Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos do patrimonio literario inmaterial, como portador de diversos coñecementos, ideas e valores.
-Comprender e interpretar os procesos de pervivencia (recepción, revisión, reinterpretación e recreación) do patrimonio literario inmaterial.
-Analizar e sintetizar información procedente de distintas teorías e metodoloxías interpretativas, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
-Reunir e interpretar datos constitutivos do patrimonio literario inmaterial que sirvan para emitir xuízos e inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica o ética.
-Comunicar información e ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e eficaz.
-Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Contidos a desenvolver nas clases expositivas
-Definición e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista dos xéneros narratolóxicos
-Definición e historia dos termos: mito, lenda, conto.
-Delimitación da materia: Historia, Relato tradicional e Ficción literaria: narratio, poiesis, fictio, argumentum, fabula, historia.
-Definicións e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista da historia das relixións, da ciencia, da lingua e da cultura: mýthos frente a lógos; mýthos frente a historia.
-A interpretación dos relatos tradicionais: puntos de vista e problemas: Simbolismo, Historicismo, Astralismo, Ritualismo, Estructuralismo, Comparatismo, Feminismo...
-Tipoloxía de relatos: Teogonías e cosmogonías, Antropogonías e orixes das especies naturais, Etnoxéneses, Historia da civilización (relixión, leis, artes, ciencias), Didácticos-morais...
Contidos a desenvolver nas clases interactivas
-A exéxese do relato tradicional a partir de diferentes teorías, métodos e técnicas de estudio (simbolismo, historicismo, arqueoastronomía, ritualismo, folklorismo, estruturalismo, feminismo, etc).
-A análise dos procesos de recreación e reintepretación iconográfica, filosófica, literaria, escénica (audiovisual), lúdica (videoxogos) o comercial (publicidade) dos mitos.
-A análise comparada de narracións orais tradicionais (contos) co obxecto de identificar os seus elementos funcionais (estrutura, motivos, arquetipos), e comprobar a súa vixencia e operatividade.
-Aarne, A: Verzeichnis der Märchentypen, Helsinki 1928, ampliada y traducida al inglés en Thompson, S: The Types of the Folktale, Helsinki 1961 = Aarne-Thompson, Los tipos del cuento folklórico, Helsinki 1995; y Motif-Index of Folk Literature, Bloomington 1955-58, 6 vols.
-Bayet, J.: La religión romana. Historia política y psicológica, Madrid 1984
-Burkert, W: Religión griega, arcaica y clásica, Madrid 2007
-Contreras Valverde, J.-Ramos Acebes, B.-Rico Rico, I.: Diccionario de mitología romana, Madrid 1992.
-Davidson Reid, J.: The Oxford Guide to Classical Mythology in the Arts (1330-1900), 2 vols., Oxford 1993.
-Dumèzil, G.: Mito y epopeya, 3 vols., México 1996.
-Eliade, M: Aspects du mythe, Paris 1963.
-Eliade, M: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid 1978-1983 (5 vols.)
-Fontenrose, J.: Python, Berkeley 1980
-Frazer, J.G., The Golden Bough, 12 vols, 1907-1914= La rama dorada, México 1944.
-Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996.
-García Gual, C.: Diccionario de mitos, Barcelona 1997.
-García Gual, C.: Introducción a la mitología griega, Madrid 2005.
-Graves, R.: Los Mitos griegos, Madrid 1996 (2 vols.).
-Grimal, P.: Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona 1982.
-Kirk, G. S.: El mito. Su significado y funciones en las distintas culturas, Barcelona 1973.
-Lexicon Iconographicum Mythologiae Classical (LIMC)
-Martín, R. (dir.): Diccionario de la mitología griega y romana, Madrid 1996
Olmo Lete, G. (dir.): Mitología y religión del Oriente antiguo, vol. I: Egipto y Mesopotamia; vol. II/1-2: Semitas Occidentales; vol. III: Indoeuropeos, Sabadell 1993-1999
-Lamas, M.: Mitologia geral, vol. I: Mitologias dos primitivos actuais, das Américas, egípcia, suméria, asírio-babilónica, hitita, fenícia, pré-helénica, grega e romana; vol. II: Mitologias germânica, eslava, báltica, ugro-finlandesa, celta, ibérica, persa, indiana, budista, chinesa e japonesa, Lisboa 2000
-Preller, L.-Robert.C.: Griechische Mythologie, Berlin 1964 (4 vols.)
-Roscher, W.H., Ausführliches Lexikon der greichischen und römischen Mythologie, Hildesheim 1977-1978 (10 vols.)
-Rose, H.J., Mitología Griega, Madrid 1973
-Ruiz de Elvira, A.: Mitología Clásica, Madrid 1988.
-Seznec, J.: Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, Madrid 1983.
-Talbert, J. A., (ed.): Atlas of Classical History, London-Sydney 1985
-Vernant, J. P.: Mito y pensamiento en la Grecia antigua, Barcelona 1991
-Vernant, J. P.: El Universo, los dioses, los hombres: el relato de los mitos griegos, Barcelona 2000.
Básicas
CB1: Que os estudantes afonden os coñecementos adquiridos durante a educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que amosen ser orixinais no desenvolvemente e na aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3:Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir de esta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social , científica ou ética.
CB4: Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5: Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que haberá de ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
Xerais
CX2: Adquirir a capacidade de análise y crítica necesaria para achegar solucións y novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CX3: Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CX4: organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
Transversais
CT1: Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
CT2: Coñecer a norma e uso coherente, correcto e axeitado da lingua española, tanto de forma oral como escrita
CT6: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Específicas
CE1: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural na súa vertente material e inmaterial.
CE2: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto a eles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE4: Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura
CE5: Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
-Na modalidade semipresencial o proceso de aprendizaxe, as actividades formativas e o traballo do alumnado, así como as titorías, realizaranse en boa medida por medio de ferramentas tecnolóxicas capaces de dar unha alternativa á presencialidade. A través destas proporcionaranse ao alumnado material de apoio (referencias bibliográficas, documentos de interese, enlaces, etc.), establecerase un calendario coas tarefas a realizar e abriranse foros para a resolución de dúbidas e como espazo de debate.
-En calquera caso, haberá ademais 14 horas de docencia presencial programada nos horarios oficiais da Facultade. Estas sesións poderán seguirse na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
-Haberá tamén 12 horas de titorías en grupo reducido, que se programarán ao longo do curso con frecuencia semanal en franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para levalas a efecto, se empregará a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para o desenvolvemento das aulas da materia, aínda que tamén poida recorrerse para tal fin a outras tecnoloxías, como o chat da aula virtual, o correo electrónico, etc.
-Todos os recursos e materiais utilizados nas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual
-Todas as consultas realizadas polo alumnado serán respondidas mediante correo nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre en cando o profesor non estea de permiso. As posibles tarefas propias da avaliación continua serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
-A adaptación de esta materia (a partir da modalidade presencial) á docencia semipresencial farase da seguinte forma:
-Os contidos da parte teórica desenvolveranse nas sesións presenciais e/ou presentaranse en documentos proporcionados a través da plataforma. Consistirán, como na modalidade presencial, en: 1) Lección maxistral dos contidos teóricos do programa; 2) Lectura de documentos escollidos para ilustrar as definicións, clasificacións, evolucións, metodoloxías e tipoloxías explicadas nas leccións; e 3) Comentario das lecturas, audicións o documentos iconográficos. As referencias e enlaces de todo o material de apoio facilitaranse a través da plataforma
-As actividades prácticas consistirán, como na modalidade presencial, en: 1) Recompilación dos materiais obxecto de estudo directamente das fontes primarias. 2) Análise baseado na lectura directa das fontes (en traducións), na bibliografía dispoñible, e nas distintas ferramentas metodolóxicas amosadas na parte teórica; 3) Seguimento e análise da pervivencia e evolución de elementos constitutivos de literatura inmaterial e as súas recreacións e reinterpretacións filosóficas, literarias ou artísticas; 4) Análise comparada de narracións tradicionais e dos seus elementos constitutivos; 5) Presentacións para debates por parte do alumnado de temas de súa escolla.
-O 20% da cualificación corresponderá á participación proactiva nas actividades do curso. Para a avaliación da participación, tomarase en consideración tanto o número coma o nivel das intervencións.
-Un 40% da cualificación basearase nun control dos coñecementos teóricos e a capacidade de análise adquiridos ao longo do curso, mediante un exame final.
-O outro 40% final da cualificación basearase na avaliación dun traballo escrito e unha exposición oral, de carácter individual, que os alumnos deberán presentar ao longo do curso. O tema do traballo e da exposición será escollido polos alumnos, e darán lugar a un debate aberto posterior. O traballo deberá ser entregado nas datas sinaladas e seguir os criterios establecidos en canto a forma en contido.
-Estes criterios serán de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia, o único sistema de avaliación será o exame.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-A materia consta de 6 créditos (3 teóricos e 3 prácticos) equivalentes no sistema ECTS a 148 horas de traballo.- Destas 148 horas, 14 corresponden ás sesións docentes presenciais, onde se expoñerán os contidos e as actividades prácticas; outras 12 ás titorías de orientación teórico-metodolóxica; e outras 4 horas para exames.
-O resto, 120 horas, corresponde ao traballo persoal do alumnado e outras actividades
-Asistencia (presencial ou por streming) ás clases e ás titorías.
-Uso regular do campus virtual, que será o medio para facilitar os materiais.
-Participación voluntaria e proactiva nas actividades propostas.
-Traballo de repaso dos contidos e actividades vistas na aula e nas titorías co obxecto de facilitar a súa asimilación conceptual e acadar unha praxis para a resolución dos problemas e exercicios propostos.
- Á parte de bibliografía básica da materia, sinalada no apartado pertinente, os distintos apartados do temario inclúen cadansúa bibliografía complementaria que se irá facilitando ao alumnado progresivamente a través do Campus Virtual.
Jose Maria Anguita Jaen
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
| 31.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
| 12.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |