Obxectivos da materia
Preparar os alumnos para saber utilizar os animais correctamente no seu beneficio
1. Identificación e valoración externa das especies animais de interese zootécnico
2. Identificación e valoración zootécnica das razas das especies animais de interese zootécnico
3. Apreciar a importancia dos comportamentos dos animais domésticos
4. Analizar os problemas que afectan ao benestar dos animais nos diferentes sistemas de produción e comercialización
5. Analizar as implicacións éticas, legais e económicas da protección animal e a lexislación existente que lle afecta
6. Estudo do benestar animal
Contido
SESIÓNS EXPOSITIVAS
Clases maxistrais: 17 horas
CONCEPTOS DE BENESTAR ANIMAL E ETNOLOXÍA: 2 horas
DOMESTICACIÓN DOS ANIMAIS: 2 horas
DENOMINACIÓN DOS ANIMAIS SEGÚN A SUA EDADE: 0,5 horas
EXTERIOR OU MORFOLOXÍA EXTERNA: 3 horas
CAPAS OU PELAXES DOS DIFERENTES ANIMAIS DOMÉSTICOS: 3 horas
BENESTAR ANIMAL: 6,5 horas
SESIÓNS INTERACTIVAS
Prácticas de encerado: 5 horas
PRINCIPAIS RAZAS DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS
Prácticas de ordenador: 3 horas
- Identificación animal (Pavillón Central, Facultade de Veterinaria): 1 hora
- Cronometría (Pavillón Central, Facultade de Veterinaria): 1 hora
- Zoometría e Reseña (Pavillón Central, Facultade de Veterinaria): 1 hora
Visitas activas: 8 horas
- Identificación animal (CEBIOVET): 1 hora
- Cronometría (CEBIOVET): 1 hora
- Zoometría e Reseña (CEBIOVET): 1 hora
- Centro de recursos Zooxenéticos de Galicia. Fontefiz, Coles. Ourense: 5 horas
Práctica de campo: 3 horas
- Protocolos de benestar animal (CEBIOVET): 3 horas
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
• Bayne, K y Turner, V. (2014). “Laboratory animal welfare”. Elsevier. Ámsterdam.
• Blasco, A. (2011). “Ética y bienestar animal”. Editorial Akal. Madrid.
• Broom, D. M. (2009). “Bienestar animal”. Ed. Acribia. Zaragoza.
• Consejo de Europa. (2009). “Bienestar animal”. Editorial Acribia. Zaragoza.
• Fraser, D. et al. (2008) “Creación de capacidad para la implementación de buenas prácticas de bienestar animal: informe de la reunión de expertos de la FAO”. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. Roma.
• Fuentes, F. C.; Sánchez, J. M. y Abascal, C. G. (2006). “Tratado de etnología animal: razas de rumiantes y monogástricos”. Diego Marín. Murcia.
• Haller, M. (1999). “Guía de las razas de caballos: con más de 250 razas de caballos y ponis de todo el mundo”. Omega. Barcelona.
• Manteca, X. (2020). “Bienestar animal”. Editorial Multimédica. Barcelona.
• Martín, A. (1994). “Manual de los pelajes del caballo”. Hemisferio Sur. Buenos Aires.
• Miranda de la Lama, G. C. (2020). “Transporte y bienestar animal. Un enfoque integrador”. Editorial Sevet. Zaragoza.
• Sañudo, C. (2008). “Manual de diferenciación racial: manual para la comprensión y diferenciación racial de las especies ganaderas (mamíferos)”. Servet. Zaragoza.
• Sañudo, C. (2011). Atlas Mundial de Etnología Zootécnica. Editorial Sevet. Zaragoza.
• Sotillo, J. L. y Serrano, V. (1985) “Producción animal. I, Etnología zootecnia”. Editorial Tebar Flores, Madrid.
Bibliografía complementaria
• Arrebola, F. A. et al. (2013). “Bienestar animal en el transporte” Junta de Andalucía. Consejería de Agricultura, Pesca y Medio Ambiente Instituto de Investigación y Formación Agraria y Pesquera. Sevilla. Disponible en http://www.juntadeandalucia.es/export/drupaljda/Bienestar%20en%20el%20t…
• Fraser, D. (2006). “El bienestar animal y la intensificación de la producción animal: una interpretación alternativa. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. Roma. Disponible en ftp://ftp.fao.org/docrep/fao/009/a0158s/a0158s00.pdf
• Gasca, A. (2010) “Bienestar animal en explotaciones porcinas”. Junta de Andalucía. Consejería de Agricultura, Pesca y Medio Ambiente Instituto de Investigación y Formación Agraria y Pesquera. Sevilla. Disponible en http://www.juntadeandalucia.es/opencms/opencms/system/bodies/contenidos…
• Reunión de expertos de la FAO (2008) .Creación de capacidad para la implementación de buenas prácticas de bienestar animal : informe de la reunión de expertos de la FAO, Sede de la FAO (Roma), 30 de septiembre - 3 de octubre de 2008. Roma. Disponible en ftp://ftp.fao.org/docrep/fao/012/i0483s/i0483s00.pdf
Competencias
(GVUSC) Xenéricas
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC04 Planificación e xestión do traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
GVUSC07 Habilidade para traballar nun contexto internacional
(CEDVUSC) Disciplinares
CEDVUSC01 Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
CEDVUSC11 . Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC13 Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os Regulamentos sobre os animais e o seu comercio
(D1VUSC) Profesionais
D1VUSC03 Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC16 Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios de A s competencias veterinarias.
(CEAVUSC) Académicas
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades diante da profesión veterinaria e da sociedade.
CEAVUSC03 Divulgar a información obtendo durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
(CTVUSC) Transversais
CTVUSC01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC06 Utilización de información en lingua estranxeira.
Metodoloxía da ensinanza
• Sesións expositivas con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor.
• Os estudantes deberán realizar un traballo en relación á materia. A normas de elaboración explicaranse na presentación da materia.
• Tutorías, ben presenciais ou telemáticas.
Os alumnos asistirán ás clases maxistrais e poderán intervir nos debates que se susciten.
A ensinanza realízase a niveis moi prácticos (usos de modelos naturais e artificiais, diapositivas, videos, visitas a explotacións e concentracións gandeiras, sociedades protectoras de animais, etc.).
As leccións teóricas ou maxistrais redúcense a 17. Empréganse 14 horas por alumno para as clases prácticas.
Realizaranse 5 horas de prácticas de encerado co fin de inculcar o espíritu científico, desenvolver nos alumnos a técnica de pensamento crítico e do pensamento orixinal, ademais de mellorar as capacidades de expresión oral e fomentar a dinámica de grupos.
As prácticas realizaranse cun número de alumnos reducido (entre 10 e 20 alumnos dependendo da práctica). As visitas activas e prácticas de campo realizaranse no Centro de recursos Zooxenéticos de Galicia (Fontefiz, Coles. Ourense) e CEBIOVET.
Sistema de avaliación
- Asistencia regular as sesions teóricas e obligatoria as actividades prácticas programadas / Para poder realizar o exame final é necesario asistir ao 100% das sesions prácticas.
Avaliación dos coñecementos teóricos (60% da nota final):
Ao final do curso realizarase un exame obrigatorio e complementario da avaliación continua con tres partes ben diferenciadas: preguntas de opción múltiple (os erros teñen puntuación negativa) e preguntas curtas. Ademais deberán realizar correctamente a reseña dun cabalo. Para aprobar a materia débense superar as tres partes separadamente. Os estudantes que non aproben este exame, ou non se presenten, poden optar por examinar todo o temario na segunda convocatoria de xuño / xullo. Unha parte importante do exame teórico incluirá as prácticas da materia. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
Avaliación do traballo (40% da nota final):
Para superar o traballo do curso, debe incluír todos os apartados indicados na presentación da materia (introdución, material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía). Deberá seguir a extensión mínima e a bibliografía indicada o primeiro día de curso. Seleccionaranse a criterio do profesor unha parte dos traballos para ser expostos nas sesións prácticas de encerado. Os resumos dos traballos expostos serán susceptibles de avaliación no exame teórico. Non se garda traballo dun ano para outro.
É obrigatoria a asistencia ao 100% das prácticas. Se un estudante faltase a algunha, debe proporcionar o xustificante e recuperala o antes posible. Se non o fai, considerarase que o estudiante non realizou as prácticas e como consecuencia non pode aprobar a asignatura.
Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas o ano anterior non terán que repetilas.
Non se permite a dispensa da realización de prácticas.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido no Artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudo e traballo persoal
Traballo presencial na aula (37h): Clases maxistrais (17h). Prácticas de campo (3h). Visitas activas (8h). Prácticas de ordenador (3h). Prácticas de encerado (5h). Titorías en grupos reducidos ou individualizadas (1h).
Traballo personal do estudante (38h). Estudo individual (27h). Elaboración de traballos (4h). Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. (3h). Presentacións orais (2h). Realización de exames (2h).
Recomendacións para o estudo da materia
Seguir o mínimo esixido polo profesor + liberdade para facer un traballo relacionado coa materia.
Utilizar os PDF con imaxes e os resumos de todos os temas que proporciona o profesor.
Observacións