Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 8 Total: 25.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais problemas de saúde crónicos no ámbito da psiquiatría, tendo en conta a educación sanitaria ao paciente e á familia.
- Facilitar as ferramentas para a elaboración de plans de coidados de enfermaría especializados no contexto da relación de axuda, para os pacientes con necesidades de atención psiquiátrica.
- Identificar a capacidade de decisión do paciente, a súa familia e achegados, tendo en conta as súas limitacións e excepcións.
- Aplicar o Proceso de Atención de Enfermaría nos coidados de atención psiquiátrica garantindo a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
- Integrar principios éticos e legais na práctica da enfermaría en atención psiquiátrica.
- Desenrolar as habilidades do proceso de ensinanza-aprendizaxe para continuar coa formación posterior cunha alta autonomía.
- Módulo I: Coidados de enfermaría en pacientes con trastornos mentais crónicos.
- Módulo II: Proceso de Atención de Enfermaría.
- Módulo III: Aportacións terapéuticas da enfermaría ao equipo interprofesional.
- Bibliografía Básica:
1. Blasco Fontecilla H. Guía práctica sobre el suicidio y conductas relacionadas. Madrid: Editorial Síntesis; 2022.
2. Fornés Vives J, Carballal Balsa MC, Merino Garrido V. Enfermería de salud mental y psiquiátrica: guía práctica de valoración y estrategias de intervención. Madrid: Médica Panamericana; 2001.
3. Fornés Vives J. Enfermería de salud mental y psiquiátrica: valoración y cuidados. 2nd ed. Madrid: Médica Panamericana; 2011.
4. Fornés Vives J. Enfermería de salud mental y psiquiátrica: planes de cuidados. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2001.
5. Galvis López, M.A. (2015). Teorías y modelos de enfermería usados en la enfermería psiquiátrica. Cuidarte, 6(2), 1107–1120. Disponible en línea.
6. Megías-Lizancos, F., & Serrano Parra, M.D. (2009). Enfermería en psiquiatría y salud mental (2ª ed). Difusión Avances de Enfermería.
7. Ramos Ramos, P. (2012). Cuidados de enfermería al paciente con trastornos psiquiátricos (2ª Ed.). Editorial ICB. Disponible en línea.
- Bibliografía Complementaria:
1. Guía práctica sobre el suicidio y conductas relacionadas / Blasco Fontecilla, Hilario.
2. Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
3. Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
4. Cinahl: https://web-s-ebscohost-com.ezbusc.usc.gal/ehost/search/basic?vid=0&sid…
5. PsycInfo: https://www.proquest.com/psycinfo/index?accountid=17253&parentSessionId…
6. Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía y Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
7. Asociación Española de Enfermería de Salud Metal: https://www.aeesme.org/
8. NNNConsult: https://www-nnnconsult-com.ezbusc.usc.gal/
- Básicas:
CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
- Xerais:
CG2: Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
CG3: Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
CG9: Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
- Transversais:
CT2: Capacidade para traballar en equipo.
CT3: Motivación.
CT11: Habilidades interpersoais.
- Específicas:
CE13: Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
CE24: Coñecer os problemas de saúde mental mais relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría.
- Docencia expositiva: Basearase en leccións maxistrais presenciais, expostas polo/a docente onde explicaranse os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Abriranse turnos de preguntas e debates.
- Docencia interactiva: Sesións presenciais que tratarán sobre temas específicos da materia, que poden complementar ou desenrolar aspectos concretos introducidos na docencia expositiva. Nestas sesións fomentarase a participación activa do alumnado, o traballo en equipo, a resolución e aplicación da teoría e o debate baseado en argumentos racionais e científicos.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA EXPOSITIVA: levarase a cabo a avaliación do dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas tipo test ou preguntas cortas. Terá un valor na nota final de 60%.
DOCENCIA INTERACTIVA: Valorarase a participación activa, capacidade de traballo en equipo, comportamento e calidade das tarefas presentadas durante a docencia interactiva. Este apartado terá un valor na nota final do 40%. Tanto o número de tarefas coma o período de entrega destas comunicarase con suficiente antelación, sendo visibles a través do campus virtual. Non se recollerán ningunha tarefa que non sexa entregada a través da plataforma indicada (campus virtual, correo electrónico, Teams), dentro do período indicado e no formato requirido (.pdf, .doc,. pptx).
CONSIDERACIÓNS XERAIS:
- Para a superación da materia será obrigatorio superar tanto a proba teórica coma os traballos persoais r/ou en grupo. No caso de non alcanzar a mínima puntuación requirida en cada unha das partes, non se superaría a materia.
- A asistencia á docencia expositiva e interactiva é condición indispensable para poder superar a materia, de acordo coa normativa de asistencia da Universidade. So se aplicarán excepcións de docencia nos casos determinados polo centro nas clases expositivas, pero non nas interactivas.
- Os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación segundo o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 3 ECTS.
Nesta materia, o alumnado conta con 25,5 horas de docencia presencial (16 horas de docencia expositiva, 8 horas de docencia interactiva e 1,5 horas de titoría). Por cada hora de docencia expositiva, considéranse necesarias 1,5 horas de traballo do alumnado.
Con respecto á docencia interactiva, por cada hora considéranse necesarias unha hora para a revisión da clase.
Ademais do mencionado, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución das problemáticas plantexadas durante as distintas docencias.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar as actividades recomendadas polo docente, como a resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos, para obter as capacidades necesarias para superar con éxito a materia.
Atendendo ao artigo 9.2 do Estatuto do Estudante da USC e o artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfono móbiles, tabletas, ordenadores, etc.) salvo cando o autorice expresamente o/a docente para fins didácticos.
David Rey Bretal
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- davidrey.bretal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |