Obxectivos da materia
-Coñecer os aspectos básicos do control oficial dos produtos alimenticios.
-Coñecer os aspectos xerais, problemática e determinación dos compoñentes dos alimentos que sexan de interese desde o punto de vista da etiquetaxe nutricional, da calidade e seguridade dos produtos alimenticios.
-Adquirir coñecementos do significado, importancia e aspectos legais das sustancias de interese desde o punto de vista da calidade, detección de fraudes e seguridade química dos produtos alimenticios.
-Aprender a utilizar as ferramentas analíticas apropiadas para a determinación dos parámetros de interese na etiquetaxe nutricional, control de calidade, detección de fraudes e seguridade química dos alimentos.
-Adquirir experiencia en avaliar datos, resolver problemas e elaborar informes relativos ao control dos produtos alimenticios.
Contido
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 23 sesións de 50-55 minutos cada unha.
Aspectos Analíticos dos Alimentos
Tema 1: O control oficial dos produtos alimenticios.
Tema 2: A etiquetaxe dos produtos alimenticios.
Tema 3: Importancia e determinación de pH e acidez valorable.
Tema 4: Importancia e determinación de auga e extracto seco.
Tema 5: Importancia e determinación de proteínas.
Tema 6: Importancia e determinación de hidratos de carbono.
Tema 7. Importancia e determinación de lípidos
Tema 8: Importancia e determinación de cinzas e elementos minerais.
Tema 9: Importancia e determinación de vitaminas.
Seguridade química dos alimentos
Tema 10: Aditivos.
Tema 11: Materiais en contacto con alimentos.
Tema 12: Residuos e contaminantes
Programa de clases interactivas.
As clases expositivas completaranse con 3 clases interactivas. Nelas os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente.
Etiquetaxe dos produtos alimentícios.
Resolución de problemas e cuestións relativas á composición dos alimentos.
Aspectos de seguridade química dos alimentos.
Programa de clases prácticas.
As clases prácticas de laboratorio desenvolvésense en 15 horas, en 4 sesións.
Práctica 1. Determinación da acidez.
Práctica 2. Determinación de humidade e cinzas.
Práctica 3. Determinación de elementos minerais.
Práctica 4. Determinación de vitaminas.
Bibliografía básica e complementaria
Básica
NIELSEN, S.S. Análisis de los alimentos (2009), 3ª edición. Editorial Acribia.
Métodos oficiales de análisis de alimentos. Legislación Española y Europea Actualizada: Bases de datos del BOE ( http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/iberlex.php ) y EUR-Lex El acceso al derecho de la Unión Europea (http://eur-lex.europa.eu/es/index.htm )
AECOSAN Gestión de riesgos (http://www.aecosan.msssi.gob.es/AECOSAN/web/seguridad_alimentaria/secci…).
DG Health and Consumer. Food and Feed Safety (http://ec.europa.eu/food/food/chemicalsafety/index_en.htm ).
Complementaria.
Official Methods of Analysis of AOAC International. 19th Edition,. 2012.
Kuklinski, C. Nutrición y Bromatología (2003). Ediciones Omega.
Sullivan, D.M. and Carpenter , D.E. (1993). Methods of analysis for nutrition labeling. AOAC international
Competencias
Competencias a alcanzar polo estudante coa asignatura.
Competencias específicas do móduloMF03 Desarrollar análisis higiénico-sanitarios (bioquímico, bromatológico, microbiológicos y parasitológicos) relacionados con la salud en general y con los alimentos y medio ambiente en particular.
MF09 Comprender la relación existente entre alimentación y salud, y la importancia de la dieta en el tratamiento y prevención de las enfermedades.
MF14 Conocer las Técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos y medioambiente.
Competencias transversais.
CI01 Capacidade de análise e síntese.
CI02 Capacidade de organizar e planificar
CI04 Coñecementos básico da profesión
CI09 Resolución de problemas.
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento teórico da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación sobre apartados específicos.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases prácticas nas que o alumno utiliza os medios analíticos dispoñibles para a determinación de parámetros de interese nos alimentos. O alumno participará activamente nestas clases e presentará os resultados das prácticas para a súa avaliación a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas que se lle indiquen. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas proposta.
Sistema de avaliación
A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente á avaliación continua e parte práctica.
O exame teórico suporá o70% da cualificación final (máximo 7 puntos). O exame será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con cuestións curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (3,15), para valorar o resto dos apartados.
A avaliación continua suporá o 10% (máximo de 1 punto). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. A nota da avaliación continua manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
A avaliación das prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. Para esta avaliación terase en conta a presentación dos resultados das prácticas por parte do alumno a través de distintas actividades empregando o Campus Virtual. O mínimo para aprobalas é 1 punto sobre 2. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
Na 2ª oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua, traballos e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
O alumno debe obter como mínimo cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes actividades:
1. No exame avaliaranse as competencias MF03, MF09, MF14, CI01, CI02, CI04, CI09, coñecer o control oficial dos produtos alimenticios, coñecer os parámetros de interese para establecer a calidade dos alimentos, coñecer os parámetros de interese relacionados coa seguridade química dos alimentos.
2. Nas prácticas de laboratorio: MF03, MF14, CI02, CI04, CS01, comprender e aplicar correctamente as técnicas relacionadas coa análise alimentos para a determinación dos parámetros de interese no establecemento da calidade e seguridade química dos alimentos.
3. Nas clases interactivas: CI09, CS01, adquirir as habilidades necesarias para realizar o control dos produtos alimenticios.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Tempo de estudo e traballo persoal
TRABALLO PRESENCIAL NA aula
Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido: 3 horas
Prácticas no laboratorio:15 horas
Tutorías en grupo moi reducido: 2 horas
Exames e revisión: 2 horas
Total de horas de traballo presencial na aula: 45 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 6 horas
Elaboración da memoria de prácticas: 5,5 horas
Orientación e resolución de dúbidas: 4 horas
Realización e revisión de exame: 2 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5 horas
Recomendacións para o estudo da materia
É aconsellable asistir ás clases expositivas e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Para as prácticas de laboratorio é necesario coñecer as medidas de seguridade no laboratorio de prácticas e é obrigatorio o uso de bata e lentes de laboratorio. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor
Observacións