Obxectivos da materia
- Dotar dun fundamento teórico os coñecementos de química dos alumnos, máis amplo e rigoroso que o procedente da Química Xeral.
- Mostrar a forma na que este fundamento permite abordar problemas de certo nivel de complexidade pertencentes ao ámbito da Química, a Bioloxía, a Medicina e a Farmacoloxía.
- Pór en contacto os alumnos con procedementos experimentais directamente relacionados coa disciplina.
Contido
Bloque I: Equilibrio material en sistemas dun compoñente:
Lección 1: Condición xeral de equilibrio entre fases. Variables intensivas independentes: regra das fases. Equilibrio de fases en sistemas dun compoñente: diagramas de fases. Ecuaciones de Clapeyron e de Clausius-Clapeyron.
Bloque II: Equilibrio de fases en sistemas de varios compoñentes:
IIa) Disolucións e líquidos inmiscibles
Lección 2: Mesturas líquidas de compoñentes volátiles, miscibles entre sí en todas as proporcións, en equilibrio co seu vapor. Disolucións ideais: Lei de Raoult; diagramas presión-composición e temperatura-composición. Disolucións non ideais: Lei de Henry (disolución de gases en líquidos); diagramas presión-composición e temperatura-composición. Destilación. Líquidos inmiscibles en equilibrio cos seus vapores: destilación en corrente de vapor. Interpretación molecular do comportamento das disolucións. Termodinámica das disolucións: concepto de actividade termodinámica a partir do potencial químico.
Lección 3: Disolucións de soluto non volátil: propiedades coligativas. Descenso da presión de vapor. Aumento da temperatura de ebulición. Descenso da temperatura de conxelación. Osmose e presión osmótica. A osmose en Bioloxía e en Farmacia. Propiedades coligativas en disolucións de electrólitos. Aplicacións das propiedades coligativas á determinación de masas moleculares. Distribución dun soluto entre dous líquidos inmiscibles: coeficiente de repartición ou de reparto. Determinación da solubilidade de fármacos.
IIb) Interfaces e sistemas dispersos:
Lección 4: Fenómenos de superficie.- Introdución á termodinámica de superficies: interface e tensión interfacial. Mollado: ángulo de contacto. Adsorción. Tensioactivos.- definición e clasificación. Disolucións de tensioactivos: monocapas. Aplicacións dos tensioactivos.
Lección 5: Sistemas coloidais.- Sistemas dispersos. Coloides: definición e clasificacións. Propiedades dos coloides. Disolucións de macromoléculas. Coloides de asociación: micelas. Dispersións coloidais.
Bloque III: Equilibrio químico e electroquímico:
Lección 6: Equilibrio químico. Condición termodinámica de equilibrio químico. Equilibrio químico en fase gaseosa. Equilibrio químico en disolución. Equilibrio químico heteroxéneo. Factores que modifican o estado de equilibrio químico: influencia da presión, da temperatura e da adición de compoñentes reactivos e inertes. O cociente de reacción como criterio de espontaneidade e equilibrio: a isoterma de reacción.
Lección 7: Equilibrios en disolucións de electrolíticas. Equilibrios de disolución: producto de solubilidade. Coeficiente de actividade iónica media. Ecuación de Debye-Hückel. Forza iónica. Resultados experimentais das medidas do coeficiente de actividade iónica media. Influencia do ión común e de sales neutras sobre a solubilidade de sales pouco solubles. Equilibrios de disociación de ácidos e bases débiles monopróticos. Disociación de aminoácidos e proteínas: punto isoeléctrico. Equilibrio químico con especies cargadas: potencial electroquímico. Os fluídos biolóxicos como disolucións electrolíticas. Tansporte de ións a través de membranas.
Bibliografía básica e complementaria
"Química ´Física”. T. Engel y P. Reid. Ed. Addison-Wesley
"Fisicoquímica para Farmacia y Biología". P. Sanz y otros. Ediciones Científicas y Técnicas S.A., SALVAT.
"Fisicoquímica". I. N. Levine. Ed. McGraw-Hill.
"Fisicoquímica". P. W. Atkins. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana.
"Fisicoquímica". D.W. Ball. Ed. Thomson.
Competencias
- FM01.- Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
- Q05.- Coñecer as características físico-químicas das sustancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
- Q06.- Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
- TF03.-Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición, en función das súas vías de administración.
- TF05.-Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
- MF01.-Utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
- CP01.-Capacidade crítica e autocrítica.
- CI01.- Capacidade de análise e síntese
- CP05.-Capacidade de comunicarse con expertos doutras áreas
Metodoloxía da ensinanza
Utilizaranse:
- Clases expositivas en grupo grande: leccións presenciais impartidas polo profesor nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia e propóñense e realizan problemas básicos de aplicación dos mesmos.
Tamén plantéxanse actividades complementarias que debe realizar o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluídos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
- Clases interactivas en grupo reducido: clase teórico/práctica presencial na que se propóñen e resolven dúbidas e aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, sesións relativas a algunha aprendizaxe cooperativa proposta, etc. A asistencia a estas clases interactivas en grupo reducido será obrigatoria.
- Titorías de “pizarra” en grupos moi reducidos: Titorías presenciais programadas polo profesor. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas programadas.
- Clases prácticas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo de laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas e tras a realización das experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica o alumno recollerá no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando estes para a súa avaliación.
Sistema de avaliación
A cualificación global na 1ª convocatoria do curso, será a resultante de sumar a obtida no exame de teoría e problemas máis a correspondente á avaliación continua e máis a obtida nas prácticas de laboratorio. Se o alumno non ten realizadas e aprobadas as prácticas de laboratorio, non poderá superar a materia.
O exame teórico estará composto de varias cuestións diferentes aplicadas e con varios apartados cada unha delas .O de problemas estará composto por dous problemas, tamén con apartados diferentes. A cualificación máxima que se pode alcanzar no exame de teoría e problemas será de 8 puntos, correspondendo 5,5 puntos á teoría e os 2,5 restantes á nota de problemas. Un requisito indispensable para aprobar a materia será obter unha nota igual ou superior a 2 en teoría e igual ou superior a 1 en problemas. Os exames faránse de xeito presencial.
A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 1,5 puntos e establecerase tendo en conta: a participación activa do alumno nas clases interactivas, a realización de actividades propostas, a asistencia a titorías, as notas correspondentes ás probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. Para que o alumno poida acceder á cualificación correspondente á avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia do alumno ás clases interactivas.
Os alumnos repetidores que o desexen, poden manter a calificación da evaluación continua correspondente ao curso anterior sen ter que asistir as clases interactivas, sendo requisito indispensable ter firmado, ao principio do cuadrimestre, un documento acreditativo de dito compromiso co profesor encargado da asignatura.
Ao final das prácticas realizarase un exame, do que a cualificación máxima será de 0,5 puntos. O alumno deberá tamén entregar o caderno de prácticas que será revisado polo profesor (non se considerarán as prácticas feitas sin o visto visto bo do mesmo). Os 0,5 puntos máximos do exame, só lle computarán na nota global do ano da súa realización e os anos seguintes eses 0,5 puntos estarán dentro da porcentaxe asignada á avaliación continua.
Na segunda convocatoria do curso académico, só se realizará o exame de teoría e
problemas, conservándose a cualificación correspondente ás prácticas e a á avaliación continua obtida durante o curso. As notas máximas sobre as que se calificarán estas duas partes do examen e os mínimos requeridos en cada unha serán os mesmos que os da primera convocatoria. Manterase tamen os requisitos de ter realizado e aprobado as prácticas asi como ter cuberta a asistencia obrigatoria ás clases interactivas durante o curso.
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura realizarase a través das seguintes vías:
No exame: as competencias específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 e as transversais: CP01 y CI01.
Nas clases interactivas: as específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 y MF01 e as transversais: CP01, CI01 Y CP05.
Nas prácticas de laboratorio: as específicas: Q05, Q06, FT05 e MF01 e as transversais: CP01 y CI01
Tempo de estudo e traballo persoal
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60 HORAS)
- Clases expositivas : 30 horas
- Clases interactivas de "pizarra": 15 horas
- Clases interactivas de prácticas de laboratorio: 9 horas
- Titorías (grupo moi reducido): 2,5 horas
- Exame de teoría e problemas e a súa revisión: 3,5 horas
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO (90 HORAS)
- Clases expositivas (estudio autónomo individual ou en grupo): 48 horas
- Clases interactivas de "pizarra" (resolución de exercicios, ou outros traballos): 24 horas
- Clases interactivas de prácticas de laboratorio (preparación previa e análise posterior dos
resultados obtidos): 6,5 horas
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 2,5 horas
- Preparación de exames: 9 horas
Recomendacións para o estudo da materia
Repaso ou posta ao día dun conxunto mínimo de coñecementos de matemáticas (cálculo infinitesimal e xeometría analítica), física (mecánica, electricidade, sistemas de unidades) e química xeral.
Dedicación regular ao estudio da materia (períodos curtos diarios ou cada dous días, mellor que semanais).
Evitar introducirse nun capítulo sen alcanzar un certo grao de comprensión do anterior.
Adicar un esforzo especial á comprensión do significado ou natureza dalgúns contidos teóricos estratéxicos, así como aos métodos xerais de resolución dos problemas.
Observacións
Utilizarase a plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante da comunicación cos alumnos.