Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Dar a coñecer ao alumno a importancia das medidas educativas na promoción da saúde do profesional e dos pacientes.
Inculcar as habilidades necesarias para aplicar a prevención no tratamento integral do paciente.
Acadar as actitudes necesarias para introducir os hábitos preventivos nas condutas dos pacientes.
Familiarizar o alumno cos programas educativos a nivel individual e comunitario
1. Concepto de EpS. Marco histórico. Obxectivos da EpS. Determinantes da saúde. Importancia da EpS. Campos de acción da EpS. Marco legal.
2. Bases científicas e modelos de modificación do comportamento en EpS.
3. Educadores en saúde oral.
4. Espazos para educación no consultorio dental.
5. Papel dos profesionais da odontoloxía como educadores.
6. Métodos de educación sanitaria: clasificación. Métodos directos e indirectos. Utilización de novas tecnoloxías en EpS.
7. Organización de actividades educativas. Deseño dun programa educativo. Programas educativos de hixiene oral e de prevención do cancro oral. EpS aplicada: control de hábitos dietéticos e educación antitabaco.
8. Desenvolvemento de proxectos educativos na consulta dental e na comunidade.
Katz S, Mc Donald J, e Stookey G. Odontología preventiva en acción 3º ed. Ed Panamericana 1982.
Cuenca Sala E, Baca Garcia P. (2013). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 4ª ed. Barcelona. Masson.
Cuenca Sala E, Baca García P. (2005). Odontologia preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ªed. Barcelona. Masson.
Rioboo R. Odontología preventiva y Odontología comunitaria. Tomo I y II. (2002). Ed Avances Médico Dentales. Madrid Perea R. Educación para la salud. Reto de nuestro tiempo. Ed Diaz de Santos 2005.
Do Grao
Saber compartir información cos outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección das enfermidades bucais, así como o mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
Da materia
Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentais.
Educar e motivar os pacientes en materia de prevención das enfermidades bucodentais, controlar os hábitos bucais patóxenos, instruílos sobre unha axeitada hixiene bucal, sobre as medidas dietéticas e nutricionais e en resumo, sobre todos os métodos de mantemento da saúde bucodental.
Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que afecten o paciente que desexa deixar o hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais, condutuais co saúde oral e xeral.
Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluíndo prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento deben buscar o seu mellor interese, evitando calquera tipo de discriminación e respectando a confidencialidade.
Nas clases presenciais se indican os obxectivos que deben acadarse, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais fomentando a participación do alumno
Previamente á realización dos seminarios se comunican os obxectivos e os materiais para a preparación.
Deseñarán programas educativos, elaborando materiais didácticos, que poderán aplicar na comunidade e na clínica odontolóxica.
O estudante realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada. A través do campus virtual, o alumnado terá acceso á información complementaria da materia.
Se priorizará a avaliación continuada, na que se valorará a participación nas clases, os traballos individuais, as actividades grupais e a capacidade de interacción co grupo. Esta avaliación terá un peso de ata un 60 % da nota final.
No caso de non facer avaliación continuada, se fará un exame dos contidos teóricos, tipo tema, onde se medirán os coñecementos adquiridos. A nota do exame supoñerá ata o 60% da nota final e será necesario acadar unha puntuación mínima dun 60%.
O alumnado deberá realizar e presentar un traballo final obrigatorio, relacionado cos contidos da materia (de campo ou un programa educativo). O tema do traballo será seleccionado ó inicio do curso. A cualificación deste traballo e a súa defensa suporá ata ó 30% da nota final.
A asistencia e participación ás clases e seminarios suporán o 10% da nota final e son un requisito para a avaliación continuada.
Docencia expositiva: 10 h
Docencia seminarios: 5 h
Laboratorio e comunidade: 10 h
Titorias: 5 h
Traballo autónomo do alumno: 35 horas
É obirgatorio a consulta e utilización do campus virtual durante todo o curso
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
| 12.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| 12.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| 03.07.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| 03.07.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |