Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as han de ser capaces de:
1. Coñecer os principais conceptos no campo dos medios audiovisuais, así como a aplicación específica que poderían presentar para o campo da xestión cultural.
2. Ter destreza nos coñecementos e vocabulario que arrodean a realización dun produto audiovisual, desde a súa concepción ata a súa execución.
3. Saber adaptar un discurso escrito para potenciar a súa difusión a través de medios audiovisuais, con especial atención ás redes sociais.
4. Deseñar alternativas para transmitir un proxecto cultural en contornas multimedia, incorporando as lóxicas audiovisuais.
5. Avaliar o resultado dun proxecto audiovisual relacionado co ámbito da xestión cultural.
Planificación dos contados para contornas audiovisuais: o guión e o storyboard. Gravación en vídeo dixital: son e luz. Edición profesional e amateur. Principais necesidades técnicas a ter en conta para a difusión dun proxecto cultural.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. INTRODUCIÓN: BREVE HISTORIA DOS MEDIOS AUDIOVISUAIS
TEMA 2. A RADIO
2.1 O son.
2.2 Nocións básicas da linguaxe audiovisual aplicada á radio (guión, raccord etc.)
2.2 Equipos técnicos necesarios para a produción e a realización de produtos radiofónicos
2.3 Equipos humanos que interveñen na elaboración de produtos radiofónicos
2.4 Radio en internet: novos formatos
TEMA 3. A TELEVISIÓN
3.1 A imaxe
3.2 Nocións básicas da linguaxe audiovisual aplicada á televisión (guión, escaleta etc.)
3.3 Equipos técnicos necesarios para a produción e a realización de produtos televisivos
3.4 Equipos humanos que interveñen na elaboración de produtos televisivos
3.5 Televisión á carta e televisión en internet: plataformas e novos formatos audiovisuais para a web
TEMA 4. REDES SOCIAIS
4.1 Nocións básicas sobre as narrativas específicas para a elaboración de produtos destinados ás redes sociais
4.2 Equipos técnicos e humanos que interveñen na produción de contidos para as redes sociais
TEMA 5. PRODUCIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS EN CONTORNAS MULTIMEDIA
5.1 Da idea ao guión
5.2 Ideación de proxectos culturais e deseño de produción
TEMA 6. DIFUSIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS EN CONTORNAS MULTIMEDIA
6.1 Planificación e xestión de estratexias de promoción de produtos culturais nun contexto transmedia
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Concepción e deseño dun proxecto audiovisual relacionado co ámbito da xestión cultural.
- Plan de difusión dun proxecto cultural en soportes tradicionais e en contornas multimedia, especialmente nas redes sociais.
Bibliografía básica
Alten, S. R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales Andoain. Escuela de Cine y Vídeo.
Fernández Sánchez, M. C. (1987). La influencia del montaje en el lenguaje audiovisual. Ediciones Libertarias-Prodhufisa.
Hilliard, R. L. (2001). Escribir para radio, televisión y nuevos medios. International Thomson.
Thompson, R. (2002). El lenguaje del plano. IORTV.
Bibliografía complementaria
Balsebre, A. (1994). El lenguaje radiofónico. Cátedra. Signo e imagen.
Balsebre, A. (2001). Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Editorial Cátedra.
Denís, M. (1984). Las imágenes mentales. Ed. Siglo Veintiuno.
García Jiménez, J. (1993). Narrativa audiovisual. Cátedra.
Hartwig, R. L. (1996). Tecnología Básica para Televisión. IORTV.
McLeish, R. (1985). Técnicas de creación y realización en radio. Edita IORTV-España.
Muñoz, J. J. & Gil, C. (1986). La radio. Teoría y práctica. Edita IORTV-España.
Palacio, M. (2009). Historia de la televisión en España. Gedisa.
Pareja Carrascal, E. (2005). Tecnología actual de televisión. Instituto Oficial de Radio Televisión.
Rodero, E. & Soengas, X. (2010). Ficción radiofónica. RTVE.
Rodríguez Bravo, A. (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Ed. Paidós.
Solarino, C. (2000). Cómo hacer televisión. Cátedra.
Williams, R. (Ed.) (1992). Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Bosch Comunicación.
XERAIS E BÁSICAS
CX1 – Mostrar flexibilidade e dinamismo e, por tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CX2 – Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 – Que os seus estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT5 – Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación coma de docencia e exercicio profesional.
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7 – Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT8 – Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
CE1 – Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE11 - Comprender e aplicar estratexias da comunicación cultural na contorna dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC
CE12 – Coñecer as posibilidades que as novas contornas dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente da creación dixital.
CE15 - Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Na modalidade presencial haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías de grupo reducido.
As metodoloxías docentes empregadas na impartición da materia serán as seguintes:
Modalidade presencial: presentacións
Modalidade presencial: recursos dixitais
Modalidade presencial: documentos bibliográficos
Modalidade presencial: leccións maxistrais
Modalidade presencial: análise e comentario crítico de documentos
Modalidade presencial: discusións e debates
Modalidade presencial: realización de traballos en grupo ou individuais que requiran da busca e selección de información
Modalidade presencial: exposicións en público
Modalidade presencial: elaboración de proxectos
Modalidade presencial: estudos de casos
Modalidade presencial: resolución de problemas
Modalidade presencial: utilización da aula virtual como ferramenta auxiliar para a docencia
Modalidade presencial. Asistencia e participación na aula: 20 % da cualificación final.
Modalidade presencial: Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 40% da cualificación final.
Modalidade presencial. Exame: 40% da cualificación final.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación continua. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou na avaliación continua. No caso de non superar a avaliación continua na primeira oportunidade, na segunda substituírase por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Aqueles alumnos ou alumnas aos que se lles concedese a exención de docencia deberán realizar unha proba práctica (50%) que se celebrará a continuación do exame (50%), seguindo as datas oficiais estipuladas para cada convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade os criterios de avaliación son os mesmos da primeira oportunidade: 20% asistencia, 40% avaliación continua, 40% exame
Modalidade presencial: Docencia expositiva: 24 horas
Modalidade presencial: Docencia interactiva: 24 horas
Modalidade presencial: Titorización individual do alumnado: 3 horas
Modalidade presencial: Exame: 4 horas
Modalidade presencial: Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual modo, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Francisco Cortez-Lobao Sineiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- francisco.cortezlobao [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Mércores | ||
| 16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 16 |
| 27.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 09.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Cortez-Lobao Sineiro, Francisco | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Cortez-Lobao Sineiro, Francisco | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Cortez-Lobao Sineiro, Francisco | Galego |