Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 20 Total: 27.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Introducir ao alumno na Ciencia Enfermeira marcando e delimitando as bases do que será a súa profesión futura.
-Adquirir coñecementos básicos de Enfermería, para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
-Desenvolver habilidades e destrezas que permitan realizar os procedementos básicos de coidado de Enfermería.
-Fomentar no alumnado un espírito crítico e de integración ao traballo en equipo.
Tema 1. Coidados básicos do paciente encamado. Hixiene. Cambios posturais. Prevención das UPP.
Tema 2. Comunicación
Tema 3. Monitorización de signos vitais
Tema 4. Procedementos básicos ao ingreso. ECG. Osixenoterapia. Illamentos.
Tema 5. Coidado das feridas. Mantemento e manexo de drenaxes. Coidados das ostomías.
Tema 6. Sondaxes
Tema 7. Preparación e administración de medicación.
Tema 8. Vía parenteral.
Tema 9. Vendaxes. Inmovilizacións e vendaxes compresivos.
Tema 10. Soporte Vital Básico adulto e pediátrico.
-Jamieson, E. Procedimientos de Enfermería clínica. 5ª ed, Barcelona. Elsevier. 2008.
-Perry, A., Potter, P. Guía Mosby de habilidades y procedimientos en enfermería. Elsevier. 2019
-Potter, P. Perry, A., Stockert, P. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
-Zabalegui Yárnoz, A., Lombraña Mencía, M. Administración de medicamentos y cálculo de dosis. 3ª ed. Elsevier. 2020
Catálogo de recursos electrónicos da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA:
Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas.
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Fémora: https://femora.sergas.es/
Competencias básicas:
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
Competencias xerais:
-Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desarrollo dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Basar as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
- Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros y fomentar a educación para a saúde.
Competencias específicas da materia:
-Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
-Dirixir, avaliar e prestar os cuidados integrais de enfermería, ao individuo, á familia e á comunidad.
-Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidado de enfermería, establecendo unha relación terapéutica co paciente e familiares. Seleccionar as intervencións encaminadas a tratar e previr os problemas derivados das desviacións da saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros da equipa.
Competencias transversais:
CT1.Capacidade de aplicar coñecementos á práctica.
CT2.Capacidade para o traballo en equipa
CT3.Motivación
CT4.Compromiso ético.
CT5.Capacidade para a resolución de problemas.
CT6.Coñecementos básicos da profesión.
Resultados que adquire o alumnado:
-Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
-Dirixir, avaliar e prestar os cuidados integrais de enfermería, ao individuo, á familia e á comunidad.
-Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. Realizar as técnicas e procedementos de coidado de enfermería, establecendo unha relación terapéutica co paciente e familiares. Seleccionar as intervencións encaminadas a tratar e previr os problemas derivados das desviacións da saúde. Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros da equipa.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
1. DOCENCIA EXPOSITIVA: Se traballarán os contidos teóricos da materia a través da metodoloxía Flipped Clasroom. De este xeito, presentaranse ao alumnado os temas a desenrolar aportando recursos docentes a través da plataforma Campus Virtual e realizarase a resolución de dúbidas durante as sesións presenciais. Ademáis, proporanse actividades para a aplicación dos coñecementos adquiridos.
2. DOCENCIA INTERACTIVA:
LABORATORIOS: realización de prácticas en laboratorio para a adquisición de habilidades básicas de enfermería mediante emprego de material específico e simuladores para a realización e aprendizaxe dos procedementos de coidado contidos no programa da materia. Nas sesións interactivas se traballará a adquisición de competencias técnicas e non técnicas a través da simulación. Para a realización da docencia interactiva poderá solicitarse previamente a demostración da adquisición dos coñecementos teóricos requeridos por medio de actividades indicadas polo profesorado da materia. A non realización ou superación destas actividades repercutirá sobre a cualificación final.
Utilización das ferramentas proporcionadas polas USC para o seguimento da materia e comunicación co alumnado
As probas finais terán carácter presencial.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
1.DOCENCIA TEÓRICA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 60% e será necesario superar esta fase para superar a materia.
2.DOCENCIA INTERACTIVA: mediante avaliación continua e avaliación puntual de competencias obxectiva e estructurada (ACOE). A información relativa ao desenvolvemento da proba será comunicada con antelación á realización desta e será necesario superar esta fase para superar a materia.
2.2 PRÁCTICAS DE LABORATORIO: a asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo imprescindible ter o 90% de asistencia para poder superar a materia. Valorarase o cumprimento de horarios, asistencia, participación, coñecementos, actitude e aptitudes. A avaliación das prácticas de laboratorios terá un valor na nota final do 40%.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.-O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia a clases expositivas, seminarios e prácticas, repercutirá na non superación da materia.
2.-Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas pero non nas interactivas.
3.-Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia teórica como a docencia interactiva.
4.-Valorarase a actitude do estudantado, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara o profesorado e resto de compañeiras/os, así como o cumprimento de horarios.
5.-Cando o alumnado non se presente á proba final escrita ou práctica, considerarase non presentado.
6.-Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
7.-A asistencia ás prácticas de laboratorios é requisito preceptivo para superar a materia. O número máximo de faltas non xustificadas ao longo do curso académico é de 1.
8.-Xustificación das faltas. Para considerar unha falta como xustificada debe presentarse ao profesorado responsable da materia (nun prazo máximo de 1 semana dende o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia sexa debida a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudantado deberá comunicalo coa antelación suficiente para solicitar a asistencia á práctica con outro grupo de labortorio con horario compatíbel.
9.-A non realización ou superación das actividades requeridas previas ás prácticas de laboratorio terá unha repercusión na cualificación final.
10.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada ECTS equivale a 25h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario adicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter acceso ás ferramentas telemáticas de seguimento da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
Cristina Jorge Soto
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- cristina.jorge [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Nuria Garcia Couceiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- n.garcia.couceiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Santiago Martinez Isasi
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- santiago.martinez.isasi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_06 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_08 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_07 | Castelán | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Edif. Xoán XXIII) |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 (Edif. Xoán XXIII) |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Simulación 3, 4, 5 (Clínica II-Edif. Xoán XXIII) |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Simulación 3, 4, 5 (Clínica II-Edif. Xoán XXIII) |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Lab. 4.06 (Edif. Xoán XXIII) |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Lab. 4.06 (Edif. Xoán XXIII) |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio Procedementos de Enfermería |
06.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Laboratorio Procedementos de Enfermería |