Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
OBXECTIVOS DA MATERIA.
OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
Os obxectivos xerais da materia coinciden con algúns dos que aparecen na memoria do grao como obxectivos de Desenvolvemento sostible, como, por exemplo:
-Obxectivo 4: “Educación de calidade” menciona expresamente “a diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible” (punto 4.7).
- Obxectivo 8 “Traballo digno e crecemento económico” no que se menciona o “emprendemento, creatividade e innovación” (punto 8.3), e a promoción do “turismo sustentable que cree emprego e fomente a cultura e os locais dos produtos” (punto 8.9).
- Obxectivo 11 "Cidades e comunidades sustentables" cuxos principios inclúen "os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo" (punto 11.4)
- Obxectivo 12 “Produción e consumo responsable” mediante o fomento, entre outros aspectos, do “turismo sostible que cree emprego e fomente a cultura e os produtos locais” (punto 12.B).
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Precisar a evolución histórica e etimolóxica do concepto de cultura.
- Coñecer distintos conceptos de cultura.
- Valorar criticamente calquera manifestación cultural.
- Entender a cultura como unha ferramenta de transformación social.
- Identificar o papel ideolóxico da cultura.
Tema 1. Introdución ao concepto de cultura.
1. Presentación. Obxectivos. Criterios de avaliación. Etimoloxía e historia da noción de cultura.
Tema 2. Concepcións críticas da cultura.
2.1. Concepcións críticas da cultura: Marx.
2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci.
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud.
Tema 3. Cultura e sociedade de masas.
3.1. A crítica á cultura da Escola de Frankfurt: a industria cultural.
3.2. Cultura e liberdade: Marcuse.
Tema 4. Os estudos culturais.
4.1. O debate culturas de élite / culturas populares.
4.2. A cultura da clase obreira.
Tema 5. Interculturalidade.
5.1. O conflito intercultural.
5.2. Relativismo cultural.
5.3. Postcolonialismo na Galiza?
Tema 6. Xénero e cultura.
6.1. Breve repaso histórico ao feminismo I: os inicios.
6.2. Breve repaso histórico ao feminismo II: a contemporaneidade.
Tema 7. A cultura na sociedade contemporánea.
7.1. Tecnoloxía, espectáculo, diversión.
7.2. Cultura e postmodernidade.
Básica:
Antoloxía de textos a traballar nas aulas:
2.2. Gramsci:“Apuntes para unha introdución e unha iniciación no estudo da filosofía e da historia da cultura” en Cadernos do Cárcere, Caderno nº 11, 1932-1933, pp. 245-261.
2.3. Freud, S. (1927) “Capítulo V” en O mal-estar na cultura. Porto Alegre: R&PM, 2010, pp. 117- 132.
3.1. Adorno. Th, (1944), “Resumen sobre la industria cultural” en Crítica de la cultura y de la sociedad. Obras completas 10.1. Madrid, España: Akal, pp. 295-302.
3.2. Marcuse, H. (1937), “Acerca del carácter afirmativo de la cultura” en Cultura y sociedad. Buenos Aires, Argentina: Sur, 1967, pp. 7-13, 45-54.
4.1. Williams, R. (1961), “El análisis de la cultura” en La larga revolución. Buenos Aires, Argentina: Nueva Visión, 2003, pp. 51-62.
4.2. Hoggart, R. (1957), “Resumen de las tendencias actuales en la sociedad de masas” en La cultura obrera en la sociedad de masas. Buenos Aires: Siglo XXI, 2013, pp. 335-351.
5.1. Saïd, E. (1993), “Territorios superpuestos, historias entrecruzadas” en Cultura e imperialismo, Barcelona, España: Anagrama, 1996, pp. 35-56.
5.2. Zizek, S. (2008), “La tolerancia represiva del multiculturalismo” en En defensa de la tolerancia. Madrid, España: Sequitur, 2008, pp. 55-70.
5.3. Miguelez, H. (2013), “Quando é que nos tornamos sentimentais?” en Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela, Espanha: 2014, pp. 13-33.
6.1. Judith Butler, Introducción en Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos y materiales del ‘sexo’, Buenos Aires: Paidós, 2002, p. 17-33.
6.2. Nancy Fraser, “¿De la redistribución al reconocimiento? Dilemas de la justicia en la era ‘postsocialista’” en Butler, J. & Fraser, N. (2017), ¿Redistribución o reconocimiento? Un debate entre marxismo y feminismo. Traficantes de Sueños, p. 23-47.
7.1. Neil Postman, “1. El juicio de Thamus” en Tecnopolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona, España: Galaxia Gutenberg Círculo de Lectores, 1997, pp. 9-34.
7.2. Fredric Jameson, “A logica cultural do capitalismo tardio. Punto I”, en Pós-modernismo. A logica cultural do capitalismo tardio, Lisboa, Portual: Atica, 1997, pp. 27-43.
Complementaria:
Choza, J. (2013), Filosofía de la cultura. Sevilla, España. Thémata
Dussel, E. (2006), Filosofía de la cultura y de la liberación. México D.F., México: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
Llinares, J. B. & Sánchez, N. (eds.) (2002), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, España: Biblioteca Nueva. Mate, R. & Guariglia, O. & Olivé, L. (2017), Filosofía iberoamericana del siglo XX. Volumen 33/II, Filosofía práctica y filosofía de la cultura. Madrid, España: Trotta&CSIC.
Mosterín, J. (1993), Filosofía de la cultura. Madrid, España: Alianza.
Sobrevilla, D. (ed.) (1998), Filosofía de la cultura. Enciclopedia iberoamericana de filosofía. 15. Madrid, España: Trotta.
COMPETENCIAS DA MATERIA
COMPETENCIAS PROPIAS DA MATERIA
-Desenvolvemento da capacidade para identificar os problemas fundamentais abordados tradicionalmente pola crítica da cultura e pola tradición humanística, o cosmopolitismo e a pensamento crítico.
-Coñecemento dos conceptos fundamentais nos que se artellaron ditos problemas a partir dos textos fonte dos contextos nos que os sitúa cada autor ou autora.
-Desenvolvemento dun punto de vista reflexivo e crítico en relación coa situación do ser humano no momento actual e no contexto da denominada globalización.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO GRAO.
(CB = COMPETENCIAS BÁSICAS; CX = COMPETENCIAS XERAIS; CT = COMPETENCIAS TRANSVERSAIS; CE = COMPETENCIAS ESPECÍFICAS)
CB3 - Que o alumnado sexa capaz de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 Que o alumnado saiba comunicar información, ideas, problemas e solucións a públicos tanto especializados como non especializados.
CX2 - Adquirir as habilidades analíticas e críticas necesarias para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CX4 - Recoñecer e asumir un compromiso sólido cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, prestando especial atención á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación das persoas con diversidade funcional.
CT1 - Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de diferentes fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos perseguidos.
CT8. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
CT9 - Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade ante as cuestións sociais ou ambientais.
CE7 - Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (60H.)
Aulas Tipo Expositivas, 24h. Actividades: As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana. Os materiais pertinentes para o estudo do tema estarán dispoñíbeis para o alumno na aula virtual.
Aclaracións: A temporalización dunha sesión expositiva de 1h30min será a seguinte:
5 min. – Formulación dunha pregunta a resolver mediante algún recorte de prensa, nova ou texto breve.
10 min. – Discusión e debate en grupo
1h. – Exposición por parte do docente dos contidos teóricos apoiado nunha presentación dixital.
10 min. - Preguntas e aclaracións
Aulas Tipo Interactivas, 24h. Actividades: Cada sesión interactiva serán desenvolta por un alumno ou alumna que exporá un texto e polo docente que discutirá a exposición elaborada.
Aclaracións: A temporalización dunha sesión interactiva de 1h30min será a seguinte:
45 min. Presentación por parte dun alumno das liñas de forza do texto programado para estudo nesa sesión con apoio nunha presentación dixital.
45 min. Preguntas e discusión por parte do alumnado restante.
Titorías: 6h. Nas sesións de titoría en aula prepararanse as presentacións e o traballo final.
Avaliación: 4h. Exame final presencial. O exame pode conter preguntas de desenvolver, tipo test e/ou comentarios de texto sobre o material traballado na aula.
Outras: 2h. Visita a exposición, proxección cinematográfica, entrevista. Só no caso de ser posible e autorizada a saída.
TRABALLO NON PRESENCIAL (90H.)
Horas Aclaracións
16h. Actividades: Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva. Aclaracións: Estarán dispoñíbeis en pdf na aula virtual.
10h. Actividades: En función do número de alumnos, elaboración dunha ou máis presentacións dixitais para as sesións interactivas
40h. Actividades: Lectura detallada dun ou máis textos para a súa exposición na aula.
24h. Actividades: Preparación de exame final. Estudo dos temas. Aclaracións: Todo o material estará colgado na aula virtual.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
ALUMNADO ORDINARIO
PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Exame final presencial: Porcentaxe 40%. Competencias avaliadas: CB3, CX2, CT1, CE7
Avaliación continua: Traballo e/ou comentarios dos textos e presentacións na aula. Porcentaxe 60%. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CX4, CT1, CT8, CT9.
SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Exame final: Porcentaxe 40%. Competencias avaliadas: CB3, CX2, CT1, CE7
Traballo*: Porcentaxe 60%. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CX4, CT1, CT8, CT9
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
PRIMEIRA, SEGUNDA E SEGUINTES OPORTUNIDADES
Exame final: Porcentaxe 40%. Competencias avaliadas: CB3, CX2, CT1, CE7
Traballo*: Porcentaxe 60%. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CX4, CT1, CT8, CT9
* Traballo = Traballo de investigación sobre calquera aspecto do temario, previo consensuado do tema co docente por correo electrónico.
Tamaño: 7000-7500 palabras.
Portada co título do traballo, nome do autor, dni, correo electrónico, curso, materia e ano académico. Índice:
1. Obxectivo do traballo.
2. Desenvolvemento.
3. Conclusión.
4. Bibliografía.
Entregarase por correo electrónico en formato odt ou similar antes da data do exame final.
Avaliación do traballo:
Ortografía/sintaxe 0.5 puntos.
Orixinalidade 0,5
Desenvolvemento 2,5 puntos.
Conclusión 0,5
NON SE ACEPTARÁN BAIXO NINGÚN MOTIVO TRABALLOS ENTREGADOS DESPOIS DA DATA DO EXAME FINAL
NO CASO DE DETECTAR PLAXIO SE APLICARAN AS SANCIÓNS DESCRITAS NA POLITICA DA USC.
O ALUMNADO DEBERÁ OBTER UNHA NOTA MÍNIMA DE CINCO EN TODOS E CADA UN DOS COMPOÑENTES DA AVALIACIÓN PARA PODER APROBAR (EXAME, PRESENTACIÓN, E TRABALLOS). ESTE REQUISITO AFECTA A TODAS AS OPORTUNIDADES (PRIMEIRA, SEGUNDA, BEN COMO AO ALUMNADO REPETIDOR E/OU CON DISPENSA)
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas.
(2) Preparación das exposicións.
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
(6) Realización semanal das tarefas programadas.
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824744
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Xoves | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 09.01.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 03.07.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ROCHA ALVAREZ, DELMIRO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ROCHA ALVAREZ, DELMIRO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ROCHA ALVAREZ, DELMIRO | Galego |