Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As metas que se pretenden alcanzar inclúen o dotar á futura enfermeira/ou dos coñecementos imprescindibles para un exercicio profesional legal e ético.
Ao finalizar o curso deberán coñecer os límites da profesión e os dereitos dos pacientes así como poderán distinguir e discutir críticamente, no marco do seu exercicio profesional, sobre aquelas situacións sobre as que se exerce unha tutela clara por parte da lei así como sobre aqueloutras nas que unicamente os aspectos éticos son os que poden guiar os seus actos, aprendendo a valorar desde unha perspectiva ética e/ou legal os actos propios da súa profesión. Para iso proporcionarase a terminoloxía básica necesaria para a compresión dos problemas legais relacionados coa súa profesión e introducirase ao estudante na ética aplicada ao coidado de enfermería.
Preténdese, tamén, que o alumno acade habilidades no manexo das fontes xurídicas e das bases éticas que lle permita manter actualizados os seus coñecementos e poder facer xuizos críticos autónomos sobre aspectos éticos e legais da profesión.
- Definición de ética e moral, Dereito e lei.
- Concepto de bioética. Principios bioéticos
- Comités de bioética.
- Lexislación sobre dereitos e deberes da pacientes
- Responsabilidade profesional. Responsabilidade civil e penal da enfermeira.
- Intrusismo profesional
- Código deontolóxico
- Segredo profesional. Confidencialidade.
- A historia clínica .
- Información e consentimento informado.
- Transplante de órganos.
- Interrupción voluntaria do embarazo.
- Eutanasia.
- Delito de lesións. Malos tratos infantís. Violencia doméstica.
- Delitos contra a liberdade sexual.
- Declaración universal sobre o xenoma humano. O convenio sobre a diversidade biolóxica.
- Límites das análises xenéticas. Bases de datos de ADN.
- Etica y Legislación. Medina Castellano, C.D. Ediciones DAE ( Difusión Avances de Enfermería),2009. Madrid.
- Bioética y Derecho. Blázquez Ruíz, FJ. Ediciones Eunate, 2014
- Ética y Deontología Médica. López Martín, S. Ediciones Marbán.2011.
- Bioética, Derecho y Sociedad. Casado, M y otros.Editorial Trotta. 2015
- Normativa Sanitaria Galega. 2ª edición. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
- Principios de ética biomédica. Beauchamp TL, Childress JF. Masson, Barcelona, 2002.
- Medicina Legal y Toxicología. Gisbert JA.6 ed. Masson SA. Barcelona 2004
- Ethical and regulatory aspects of clinical research: Readings and commentary. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 2003
29
Normas xurídicas, "declaracións" e convenios a consultar na versión consolidada (actualizada):
- Codigo Penal. Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro.
- Código Civil.
- Lei 14/1986, do 14 de abril, xeneral de sanidade.
- Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica
- Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro de protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais.
- Lei 14/2007, do 3 de xullo de investigación biomédica.
- Lei 20/2011, do 21 de xullo do Rexistro Civil..
- Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo de saúde sexual e reprodutiva.
- Lei 14/2006 do 26 de maio sobre técnicas de reprodución humana asistida.
- Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
- Lei de Galicia 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica.
- Lei de Galicia 5/2015, do 26 de xuño de dereitos e garantidas da dignidade das persoas enfermas terminais.
- Decreto 29/2009, do 5 de febreiro, de uso e acceso á historia clínica electrónica.
- Lei 16/2003, do 28 de maio de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde.
- Real Decreto Lexislativo 1/2015, pola que se aproba o texto efundido de garantías e uso racional do medicamento.
- Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
- Declaración sobre Bioética e Dereitos Humanos da Unesco.
- Convenio Consello de Europa para a protección dos Dereitos Humanos e a dignidade do ser humano respecto das aplicacións da bioloxía e o medicamento (Convenio de Oviedo 1997)
- Declaración de Helsinki da Asemblea Médica Mundial.
- Código Deontolóxico da Enfermería Española.
- Convenio Internacional sobre a Diversidade Biolóxica.
- Declaración Universal sobre o Xenoma Humano.
1. Coñecer a lexislación aplicable e o Código Ético e Deontolóxico da enfermería española, inspirado no Código Europeo de Ética e Deontoloxía de Enfermería.
2. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
3. Individualizar o coidado considerando a idade, sexo, diferenzas culturais, grupo étnico, crenzas e valores.
Clases expositivas: Expoñeranse os conceptos fundamentais de cada tema e identificaranse as fontes de coñecemento para o adecuado estudo dos mesmos.
Clases interactivas. Seminarios: Realizaranse traballos ou casos prácticos nos que se tratará de fomentar a procura reflexiva por parte do alumnado dos distintos aspectos obxecto de estudo así como o seu posicionamento ante a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
Titorías grupais.: Nas titorías grupais analizaranse aspectos concretos da evolución dos distintos traballos e aspectos da aprendizaxe así como da orientación dos mesmos ou dúbidas que poidan xurdir respecto diso.
No caso de non poder realizar a docencia nun escenario epidemiolóxico de normalidade (sen restricións á presencialidade física) poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito no apartado de "Observacións".
Escenario 1 sen restriccións á presencialidade física (Normalidade adaptada)
O sistema de avaliación da aprendizaxe nun escenario epidemiolóxico de "normalidade adaptada" constará de avaliación continua e examen segundo a seguinte ponderación:
- Exame (complementario a avaliación continua) : 70 % da puntuación.
- Avaliación continua: 30 % da puntuación.
Na avaliación continua demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas mediante a elaboración de traballos e resolución de casos prácticos que se resolverán de forma individual ou en grupo. Valóranse parámetros como a presentación, manexo e procura das normas xurídicas, códigos ou declaracións de dereitos, capacidade resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a corrección na expresión e o adecuado uso da linguaxe xurídica.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito no apartado no aparatado de "Observacións"
Horas presenciais: 35 h.
Docencia expositiva 15 h.
Seminarios 15 h.
Titorías, exame 5 h.
Traballo persoal: 77,5 h
Estudo Individual 22,5 h.
Elaboración traballo en grupo 28 h.
Elaboración traballo individual 12 h.
Lecturas recomendadas 15 h.
As dificultades nacen fundamentalmente da linguaxe utilizada nos aspectos legais, xa que pode resultar diferente e novo no currículo. Débese traballar coas notas recollidas nas clases e seminarios buscando relacionalos con outras materias. É moi recomendable analizar as situacións que se experimentan nas prácticas hospitalarias cos coñecementos adquiridos durante o curso, procurando observalos desde unha perspectiva diferente e complementaria da esctrictamente asistencial.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
No escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física) optaremos por unha docencia semipresencial, polo que, nas clases expositivas os estudantes rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Sistema de avaliación da aprendizaxe no escenario 2:
O sistema de avaliación da aprendizaxe constará de avaliación continua e examen segundo a seguinte ponderación:
- Exame ( complementario a avaliación continua), representa o 70% da puntuación.
- Avaliación continua, que representa o 30% da puntuación.
Na avaliación continua demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas mediante grupos de traballo e casos prácticos que se resolverán de forma individual ou en grupo. Valóranse parámetros como a presentación, manexo e procura das normas xurídicas, códigos ou declaracións de dereitos, capacidade resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a corrección na expresión.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
No escenario 3 ( imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física) a docencia,tanto a expositiva como a interactiva, realizarase de xeito virtual a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
O sistema de avaliación da aprendizaxe neste escenario constará de avaliación continua e examen segundo a seguinte ponderación:
- Exame (complementario a avaliación continua), representa o 40% da puntuación.
- Avaliación continua que representa o 60 % da puntuación.
Na avaliación continua demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas mediante a elaboración de traballos e a resolución de casos prácticos que se resolverán de forma individual. Valóranse parámetros tales como a presentación, manexo e procura das normas xurídicas, declaración de dereitos, coñecemento bibliográfico, capacidade resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a corrección na expresión.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Manuel Gómez López
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- manuel.gomez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 15:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |
| Xoves | ||
| 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6 |
| 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 6 |
| 19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | AULA 6 |
| 18.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6 |
| 24.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GÓMEZ LÓPEZ, MANUEL | Castelán |