Obxectivos da materia
- Dar a coñecer os conceptos básicos do Dereito Público e Constitucional
- Utilizar un enfoque realista, crítico e comparado que teña en conta a realidade europea, española e autonómica de hoxe
- Explicar o sistema constitucional español, con especial incidencia nos contidos propios do Dereito Constitucional I
- Explicar o sistema constitucional español cun enfoque aberto aos posibles cambios constitucionais europeos e españois
- Proporcionar os instrumentos de razonabilidad oportunos para a comprensión do sistema público
- Aportar materias de discusión sobre os órganos do Estado, a Constitución española e posibles os cambios constitucionais
- Aproximar o alumnado a virtualidade explicativa da xurisprudencia constitucional.
Contido
- O Concepto de Constitución
I OS CONTIDOS E A FORMA DA NORMA CONSTITUCIONAL
II AS TRADICIÓNS CONSTITUCIONAIS FRANCESA E NORTEAMERICANA
- O marco histórico da constitución española
I OS GRANDES CICLOS DA HISTORIA CONSTITUCIONAL ESPAÑOLA
II OS PROBLEMAS CENTRAIS DO CONSTITUCIONALISMO ESPAÑOL
III A TRANSICIÓN Á DEMOCRACIA E O PROCESO CONSTITUÍNTE. O PODER CONSTITUÍNTE
- O Estado democrático na Constitución
I A DEFINICIÓN DO ESTADO COMO ESTADO DEMOCRÁTICO
II A LEXITIMACIÓN DEMOCRÁTICA DOS PODERES DO ESTADO
III A DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E OS PARTIDOS POLÍTICOS
IV AS INSTITUCIÓNS DE DEMOCRACIA DIRECTA
- O Estado de Dereito na Constitución
I CONCEPTO DE ESTADO DE DEREITO
II A SEPARACIÓN DE PODERES
III O RECOÑECEMENTO DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS E AS LIBERDADES PÚBLICAS
IV O SOMETEMENTO DE TODOS OS PODERES AO IMPERIO DA LEI
- O Estado Social na Constitución
I O ARTIGO 9. 2 DA CONSTITUCIÓN E O ESTADO SOCIAL
II OS PRINCIPIOS REITORES DA POLÍTICA SOCIAL E ECONÓMICA E A CONSTITUCIÓN ECONÓMICA
- A forma política do Estado: monarquía parlamentaria
I A MONARQUÍA ESPAÑOLA COMO MONARQUÍA PARLAMENTARIA
II AS FUNCIÓNS CONSTITUCIONAIS DO XEFE DO ESTADO
- O Estado autonómico na Constitución: principios e funcionamento
I OS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS DO ARTIGO 2.º CE.
II OS ESTATUTOS DE AUTONOMÍA
III A ORGANIZACIÓN INSTITUCIONAL DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
IV O RÉXIME DE DISTRIBUCIÓN DE COMPETENCIAS
Bibliografía básica e complementaria
BLANCO VALDÉS, Roberto L., La Constitución española de 1978, Alianza, Madrid, 2011.
PÉREZ ROYO, Javier, Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
Competencias
Competencias xerais:
a) Instrumentais: capacidade de comprensión, análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de obtención e xestión da información, capacidade de resolución de problemas, capacidade de decisión, razoamento crítico, compromiso ético e deontolóxico
b) Interpersoais: traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar, capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional e recoñecemento da diversidade e da multiculturalidad
c) Sistémicas: aprendizaxe autónoma, adaptación a novas situacións, creatividade e liderado, iniciativa e espírito emprendedor, motivación pola calidade e a excelencia profesional, sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental, e espírito de superación
Competencias específicas:
Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais; percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade; comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerandoos na interpretación e aplicación do Dereito; adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica; comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual; manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas; adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento; comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais; e adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
Metodoloxía da ensinanza
- A docencia expositiva e interactiva será presencial.
Sistema de avaliación
- A avaliación do alumnado levarase a cabo a través da realización dun exame final teórico, que suporá como mínimo un 80% da cualificación final, e da valoración da asistencia a seminarios e a realización de casos prácticos que porá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
- Ó alumnado con exención de docencia encargaráselle un traballo que substituirá á valoración da asistencia a seminarios e a realización dos casos prácticos.
- En virtude da normativa de permanencia da USC só será evaluado o alumnado que se presente ao exame final.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como para os supostos de o uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoal
Traballo do alumnado:
- Estudo individual ou en grupo 45 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15 horas
- Preparación de presentacións orais, lecturas recomendadas, debates e similares 7,5 horas
Total de horas de traballo do alumnado 67,5 horas
Recomendacións para o estudo da materia
- Tomar notas das explicacións teóricas.
- Uso dos manuais de consulta recomendada.
- Estudo da lexislación constitucional pertinente e consulta da xurisprudencia relacionada co ámbito de estudo.
- Participación activa nos seminarios e clases interactivas e preocupación por aqueles temas de actualidade relacionada co sistema xurídico institucional que serán obxecto de debate e discusión.
Observacións
- Os traballos e prácticas non presentados en prazo e forma non serán obxecto de recuperación e non serán cualificados.