%
3. Presentacións grupais sobre traballos de antropoloxía “de/en/para/dende Galiza”. 25%
4. Exame de contidos. 40%
Para superar a materia, é preciso obter cando menos un 50% da cualificación máxima de cada unha das partes.
Para o alumnado con dispensa de asistencia concedida, non se computará o ítem 1, sumando o resto dos ítems o 100%: Actividades de avaliación continua (traballo e presentación grupais) – ponderación 60%; Exame – ponderación 40%.
Na segunda oportunidade, estableceranse actividades de avaliación en función do que cada estudante precise recuperar, mantendo a cualificación das partes que foron superadas.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba final (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación, no caso de ter realizadas as actividades de avaliación establecidas. En caso de non ter realizadas ditas actividades: non se computará o ítem 1, sumando o resto dos ítems o 100%: Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) – ponderación 60%; Exame – ponderación 40%. De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
As competencias a acadar con esta materia serán desenvolvidas a través das diferentes actividades previstas. Particularmente, ás competencias CE2, CE3, CE5 e CE7 atenderase a través da proba escrita e ás competencias CB1, CB2, CB3, CX2, CX4, CT1, CT6, CT7, CT9, a través da participación e das distintas tarefas da parte interactiva. Os obxectivos e competencias a acadar durante o desenvolvemento da materia, serán avaliadas a través das diferentes actividades de avaliación previstas.
NORMATIVAS (REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia expositiva – 24h
Docencia interactiva / seminario – 24h
Titorización individual do alumnado – 3h
Exame – 4h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades – 95h
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Luzia Oca Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Xoves | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 16 |
| 08.01.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OCA GONZALEZ, LUZIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OCA GONZALEZ, LUZIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OCA GONZALEZ, LUZIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OCA GONZALEZ, LUZIA | Galego |