Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia os/as estudantes, cómpre que sexan quen de:
1. Coñecer e comprender os principais paradigmas e modelos teóricos sobre a análise social da cultura e os seus referentes nas súas axeitadas coordenadas espazo-tempo.
2. Activar a capacidade de reflexionar, razonar e interpretar crítica e analíticamente ao respecto do contido dos procesos de socialización e os “feitos sociais culturais” coa mirada e aparellos metodolóxicos da Socioloxía da Cultura.
3. Achegar no itinerario formativo -experimental e investigador- xa descrito, as perspectivas de: xénero e sustentabilidade
4. Saber aplicar as competencias e as habilidades desenvolvidas na aprendizaxe desta asignatura de Ciencias Sociais para reproducir e producir coñecemento da materia de carácter científico social-empírico.
5. Intercambiar e/ou transferir as súas achegas e coñecementos (comunicar por escrito ou expoñer en público, ou implementando outro soporte académicamente axeitado).
1. Socioloxía: episteme e metodoloxía da investigación social.
2. Mirada sociolóxica: a construción social da realidade.
3. Cultura e socioloxía: conceptualización e analise social da cultura.
4. Socioloxía da cultura: a constitución simbólica da sociedade.
5. Sociedade e cultura: a conformación da sociedade da cultura.
6. Ecosistemas culturais: mapping cultural no espazo-tempo.
7. Industrias culturais e creativas: cultura mainstream .
8. Retos socioculturais s.XXI: democracia e memoria, sociedade do risco, perspectiva de xénero e sostibilidade.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Caracas: Monte Ávila.
Ariño, A. (1998). Sociología de la Cultura. La constitución simbólica de la sociedad. Barcelona: Ariel.
- (et al) (2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
- (2011). “Sociología de la cultura”, en Giner, S. Teoría Sociológica. Barcelona: Ariel.
Baudrillard, J. (2005). Cultura y simulacro. Barcelona: Kairós.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Barcelona: Paidós.
- (2002) La cultura como praxis, Paidós, Barcelona, 2002.
- (2013)La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE. México.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Madrid: Alianza.
Bourdie, P. (1988). La distinción. Criterios y bases del gusto. Taurus. Madrid.
- (1990). Sociología y cultura. México: Grijalbo.
- (2000). Cuestiones de Sociología. Madrid: Akal.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Costa, X. (2006)Sociología del conocimiento y de la Cultura. Tirant lo Blanch.
Eco, U. (1977) Apocalípticos e integrados. Bacelona.Lumen
Elías, N. (1993) El proceso de civilización. México: FCE.
Giner, S. (1990)Sociología. Nexos. Barcelona
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. Madrid: La Piqueta.
Inglehart, R. (1991). Cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. Madrid: CIS-Siglo XXI.
Marcuse, H. (1999). Eros y civilización. Ariel, Barcelona.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Morin, E. (1966). El espíritu del tiempo. Ensayo sobre la Cultura de Masas, Taurus, Madrid.
Muñoz, B. (1989). Cultura y comunicación. Introducción a las teorías contemporáneas. Barcelona: Barcanova.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel. Barcelona
Williams, R. (1994) Sociología de la cultura. Barcelona. Paidós.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partires desta información, poidan emitir xuizos que conteñan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban e poidan comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
CB5. Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que haberá de ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo.
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interés en función dos obxectivos que se persigan.
CT6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxetivos e recursos disponibles.
CT7. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT8. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espíritu emprendedor.
CT9. Manter un compromiso ético a amosar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais.
CG2. Adquirir a capacidade de análise e crítica precisa para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información coñecementos.
CG4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, specialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CE2. Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE5. Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura, tanto en contextos próximos como internacionais.
CE7. Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principales problemas das sociedades contemporáneas.
CE17. Recoñecer a diversidade deo consumo cultural por parte de distintos sectores da sociedade, con especial atención ás personas con necesidades específicas, e adaptar os productos culturais para o seu disfrute por parte de cada colectivo.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS % PRESENCIALIDADE
Actividade presencial: presentación de contenidos básicos e classe prácticas 14 - 100
Actividade presencial : titorías para orientar en temas teórico-metodológico 12 - 100
Proba 4 - 100
METODOLOXÍAS DOCENTES
Modalidade semipresencial: utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia
Modalidade semipresencial: presentacións con audio explicando contidos do programa
Modalidade semipresencial: utilización de recursos e fontes bibliográficas, se é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
Modalidade semipresencial: elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula virtual
Modalidade semipresencial: Vídeos breves nos que se profundiza nalgún aspecto concreto dos contidos
Modalidade semipresencial: enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
Modalidade semipresencial: utilización e activación de calquier outro recurso didáctico que permita a prendizaxe do alumnado en remoto
Modalidade semipresencial: presentación oral de traballos
- Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
- Na planificación das 12 sesións de titoría programaranse en 12 semanas distintas procurando franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumando. Poderán empregarse outras posibles ferramentas (chat da aula virtual, correo electrónico,…) nestas sesións planificadas de titoría en grupo. As consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o profesora non estea desfrutando dalgún permiso.
- As características, indicacións , orientacións, materiais -de ser o caso- para a realización das actividades, tarefas, prácticas, traballos ou probas explicaranse ao comezo do curso. As actividades e tarefas propias da avaliación continua se cualificarán nun prazo non superior a un mes.
A) Participacion activa na aula virtual (titorias, chasts, foros, e debates, e outras ferramentas virtuais): 20%
B) Actividades académicas programadas de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 40%
C) Proba escrita: 40%
Información importante:
- Na 2ª oportunidade os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade.
- Para aprobar a materia é preciso facer a proba escrita e ter realizado e entregado, no prazo establecido, as tarefas, prácticas ou traballos programados (avaliación contínua); así como ter acadado un mínimo na cualificación de cada parte (a metade da porcentaxe correspondente: 2 puntos no apartado B) e no apartado C) outros 2 puntos).
- Para as convocatorias posteriores: o alumnado que suspendese a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 hs.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas
Actividade presencial: tutorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 12 horas
Proba escrita: 4
Se aconsella:
- A asistencia ou seguementp ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
Información importante:
- As características e condicións para a realización destas tarefas, prácticas, traballos ou probas se explicarán ao comezo do curso.
- Para superar a materia é preciso e obrigatoria a realización das tarefas académicas programafas e a realización dunha proba escrita.
- O prazo para a realización e entrega das actividades-tarefas se especificará oportunamente en función do desenvolvemento do cuadrimestre.
Outras consideraciones de interés.
Además das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2. A participación activa e la realización puntual e en prazo das tarefas previstas.
3. A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos.
4. A calidade dos traballos que, ademáis dunha axeitada organización e presentación textual, deberán cumprir cos prazos sinalados para a súa entrega.
5. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade, correción expresivas, a coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6. O coñecemento e dominio da teoría e os métodos da materia e a capacidad para establecer relacións, incorporar e integrar achegas doutras materias cursadas no grao.
Pablo Soto Casas
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- pablo.soto.casas [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
| Luns | ||
|---|---|---|
| 15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 24.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 04.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOTO CASAS, PABLO | Galego |