Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ao finalizar o estudo desta materia o alumno debe ser quen de:
- Coñecer as patoloxías mais frecuentes da cavidade oral e maxilofacial, aplicando os coidados de enfermería correspondentes.
- Adquirir as habilidades que lle permitan explorar os signos clínicos, poñer en práctica técnicas e coidados propios da enfermaría en patoloxías bucodentais.
- Coñecer , razoar e aplicar os métodos de prevención das enfermidades orais.
- Desenvolver plans de asistencia, seleccionar e darlle prioridade ás medidas de prevención das patoloxías máis importantes, fundamentalmente no ámbito da atención primaria.
Tema 1.- Cavidade oral e maxilofacial. Función e estructura.
Tema 2.- Erupción. Proceso eruptivo normal e patolóxico. Anomalías na dentición. Oclusión e Maloclusións. Prevención das anomalías eruptivas e das maloclusivas. Intervención de enfermaría.
Tema 3.- Microbioloxía oral. Ecosistemas Oráis. Biofilms oráis e placa bacteriana. Inflamación crónica dos tecidos e repercusións sistémicas.
Tema 4.- Concepto de saúde oral. Hixiene oral. Placa bacteriana e mecanismos de control.
Tema 5.- Dieta, flúor, nutrición e saúde oral. Actuación de enfermaría.
Tema 5.- Carie: etioloxía. Prevención e control. Aspectos de enfermaría.
Tema 6.- Enfermidade periodontal. Etioloxía, diagnóstico e tratamento. Aspectos de enfermaría.
Tema 7.- Patoloxía infecciosa da cavidade oral. Repercusións sistémicas.
Tema 8.- Patoloxía tumoral benigna da cavidade oral. Lesións premalignas da cavidade oral. Cancro de cara, boca e gorxa. Prevención. Actuación de enfermaría.
Tema 9.- Urxencias odontolóxicas. Traumatoloxía dento-alveolar e maxilofacial. Prevención e tratamento de urxencias.
Tema 10.- Xeroodontoloxía. Coidados de enfermería.
Tema 11.- Paciente oncolóxico. Prevención da mucosite. Paciente Cirúrxico e encamado. Coidados orais de enfermería.
Tema 12.- Embarazo e saúde oral. Educación sanitaria.
Tema 13.- Manifestacións orais das enfermedades sistémicas e crónicas. Diabete, Infección por VIH/SIDA.
• Anatomía para odontólogos. Tillman Marban. 1998.
• Anatomía. Lippert. Marban. 1999.
• Salud pública y educación para la salud. Ed, ICEPSS.
• Atención primaria. A.Martín Zurro. Ed,Harcourt Brace
• Manual de medicina escolar. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade.
• Fundamentos básicos en la práctica enfermera. Fundación para el desarrollo de la enfermería (FUDEN)
• Atlas de diagnóstico funcional y principios terapéuticos e odontología. Bumann. Masson. 2000.
• Programas básicos de salud, valoración geriátrica. Programa del anciano. Ed, Doyma.
• Atlas de patología oral. Reichart. Masson. 2000.
• Atlas de periodoncia. Rateitschak. Masson-Salvat. 1993.
• Caries. Thylstrup. Ediciones Doyma. 1988.
• Cirugía maxilofacial. Raspall. Panamericana. 1977.
• Medicina oral. Bagan J.V. Mason 1995.
• Anatomía dental y fisiologica. Oclusión de Wheeler.M.M.Ash.7ª edición .McGraw-Hill Interamericana.
• Esquemas clínico-visuales en patología bucal. J. Uriach y Cia. S.A.
• El flúor en la prevención de la caries dental. Smyth Ernesto. Díaz de Santos. 1992.
• Manual de urxencias bucodentarias. Galego P. Xunta de Galicia. 1995.
• Medicina bucal. Bascones. E Avances. 1991.
• Oclusión. Ash. Ramfjord. MacGraw-Hill Interamericana.1996.
• Odontología en atención primaria. Suárez Quintanilla Juan. Instituto Lacer de salud buco-dental.2000.
• Odontología preventiva y comunitaria. Emili Cuenca. Masson.1999.
• Odontología preventiva. Silverstone. Edicións Doyma.1980.
• Odontopediatría. Barbería Leache. Masson.1995.
• Patología dentaria. Nada.-Valldaura. E. Rondas. 1987.
• Tumores de cara, boca, cabeza e garganta. Raspall. 2000.
Información en internet:
Biblioteca da USC.
http.//busc.usc.es
Adquirir as habilidades que permitan explorar os signos clínicos, poñer en práctica técnicas e coidados propios da enfermaría nas patoloxías bucodentais.
Desenvolver plans de asistencia, seleccionar e dar prioridade as medidas de prevención das patoloxías máis importantes, fundamentalmente no ámbito da atención primaria.
Adquirir as habilidades para transmitir a educación bucodental no marco da Atención Primaria.
Desenvolver capacidade crítica dos coñecementos e discernir entre a evidencia clínica e a práctica clínica.
Desenvolver capacidades na resolución de problemas.
Aumentar a capacidade do alumno para realizar aprendizaxe autónomo.
Docencia expositiva:
O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo o estudante proceder ao estudo destes baseándose nos apuntamentos tomados en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografia.
Docencia interactiva:
Para os efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto do profesor e un grupo reducido de alumnos estuda intensivamente un tema en sesións planificadas, recorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
Tutorias grupais:
Pensadas para atender as necesidades de formación complementaria, así como para guiar o estudante no cumprimento das metas académicas do grupo.
Así mesmo son un espazo de comunicación para que os estudantes poidan revisar e discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
Avaliación continua e global.
Asistencia ás actividades e clases.
Traballo do alumno.
Escenario 1 (Normalidade adaptada)
A avaliación continua da materia realizarase segundo os seguintes criterios:
- Avaliación de coñecementos (representará o 70% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante proba escrita.
- Avaliación de habilidades (representará o 25% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupales.valiacióna través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
- Avaliación de actitudes (representará o 5% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas, interactivas e salga de simulación e poderá sumar ou restar na cualificación final.
Para superar a materia o alumno deberá obter, como minimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrito (obterase mediante a media ponderada desta).
Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto dos porcentaxes expostos anteriormente.
Ampliación de coñecementos a través da biografía e utilización das tutorias
Tempo de estudo e traballo persoal
- 18 horas de docencia teórica.
- 18 horas de docencia de seminarios.
- 76,5 horas de dedicación e traballo persoal.
-Asistencia e participación activa na clase.
-Estudo e revisión semanal da materia dada, utlilizando material bibliográfico para entender e afondar na información obtida dos coñecemetos adquiridos.
-Aclaración de posibles dúbidas co profesor
O Programa da materia esta suxeto as modificacions e tamen a actualizacion loxicas que xorden nas areas do coñecemento da saude.
Observacións
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escesnario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final:
- Exames parciais e/ou final que representa o 70% da cualificación global.
- Avaliación continua, que representa o 30% da cualificación global: demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante grupos de traballo e casos clínicos que se resolverán de forma individual ou en grupo; nesta docencia interactiva, valóranse os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a exposición oral.
A asistencia á docencia teórica, titorias grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria.
É imprescindible superar todas as avaliacións para aprobar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Avaliación continua mais exame final.
- Exame final que representa o 70% da nota.
- Casos clínicos e traballos individuais: 30% da nota. demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante traballos; valorándose os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Profesora:
Paz López Eimil. mpalopeim [at] msn.com (mpalopeim[at]msn[dot]com) //paz.lopez [at] usc.es (paz[dot]lopez[at]usc[dot]es)
Paz López Eimil
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- paz.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
| 28.05.2024 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula de Informática/AULA 17 |
| 16.07.2024 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula de Informática/AULA 17 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| López Eimil, Paz | Galego |