Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Socioloxía, Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecer, comprender e saber aplicar as ferramentas teóricas e metodolóxicas da Ciencia Política e da Socioloxía para identificar e analizar as Políticas culturais no seu marco de referencia e coordenadas espacio-temporais (con especial atención ao noso contexto estatal e Comunidade autónoma).
2. Activar a capacidade de reflexionar, razoar e interpretar críticamente ao respecto da intervención pública da cultura, a súa idiosincrasia, necesidade, alcance e límites; seus modelos e referentes históricos, a xénese, evolución e desenvolvemento ou as experiencias más recentes e innovadoras en materia cultural.
3. Observar de forma comprensiva, e analítica o ciclo das políticas culturais nun escenario multinivel (UE-Admón.Local), e establecer comparacións, relacións ou procesos de cooperación entre diferentes realidades socioculturais e as súas múltiples manifestacións artísticas, e creativas.
4. Identificar e comparar os distintos modelos de política cultural, en función dos seus promotores, e dos países nos que se aplican, ao fin de fomentar o espíritu crítico e facer propostas innovadoras para mellorar as políticas culturais actuais.
5. Comprender e analizar o modelo paradigmático de políticas culturais públicas de Francia e o seu potencial de transferencia a outros países.
1. Introducción: marco teórico, (de)construción e ciclo das políticas públicas.
2. Políticas culturais: evolución histórica, principais achegas e paradigmas.
3. Políticas culturais: implementación e análise no marco do multilevel governance.
4. Debates actuais: realidades e desafíos arredor das políticas culturais no s. XXI.
5. Modelo francés, paradigma das políticas culturais: orixes e evolución.
6. Modelo francés, as craves: Cultura como razón de Estado e a excepción cultural.
7. Modelo francés, a organización (socio)política: o ecosistema cultural.
8. Modelo francés, realidades e retos: innovación e experiencias de políticas culturais.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A.(2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
- (et.al) (1992).Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Benhabib, S. (2006). Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz Ediciones.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- (2000). Cultura e concellos. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Fumaroli, M. (2007) El estado cultural: ensayo sobre una religión moderna. Barcelona. El Acantilado.
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Pose, H. (2006). La cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Barcelona. Graó.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Lamo de Espinosa, E. (ed.) (1995). Culturas, estados, ciudadanos. Una al multiculturalismo en Europa. Madrid: Alianza Editorial.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Sobre o modelo francés:
François Chaubet (dir.) (2010): La culture française dans le monde 1980-2000. Les défis de la mondialisation, L’Harmattan, pp. 229-233.
Chaubet, François (2018): L’action culturelle française dans le monde : 150 ans d’expériences [https://chmcc.hypotheses.org/2725]
Dubois, Vincent (2016): El «modelo francés» y su «crisis»: ambiciones, ambigüedades y retos de una política cultural, Debats, 130/2, pp. 33-52. [http://www.vincentdubois-socialscience.eu/IMG/pdf/79-259-1-pb.pdf]
Regourd, Serge (2004): L'exception culturelle. París: Que sais-je?
Competencias Xerais:
CX1 - Mostrar flexibilidade e dinamismo, porén, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva, e proactiva.
CX2 – Acadar a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecmentos.
CX4 - Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo especialmente á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de personas con diversidade funcional.
Competencias Básicas:
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de achegar e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas, e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñen desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun grao de autonomía.
Competencias Transversais:
CT1 – Acadar habilidades para analizar, e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se procuren.
CT2 - Coñecer a norma, e o uso coherente, correcto e axeitado da lingua española, tanto de forma oral como escrita.
CT3 - Coñecer a norma e uso coherente, correcto e axeitado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
CT5 - Coñecer a aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos disponibles.
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
Competencias específicas:
CE1 - Coñecer e poñeer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial. CE3 - Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con miras a súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE7 - Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
CE13 - Identificar e analizar as distintas políticas culturais, con especial atención a súa proceción económica e as súas posibilidades para o desenvolvemento das comunidades.
Na modalidade semipresencial o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado realizarase a través da aula do Campus Virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC (MSTeams).
Haberá 14 horas de docencia presencial (unha hora semanal), que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin na facultade ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) usada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais estarán a disposición do alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas 12 sesións de titoría programaranse en 12 semanas distintas buscando franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a realización destas titorías utilizaranse todos os medios tecnolóxicos dispoñibles (MSTeams, chat da aula virtual, correo electrónico, etc.)
A través da aula virtual proporcionarase ao alumnado material de apoio e guía na adquisición de contidos:
- presentacións con audio explicando contidos do programa
- recursos e fontes bibliográficas proporcionados polo profesorado en formato dixital sempre que sexa posible
- enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
- vídeos breves nos que se profundice nalgún aspecto concreto dos contidos, cando proceda
- calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe en remoto do alumnado
Na aula virtual tamén se poñerán a disposición do alumnado as tarefas programadas para a avaliación continua (elaboración de proxectos, estudos de caso e traballos de curso, individualmente ou en grupo, presentacións con audio explicando contidos do programa, presentacións orais de traballos, etc.) e abriranse foros para o debate moderado por o/a docente e para a resolución de dúbidas. A través da aula virtual farase chegar a avaliación destas tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidadas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún permiso oficial.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 50% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Para poder desfrutar desta avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, a metade das tarefas planificadas.
Un 10% da cualificación final procederá da participación activa na aula virtual (consulta de recursos, participación en foros, etc.)
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 50% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Docencia presencial: 14 horas
Titorías presenciais: 12 horas
Exame: 4 horas
Tempo dedicado á lectura e ao estudo persoal: 50 horas
Tempo dedicado á realización das tarefas programadas: 60 horas
Consulta e participación en actividades da aula virtual: 10 horas
Se aconsella:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- Atender a las orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Soto Casas
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- pablo.soto.casas [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 24.05.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 28.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |