Obxectivos da materia
Proporcionar ó alumno coñecementos sobre as normas legais de aplicación ó medicamento, productos sanitarios e actividade profesional do farmacéutico nas diversas modal¡lidades, así como sobre os aspectos fundamentais da Deontoloxía Farmacéutica.
Pretendese que o alumno, ó final do curso, sexa capaz de integrar as dúas realidades, xurídica e ética, de xeito que sexa capaz de dispor do enfoque preciso para poder asumir a suas responsabilidades profesionais nas diferentes situacións que se poda encontrar na práctica.
Contido
Clases Maxistrais:
1- Conceptos Lexislativos Básicos
2- Lexislación Farmacéutica Fundamental
3- Organización Xeral da Sanidade
4- Aspectos Éticos Básicos
5- Códigos Deontolóxicos
6- Exercicio Profesional
7- Organización Corporativa
8- Garantías e Uso Racional do Medicamento e dos Productos Sanitarios
9- O Medicamento de uso Humano
10- O Medicamento de uso Veterinario
11- Os Productos Sanitarios
12- Medicamentos especiais
13- A Industria Farmacéutica
14- Aspectos éticos e legais dos Ensaios Clínicos
15- Farmacovixilancia
16- Axencias Regulatorias e Rexistro de Medicamentos
17- Maioristas
18- A Receta
19- A Oficina de Farmacia
20- Farmacia Hospitalaria
21- Farmacia Militar
22- Información e Promoción de Medicamentos
23- Responsabilidades do Farmacéutico
Interactivas:
1- A Sanidade en España e os seus aspectos diferenciadores. A Sanidade na Comunidade Autónoma Galega.
2- A Ordenación Farmacéutica nas diferentes Comunidades Autónomas
3- Aspectos éticos: Dimensión nacional e internacional.
4- Propiedade intelectual e consideracións ético/legais a nivel internacional.
5- Aspectos distintivos das axencias regulatorias.
6- Productos Sanitarios: Últimos avances e consideracións.
7- A investigación farmacéutica nos ámbitos público e privado.
8- As Enfermedades raras e os Medicamentos huérfanos.
9- Desenvolvemento de funcións na farmacia hospitalaria.
10- Desenvolvemento de funcións na atención primaria.
11- Desenvolvemento de funcións na farmacia militar.
12- Sistema actual de acceso ás diferentes saídas profesionais.
13- Saídas profesionais do farmacéutico nas ensinanzas non universitarias e na visita médica.
14- Responsabilidades do farmacéutico, Inspección e medidas cautelares, infraccións e sancións.
Bibliografía básica e complementaria
Por mor dos profundos e continuos cambios normativos, non existe un manual de Lexislación Farmacéutica totalmente axeitado ó estudo da asignatura. Entre os textos de consulta teñan o mais amplio é o texto "Derecho Farmacéutico. Legislación, jurisprudencia, el ejercicio profesional, de Vidal Casero", Mª del Carmen. Revista General de Derecho. 2007. ISBN 9788495382337. Por todo o anteriormente referido, en cada tema indicarase a lexislación específica de aplicación ó mesmo, de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas.
Competencias
1. Competencias generales.
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5
O alumno adquirirá os elementos axeitados para poder actualizar os seus coñecementos en materia normativa e estimularase un espíritu crítico que lle permita analizar os continuos cambios que se producen na mesma.
Os coñecementos adquiridos estimularán á reflexión e orientarán ó alumno sobre cuestións de ética e deontoloxía que deben presidir á actuación profesional do farmacéutico en todalas suas vertentes, para, de este xeito, facilitarlle a valoración e toma de decisións en temas de actualidade.
2. Competencias transversáis.
CI04, CI08, CP08.
O alumno adquirirá coñecementos básicos da profesión, habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información de fontes diversas) e coñecementos que lle permitan un compromiso ético.
3. Competencias específicas.
LS01, LS04, LS06, LS07
O alumno familiarizarase co conxunto de normas xurídicas de distinto rango e ámbito (comunitarias, nacionais, autonómicas) que regulan o medicamento, os productos sanitarios e a actividade farmacéutica, así como cos códigos deontolóxicos existentes.
Metodoloxía da ensinanza
Clases Teóricas:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
Empregarase a lección maxistral con medios audiovisuais para apoiar as explicacións. Fomentarase a participación activa do alumno.
Interactivas:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
Comentarase o material aportado ós alumnos e discutirase con éles os diferentes aspectos de cada contido. Por outra banda, aproveitarase para aclarar dúbidas sobre aqueles temas que puidesen supoñer unha maior dificultade no transcurso das leccións maxistrais.
Os alumnos poderán realizar traballos relacionados cos contidos dos seminarios e expoñelos no transcurso dos mesmos.
Sistema de avaliación
A avaliación da aprendizaxe dos coñecementos levarase a cabo:
- Cunha proba final escrita, acadando a súa nota un 90% da calificación final.
Terá lugar ao finalizar o temario (primeira oportunidade) ou ao final do curso académico (segunda oportunidade). O contido desta proba consistirá nunha mestura de examen de tipo “test” e/ou de cuestións de resposta breve.
- O 10% restante corresponderá á evaluación da participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas e/ou notas corresponientes a probas que sobor de apartados específicos podan realizarse.
De carón a unha posible recuperación, resulta fundamental manter actualizada a normativa referente ó temario desenrolado, logo que a resposta correcta relativa á normativa de aplicación nun determinado tema ven sendo a normativa vixente no momento de plantexa-la cuestión, que non é necesariamente a normativa de aplicación en datas anteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Evaluación das competencias
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura será realizada según as seguientes vías:
1.- No examen da asignatura:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
2.- Nas clases interactivas/probas realizadas nas clases:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
Tempo de estudo e traballo persoal
Estudo e traballo persoal asociado a:
- clases maxistrais: 46 h
- interactivas: 22 h
Recomendacións para o estudo da materia
As recomendacións neste eido encadranse nas propostas para o Grado en xeral.
Observacións
Os recursos necesarios para cursar a materia e os contidos esenciais e imprescindibles da materia para que todos os estudantes matriculados nela alcancen as competencias e resultados de aprendizaxe establecidos pola materia e poidan ser avaliados con vistas a valorar a súa adquisición, serán debidamente identificados e atoparanse desde principios de curso a disposición do alumnado no Campus Virtual e/ou as plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin. No entanto, si o funcionamento destas plataformas vísese interrompido e a fin de asegurar que calquera proposta que se achegue poida tecnoloxicamente ser asumida por todo o estudiantado é preciso deixar constancia de que os devanditos recursos son de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas, garantindo desta forma o rigor e a calidade académica do procedemento evaluador, en aras de beneficiar a formación do estudiantado.
- Na materia Lexislación e Deontología impártese aos alumnos docencia sobre aspectos normativos referentes a farmacovixilancia, ensaios clínicos, rexistro de medicamentos, asistencia farmacéutica, uso racional de medicamentos, Bioética, etc., polo que é preciso un coñecemento previo de devanditos campos, a fin de atoparse en disposición de abordar os aspectos éticos e normativos de aplicación. De feito, o coñecemento de tales campos atópase adscrito, segundo establece a ORDE CIN/2137/2008, de 3 de xullo de 2008, a un módulo distinto ao de “Lexislación e Farmacia Social”.
- Especialmente importante e moi valorado é a identificación de noticias nos medios de comunicación relacionadas coa materia e a proposta desas noticias en clase coa finalidade de comentalas ou realizar actividades sobre as mesmas e, chegado o caso, debater sobre elas.