Obxectivos da materia
Dotar ao alumnado das técnicas estatísticas indispensables na experimentación en Ciencias da Saúde en xeral, e en Enfermería en particular. Capacitándoo para a análise de datos e para o razoamento estatístico. Aprender o manexo de software estatístico para a resolución de problemas estatísticos.
Contido
ESTATÍSTICA (18 horas expositivas, 10 horas de seminario e 8 horas de prácticas na aula de Informática)
Tema 1. Estatística descritiva.
1.1 Conceptos xerais.
1.2 Distribucións de frecuencias.
1.3 Representacións gráficas.
1.4 Medidas características: posición, dispersión e forma.
1.5 Descritiva bidimensional. A recta de regresión.
Tema 2. Probabilidade.
2.1 Conceptos básicos de probabilidade.
2.2 Probabilidade condicionada e independencia.
Tema 3. Variables aleatorias.
3.1 Concepto de variable aleatoria.
3.2 Variables aleatorias discretas.
3.3 Variables aleatorias continuas.
Tema 4. Introdución á inferencia estatística.
4.1 Introdución á inferencia estatística.
4.2 Métodos de mostraxe.
4.3 Distribucións na mostraxe en poboacións normais.
4.4 Estimación de parámetros: estimación puntual e estimación por intervalos.
Tema 5. Contraste de hipótese.
5.1 Introdución aos contrastes de hipóteses.
5.2 Procedemento de contraste.
5.3 Contrastes nunha e en dúas poboacións.
5.4 Contrastes no modelo e regresión lineal simple.
5.5 Contrastes de independencia e normalidade.
Prácticas de aula de informática (6 horas)
Práctica 1. Introdución a SPSS. Estatística descritiva.
Práctica 2. Contraste de hipótese.
Práctica 3. Análise bivariante e regresión con SPSS
Práctica 4. Introdución R
Bibliografía básica e complementaria
O profesorado distribuirá, a través do curso virtual, materiais adaptados ao contido do programa. Son suficientes para seguir a materia en calquera escenario.
BÁSICA
Crujeiras Casais, R.M. e Faraldo Roca, P. (2010) Manual de Estadística Básica para Ciencias de la Salud. Unidixital.
Martínez González, Sánchez Villegas, Toledo Atucha & Faulin Fajardo (2019) Bioestadística amigable, Edición 4. Elsevier.
Rius Díaz, F. e Wärnerberg Wärnerberg, Julia (2014): Bioestadística. Paraninfo.
COMPLEMENTARIA
Cao Abad, R. e outros (2001) Introdución á Estatística e as súas aplicacións. Edicións Pirámide.
Quesada, V. e outros (1996) Estatística para Bioloxía e Ciencias da Saúde. Interamericana- McGraw- Hill (3ª edición).
Rosner, B. (2000) “ Fundamentals of Bioestatistics”. Wadsworth Publishing Company. Duxbury Press (5ª edición).
Competencias
Dentro desta materia, tratarase de contribuír a que o alumnado alcance as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enfermería de USC:
Básicas:
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xenerais:
CG3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermería.
CG6. Basear as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
CG14. Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científicos–técnicos e os de calidade.
Transversais:
CT1. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT5. Capacidade para a resolución de problemas.
CT7. Capacidade de análise e síntese.
CT9. Capacidade para a toma de decisións.
CT14. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
CT16. Habilidades de investigación.
CT17. Habilidades básicas de manexo de computadores.
Específicas:
CE6.Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
Metodoloxía da ensinanza
Nas sesións de docencia expositiva, explicarase os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de maneira que o alumnado poida traballar sobre os boletíns de exercicios que se lle facilitarán. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario. As clases interactivas de laboratorio levasen a cabo na aula de informática onde se introducirá ao alumnado no manexo do Paquetes estatísticos. Nesta sesión tamén se traballará sobre os casos clínicos compartidos con outras materias do curso. Para o seguimento das clases prácticas, facilitarase ao alumnado o guion das mesmas. A outra parte da docencia interactiva realizarase na aula de clase e estará encamiñada á resolución de problemas
As titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado.
Sistema de avaliación
Avaliación continua (20%): a avaliación continua contempla varias probas ao longo do curso, incluíndo entre elas a resolución e entrega de casos prácticos que propoñerá o profesorado. Para a súa avaliación, será necesario asistir ao 75% das sesións interactivas, como mínimo. Esta cualificación consérvase entre convocatorias do mesmo curso académico.
Curso virtual de Formación en Competencias informacionales en Enfermería (10%).
Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co paquete estatístico utilizado na docencia interactiva.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo (30%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Tempo de estudo e traballo persoal
Nesta materia, o alumnado conta con 36 horas de docencia presencial (18 horas de docencia expositiva e 18 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns ou da bibliografía recomendada).
Recomendacións para o estudo da materia
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Observacións
O Alumnado disporá dos materiais da materia no Campus Virtual (Moodle). Nestes materiais están os contidos (teóricos e prácticos) da materia.