Contido
Contidos:
Bloques Temáticos e Obxectivos específicos:
* -Conceptos xerais:
Temas:
1. Definicións e conceptos.
2. Recordo histórico.
Obxectivos:
-Enumerar os diferentes tipos de transplante segundo a orixe do enxerto, o tipo de implante, e as características anatómicas deste.
-Ser capaz de relatar, de xeito resumido, a evolución histórica dos transplantes de órganos, e citar, polo menos, cinco dos seus principais protagonistas.
* -Inmunobioloxía dos transplantes:
Temas:
3. Recordo inmunolóxico:
.Resposta inmunolóxica.
.Identidade inmunolóxica.
.Compatibilidade biolóxica.
.Tolerancia.
4. Rexeitamento: Características e tipos.
Obxectivos:
-Describir os principais elementos do sistema inmune.
-Recordar nocións básicas sobre resposta inmunolóxica en xeral e a células estrañas en particular.
-Describir os sistemas de identidade biolóxica.
-Definir os diferentes niveis existentes de compatibilidade biolóxica en xeral e inmunolóxica en particular.
-Definir o concepto de tolerancia inmunolóxica e citar algunhas situacións que demostren a súa existencia.
-Definir o concepto de rexeitamento dun aloinxerto e os seus condicionantes.
-Describir os diferentes tipos de rexeitamento, en función do tempo de presentación e a resposta inmunolóxica.
-Recoñecer histoloxicamente os elementos estándar distintivos do rexeitamento agudo e do rexeitamento crónico.
* -Organización e aspectos legais.
Temas:
5. Organización e coordinación de transplantes.
6. Transplantes no mundo.
Obxectivos:
-Enumerar as diferentes leis que regulan os transplantes de órganos no noso país, e citar algúns exemplos de países con lexislación diferente.
-Describir o chamado "Modelo español", de organización a nivel nacional.
-Discutir os criterios seguidos no noso país para a distribución de órganos.
-Describir a estrutura organizativa a nivel do Hospital Xeral de Galicia.
-Esquematizar o desenvolvemento dun transplante de fígado realizado en Santiago cun donante doutra cidade.
* -Donante.
Temas:
7. Donantes potenciais. Morte cerebral.
8. Manexo do donante en morte cerebral.
9. Extracción multiorgánica.
10. Preservación de órganos para transplante.
Obxectivos:
-Citar os criterios que rexen en España para o diagnóstico de morte cerebral.
-Describir as posibles situacións para xerar donación de órganos. Posibles fontes de donación de órganos.
-Realizar un listado dos diferentes órganos e tecidos que poden doarse para a súa aplicación clínica na actualidade.
-Enumerar os problemas fundamentais no mantemento dun donante potencial e o seu tratamento.
-Enumerar os requisitos básicos esixibles para aceptar unha donación.
-Elaborar unha lista cos principais criterios de aceptación dos diferentes órganos e tecidos.
-Definir os criterios de compatibilidade esixidos para cada órgano.
-Describir as fases principais dunha extracción multiorgánica.
-Describir as principais fases do proceso de morte celular.
-Describir os principios básicos de protección de órganos contra a isquemia.
-Especificar os diferentes tipos de preservación e o tempo máximo de isquemia admitido para riñón, fígado, corazón, pulmóns e páncreas.
* -Inmunosupresión.
Temas:
11. Conceptos xerais en inmunosupresión.
12. Fármacos inmunosupresores.
13. Pautas clínicas de inmunosupresión.
Obxectivos:
-Describir os diferentes tipos de inmunosupresión utilizados en clínica humana.
-Citar os principais grupos de medicamentos inmunosupresores segundo o seu mecanismo de acción básico.
-Describir e discutir, polo menos, tres pautas de inmunosupresión para prevención do rexeitamento utilizadas en clínica, enumerando os principais efectos secundarios e toxicidade a curto prazo de cada unha delas.
-Enumerar os principais problemas derivados da inmunosupresión a longo prazo.
-Describir e discutir o tratamento máis habitual para o rexeitamento agudo e o rexeitamento crónico, dos diferentes órganos.
* -Transplante de órganos sólidos.
Temas:
14. Transplante riñón.
15. Transplante riñón-páncreas.
16. Transplante hepático.
17. Transplante cardíaco.
18. Transplante pulmonar.
19. Transplante de Intestino.- Transplante de máis dun órgano.
20. Transplante de Médula ósea
21. Transplante de Cartílago e Óso. Banco de Tecidos
22. Transplantes Oculares
23. Complicacións infecciosas no enfermo transplantado.
24. Coidado e tratamento intensivo do enfermo transplantado.
25. Seguimento e complicacións a longo prazo do enfermo transplantado.
Obxectivos:
-Describir os criterios de selección de enfermos, tipos técnicos e resultados a curto e longo prazo, no transplante renal, hepático, cardíaco, pulmonar, cardiopulmonar ,intestinal e pancreático en adultos e nenos.
-Citar e discutir os diferentes tipos de transplantes múltiples sincrónicos e metacrónicos.
-Enumerar as principais peculiaridades anestésicas e complicacións intraoperatorias dos transplantes de riñón, riñón-páncreas, fígado, corazón, unipulmonar, bipulmonar, cardiopulmonar.
-Facer un listado das principais complicacións derivadas do enxerto, para os transplantes de riñón, páncreas, fígado, corazón e pulmón.
-Elaborar un esquema simple de diagnóstico do rexeitamento en transplantes de riñón, páncreas, fígado, corazón e pulmón, especificando os principais signos e síntomas de sospeita.
-Esquematizar un calendario das principais complicacións infecciosas no enfermo transplantado.
-Enumerar as principais complicacións relacionadas con toxicidade da inmunosupresión, á marxe das infeccións, no postoperatorio inmediato de calquera transplante.
-Elaborar unha pauta estándar de seguimento ambulatorio a longo prazo que puidese valer para calquera tipo de transplante.
-Enumerar as principais limitacións e medidas de profilaxis no enfermo transplantado.
-Facer unha lista -por órganos e sistemas- das principais complicacións a longo prazo ( con independencia do órgano transplantado ) que se poden atopar nun enfermo transplantado.
* -Aspectos psicolóxicos, psiquiátricos e sociais.
Temas:
26. Aspectos psicolóxicos, psiquiátricos e sociais dos transplantes de órganos.
Obxectivos:
-Coñecer a actitude e resposta do enfermo ante a proposta dun transplante vital.
-Describir situacións psico-sociais que poden supoñer unha contraindicación relativa para o transplante.
-Enumerar as principais complicacións psiquiátricas no enfermo transplantado.
-Coñecer os problemas de rol e integración familiar e social tralo transplante.
-Tomar conciencia das vivencias experimentadas polos enfermos transplantados.
-Describir os principais aspectos que condicionan mellóraa na calidade de vida dun transplantado.
* -Investigación.
Temas:
27. Investigación en transplantes. Transplantes celulares
28. Xenotransplante.
29. Órganos artificiais.
Obxectivos:
-Coñecer as principais líneas de investigación básicas e clínicas así como os problemas pendentes de solución satisfactoria. Transplantes celulares (hepatocitos, islotes, células nai...)
* -Ética e transplante.
-Temas:
30. Ética e transplante.
Obxectivos:
-Obter unha visión obxectiva dos problemas actuais da aplicación clínica dos transplantes e das repercusións que a investigación poida traer no futuro.
Sistema de avaliación
Seguiranse os seguintes criterios:
ACTITUDES
-Asistencia mínima ao 75 % das actividades, salvo causa xustificada.
-Valoración do profesorado respecto da participación do alumno nas actividades teóricas e prácticas. Esta valoración será positiva, normal ou negativa.
COÑECEMENTOS
-Exame escrito con preguntas de elección múltiple ( PEM ) con cinco respostas posibles e unha soa correcta.
Cualificación final:
1. Apto:
-Asistencia ao 75 % das actividades programadas.
-Valoración normal ou positiva da actitude.
-Superación do exame PEM co 50% de puntos posibles, tendo en conta que cada resposta incorrecta supoñerá a perda de 1/5 do valor da pregunta.
2. Non Apto:
-Incumplimento dalgún dos criterios anteriores.
3. Notable:
-Asistencia entre o 75 e 90 % das actividades.
-Valoración normal ou positiva das actitudes.
-Superación do exame PEM con, polo menos un 75 % dos puntos posibles.
4. Sobresaliente:
-Asistencia ao 90% das actividades polo menos.
-Valoración positiva nas actitudes.
-Superación do exame PEM con, polo menos o 85 % dos puntos posibles.
Naquelas situacións en que existan dúbidas para a cualificación final recorrerase a consultar co profesorado participante e á entrevista persoal.