Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer a difusión e variedade do español no mundo actual.
2. Recoñecer as principais variedades xeográficas do español a partir dos seus rasgos máis característicos.
3. Coñecer o labor das academias, o carácter pluricéntrico da lingua española e a diversidade de criterios á
hora de planificar o seu uso para a xestión cultural.
4. Coñecer os principais problemas relativos ao uso da lingua española no ámbito da xestión e a difusión da cultura.
5.Revisar os errores mais frecuentes en relación co uso do español para a xestión e a difusión da cultura.
Bloque 1. O español no mundo actual. Variación lingüística, norma culta e pluricentrismo.
1. Dimensión do español como lingua de cultura. O español na produción cultural internacional.
2. A variación lingüística do español.
2.1. Factores de variación e variedades lingüísticas
2.2. A variación xeográfica do español. Áreas lingüísticas no dominio castelán falante.
3. Norma culta e pluricentrismo no español actual.
3.1. Historia e labor da RAE e da Asociación de academias da lingua española.
3.2. Recursos académicos en liña e máis en papel. Obras de referencia e consulta.
Bloque 2. Clases de palabras do español. Principais problemas relacionados co uso das diferentes clases de palabras.
1. Tipoloxía do substantivo en español.
1.1. Substantivo e xénero gramatical. Substantivos aplicables a seres sexuados / asexuados. Variabilidade e invariabilidade.
1.2. Xénero gramatical, sexo e outros referentes.
1.3. Sintaxe e xénero gramatical. O pronome. Leísmo, laísmo e loísmo.
1.4. Sintaxe e xénero gramatical. Problemas e erros de concordancia.
2. O número gramatical en español.
2.1. Sustantivos numéricamente variables e invariables. Os "falsos plurais".
2.2. O número gramatical e as expresións cuantitativas. Problemas e erros.
3. Sintaxe e tipoloxía do adxectivo en español.
4. Aspectos básicos da gramática verbal do español.
4.1. Formas modotemporais. Problemas e erros no uso das formas verbais en español.
4.2. Problemas de sintaxe verbal. A sintaxe verbal e a variación xeolingüística do español.
Bibliografía básica:
Fuentes Rodríguez, C. (2011): Guía práctica de escritura y redacción. Madrid: Arco Libros.
Gómez Torrego, L. (1997): Gramática didáctica del español, Madrid: SM.
Gómez Torrego, L. (2011): Gramática normativa del español. Hablar y escribir correctamente. Madrid: Arco/Libros. 2 Vols.
Instituto Cervantes (2007): Gramática práctica del español. Madrid: Espasa.
Montolío, E. (2014): Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel. 2 Vols.
Paredes García, F. (2012): El libro del español correcto. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASASLE (2005): Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
Real Academia Española/ASASLE (2010): Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASASLE (2013): El buen uso del español. Barcelona: Espasa-Calpe.
Real Academia Española (2018): Libro de estilo de la lengua española según la norma panhispánica. Madrid: Espasa.
Real Academia Española/ASALE (2010): Ortografía de la lengua española. Madrid/Espasa.
Bibliografía complementaria:
Aleza Izquierdo, M. y J. Mª Enguita Utrilla (coords.) (2010): La lengua española en América: normas y usos actuales. Universitat de València. Edición electrónica: <http://www.uv.es/aleza/esp.am.pdf>.
Aleza Izquierdo (coord.): Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant lo Blanch, 2010.
Alvar, M. (dir.) (1996): Dialectología hispánica II. El español de América. Barcelona: Ariel.
Alcina Franch, J. y J. M. Blecua (1994): Gramática española. Barcelona: Ariel.
Bosque, I. & V. Demonte (eds.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa. 3 vols.
Diccionario de uso del español actual. Clave (2006). Madrid: SM.
Diccionario del uso del español de España y América (2002). Barcelona: SPES.
Greublich, S./Franz Lebsanft (eds.): El español, lengua pluricéntrica. Discurso, gramática, léxico y medios de comunicación masiva. Bonn University Press, 2020.
Instituto Cervantes: El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes. <http//:www.cervantes.es>.
Moliner, M. (2008): Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos. (Vídeo-DVD)
Real Academia Española (2014): Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe
Real Academia Española (2009): Nueva gramática de la lengua española. Morfología y sintaxis. Madrid: Espasa. 2 vols.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver os problemas tanto na súa área de estudo coma en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desa información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solución tanto a públicos especializados coma non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun xeito que deberá ser, en gran medida, autodirixido e autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1.Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas situación, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CG2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, a multiculturalidade e a non discriminación de persoas con diversidade funcional.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interés en función dos obxectivos que se persiguen.
CT2. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua española, tanto de forma oral como escrita.
CT5. Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para fins de investigación como de docencia e exercicio profesional.
CT7. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT9. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade a respeito de temas sociais ou medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE4. Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos diferentes niveis de traballo (local, nacional, internacional) no mundo da cultura.
CE11. Comprender e aplicar as estratexias da comunicación cultural no entorno dixital para difundir e visibilizara cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.
A materia tén un enfoque descriptivo e práctico e desenvolverase na doble modalidade: presencial e mediante sistema elearning asíncrono a través da plataforma Moodle do campus virtual. A aula virtual da materia será o soporte dos contidos e das tarefas que o alumnado deberá realizar. O estudante atopará alí os contidos elaborados polo profesor ou as indicacións das lecturas ou otros procedementos a través dos que pode obtelos. Os materiais poderán consistir en arquivos de Power Point, textos, artigos en PDF, resumes, recursos online e referencias bibliográficas que se porán a disposición do alumnado de forma periódica a medida que avanza o temario.
Ademáis, haberá 14 horas de docencia presencial, que, segundo os horarios oficiais da Facultade de Humanidades, se corresponden cunha hora semanal de clase presencial, que se poderá seguir ben na aula fixada para tal na Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnolóxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais poñeranse a disposición do alumnado a través da aula virtual.
Tamén se programarán 12 sesión de titoría en grupo reducido, destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas sesións de titoría planificaranse en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para facilitar a participación e a interacción entre o docente e os estudandes empregarase tamén a tecnoloxía de streaming MSTeams. O alumnado tamén poderá facer consultas por correo electrónico, que serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor non estea desfrutando dalgún permiso.
As actividades e tarefas da avaliación continua serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
Primeira oportunidade
Para a avaliación teránse en conta os seguintes criterios:
-Asistencia e participación: 10% da cualificación.
-Actividades de avaliación continua (entrega de tarefas, exposicións, controis parciais, etc.): 50% da cualificación.
-Un exame escrito: 40% da cualificación.
Segunda oportunidade
-Manterase a cualificación por asistencia e participación activa durante o periodo de impartición da materia ata un máximo do 10% da cualificación.
-O alumno deberá realizar de novo e entregar as tarefas nas que obtivese unha calificación negativa na primeira entrega ou ben entregar as que non fosen entregadas cando correspondía. A cualificación sumarase á obtida nas tarefas ou probas superadas no seu momento e suporá o 50% da cualificación.
-Ademáis haberá unha proba escrita obrigatoria na data establecida pola Facultade: 40% da cualificación.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificaciones.
Sesións presenciais ou de aula virtual: 14 horas
Realización das tarefas e traballos programados: 40 horas
Tempo adicado ao estudo e traballo persoal: 96 horas.
Maria Mercedes Suarez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- mmercedes.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro S Veiga Rodriguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 23.05.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 21.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SUAREZ FERNANDEZ, MARIA MERCEDES | Castelán |
| Veiga Rodriguez, Alejandro S | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SUAREZ FERNANDEZ, MARIA MERCEDES | Castelán |
| Veiga Rodriguez, Alejandro S | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SUAREZ FERNANDEZ, MARIA MERCEDES | Castelán |
| Veiga Rodriguez, Alejandro S | Castelán |