Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia, os/as alumnos/as serán capaces de:
-Coñecer os aspectos fundamentais da relación entre lingua galega e sociedade en Galicia durante os últimos decenios, así como as principais vías de transmisión de ideoloxías lingüísticas a colectivos diversos (prensa, contidos audiovisuais, redes sociais, sistema escolar, etc.).
-Entender o proceso de construción de textos para a divulgación cultural como un proceso de mediación lingüística, a través do cal os contidos da investigación son postos a disposición de distintos perfís de públicos para distintas finalidades (formación, ocio, turismo cultural, etc.).
-Coñecer as características lingüísticas fundamentais dos textos científicos, publicitarios e xornalísticos.
-Coñecer os procedementos necesarios para levar a cabo a transformación de materiais lingüísticos heteroxéneos en textos aceptables e eficaces en procesos de divulgación da cultura destinados a públicos diversos e con finalidades específicas.
-Coñecer as características fundamentais da interacción entre materiais e producións lingüísticas e outros materiais e producións (visuais e audiovisuais).
-Aplicar os coñecementos aprendidos á construción de textos divulgativos eficaces en contextos específicos e sobre soportes particulares.
1) Lingua e sociedade en Galicia. O imaxinario da lingua galega segundo os principais soportes da súa difusión.
2) Actores na transmisión de ideoloxías lingüísticas en Galicia: grella institucional, medios de comunicación, redes sociais, etc.
3) A investigación sobre cultura: características dos textos científicos producidos no ámbito cultural.
4) Procedementos de transformación dos contidos culturais: adecuación a públicos diversos e a colectivos con necesidades específicas.
5) Principais técnicas lingüísticas na difusión de contidos culturais: procesos relacionados coa sítese de información textual e procesos relacionados coa creación de relato.
6) Práctica: difusión segmentada de contidos culturais a públicos diversos.
7) Práctica: elaboración de materiais electrónicos para a difusión e reinterpretación en rede de contidos culturais.
En cada tema achegarase a correspondente bibliografía, de preferencia en formato dixital. Algunhas referencias de importancia aparecen deseguido:
Alonso Montero, X. (1973): Informe (dramático) sobre la lengua gallega. Madrid: Akal
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1994): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume I. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1995): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández, M. & M.A. Rodríguez Neira (coords.),Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1996): Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume III.Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.) , M.A. Rodríguez Neira (coord.)., Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I.Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.), M. A. Rodríguez Neira (coord.) Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2008): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
González González, M. (dir.), M. A. Rodríguez Neira e A. Pereiro Rozas (coords.) Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2011): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III. Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Iglesias Álvarez, A. (2003): Falar galego: no veo por qué. Vigo: Xerais.
Kabatek, J. (2000): Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais.
Linheira, J. (2018): La cultura como reserva india. Madrid: Libros.com.
CB1. Que os/as estudantes profundicen os coñecementos adquiridos durante a educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que demostren ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
CB2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3. Que os/as estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB 4 Que os/as estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os/as estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que deberá ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
CT1 Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT3 Coñecer a norma e uso coherente, correcto e axeitado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
CT 5 Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
CG2 Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CE4. Coñecer as posibilidades que achegan as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral coo escrita e nos seus distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura.
CE11. Comprender e aplicar as estratexias da comunicación cultural no contorno dixital para difundir e visibilizar a cultura e os proxectos culturais mediante o manexo das TIC.
CE16. Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
CE17. Recoñecer a diversidade do consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás persoas con necesidades específicas, e adaptar os produtos culturais para o seu desfrute por parte de cada colectivo.
Haberá 14 horas de docencia presencial e 12 horas de titorías en grupo reducido e semanas diferentes. Nos horarios oficiais programarase unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir na aula fixada a tal efecto na Facultade de Humanidades da USC (campus de Lugo) ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MS Teams) utilizada para compartir a sesión docente. Todos os recursos materiais utilizados nas sesións presenciais poñeranse a disposición de todo o alumnado mediante a aula virtual.
Canto ás sesións de titorización, programaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido, destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas terán lugar en semanas diferentes e atendendo a franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a súa realización empregarase a tecnoloxía de streaming (MS Teams) utilizada para o desenvolvemento das aulas da materia.
O profesorado atenderá axeitadamente as consultas realizadas polo alumnado e responderá a estas nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos (a non ser que o/a docente estea desfrutando dalgún tipo de permiso autorizado).
O profesorado proporcionará aos/ás seus/súas alumnos/as a cualificación das actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
As metodoloxías docentes que se empregarán serán as seguintes:
-Utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia.
-Presentacións con audio explicando contidos do programa.
-Utilización de recursos e fontes bibliográficas, se é posible achegadas polo/a profesor/a en formato dixital.
-Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, mediante a aula virtual.
-Utilización da tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado.
-Vídeos breves en que se profundiza nalgún aspecto concreto dos contidos.
-Enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais.
-Emprego e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto.
-Presentación oral de traballos.
-Traballo colaborativo mediante debates en foros e chats, así como debates moderados polo/a docente mediante tecnoloxías de vídeoconferencia.
Sistema de avaliación para a primeira e segunda oportunidades:
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 80%
Exame: 20%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o indicado na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O sistema de avaliación da aprendizaxe é o mesmo para o alumnado novo e para o alumnado repetidor.
-Actividade presencial que as profesoras deben atender e á que o alumnado ten dereito a asistir: 14 horas.
-Titorías en grupo reducido: 14 horas.
-Actividade a distancia (traballo do alumnado mediante as aulas virtuais da plataforma): 122 horas.
-Sesións de avaliación (oral ou escrita): 2 horas
Total, 150 horas de traballo.
M Carme Silva Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 15 |
| 23.05.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 21.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |