Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións é unha materia incluída nos contidos básicos da titulación do Grao de Xornalismo. No plan de estudos figura no terceiro curso e impártese no primeiro cuadrimestre.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumnado comprenda o marco teórico e metodolóxico das novas narrativas multimedia e que obteña un dominio e coñecemento dos formatos de produción multimedia. Búscase que o alumnado desenvolva as habilidades necesarias para concibir e desenvolver narrativas multimedia e que coñeza as funcións do xornalista móbil analizando a súa integración nas redaccións.
Para iso, a través desta materia, o alumnado coñecerá cales son os novos xéneros que emerxen na nova pantalla e identificará a estrutura multimedia, interactiva e hipertextual que se dá no novo soporte, así como as características específicas que teñen os novos dispositivos á hora de transmitir os contidos xornalísticos.
Análise e estudo das características da linguaxe multimedia. Escribir para multimedia. Xeratividade, interactividade e instantaneidade. Sistemas informativos e sistemas narrativos na simulación. A opción e acción do usuario: as condicións tecnolóxicas e culturais. As novas modalidades expresivas. Técnicas de desenvolvemeneto e concepción de proxectos. Narrativa hipertextual, narrativa multimedia e narrativas móbiles. Orixes das narrativas hipertextuais. Lóxicas computacionais aplicadas á narrativa. Modelos e formatos de narrativas multimedia. Converxencia multimedia nos medios de comunicación. Xestión de proxectos comunicativos multimedia. Xornalista móbil.
Contidos teóricos
TEMA 1: O CIBERXORNALISMO: PANORAMA ACTUAL E PERSPECTIVAS
1.1. Converxencia nos medios de comunicación
1.2. Características da linguaxe ciberxornalística
1.3. O impacto das ferramentas tecnolóxicas
TEMA 2: A DIMENSIÓN MULTIMEDIA
2.1. Características da linguaxe multimedia
2.2. Elementos definitorios do produto informativo multimedia
2.3. Teoría e técnica da multimedialidade. Unha visión a partir dos autores
TEMA 3: A NARRATIVA DIXITAL: DA MAN DA NARRATIVA HIPERTEXTUAL E DA NARRATIVA MULTIMEDIA
3.1. O valor da interactividade
3.2. Orixe e evolución da narrativa hipertextual e multimedia
3.3. Tendencias actuais: modelos e formatos de narrativas multimedia
3.4. A construción das mensaxes en clave multimedia e interactiva: a reportaxe multimedia
TEMA 4: O DESAFÍO DAS NARRATIVAS MÓBILES
4.1. Introdución ao xornalismo móbil
4.2. Adaptación de contidos a novos soportes dixitais
4.3. Redes sociais e uso do vídeo móbil
TEMA 5: CREACIÓN DE NARRATIVAS MÓBILES MULTIMEDIA E XESTIÓN MULTIPLATAFORMA
5.1. Modelos informativos para o xornalismo móbil
5.2. MojoKit: dispositivos e equipamento para o xornalismo móbil
5.3. Consellos para a edición e a gravación dende o móbil
TEMA 6: CONDICIÓNS TECNOLÓXICAS E CULTURAIS ACTUAIS
6.1. Novas competencias tecnolóxicas para os xornalistas
6.2. A verificación de feitos e o fact checking
6.3 Debates arredor dos retos e desafíos do impacto tecnolóxico no xornalismo actual
Contidos prácticos
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, principalmente, na aula de informática 1 da facultade. Os alumnos realizarán unha práctica grupal (4/5 persoas) que consistirá na realización dunha reportaxe multimedia de tema libre.
Proporanse exercicios individuais nas sesións expositivas, principalmente no tema 5 e no 6.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bernal, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. UOC.
Burum, I. & Quinn, S. (2015). MOJO: The Mobile Journalism Handbook: How to Make Broadcast Videos with an iPhone or iPad. Focal Press.
Canavilhas, J. & Satuf, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Labcom.
Castells, M. (2010). Comunicación y Poder. Alianza.
Cebrián, M. & Flores, J.M. (2012). Periodismo en la telefonía móvil. Editorial Fragua.
Craig, R. (2005). Online Journalism. Thomson.
Salaverría, R. (2005). Redacción periodística en Internet. Eunsa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguado, J. M. L (2020). Mediaciones ubicuas. Ecosistema móvil, gestión de identidad y nuevo espacio público. Gedisa.
Aliaga, R. S. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El profesional de la información, 24(4), 397-404. https://doi.org/10.3145/epi.2015.jul.06
Astro GiL, M.A. (2002). Diseño y desarrollo multimedia: Sistemas, imagen, sonido y vídeo. Ra-Ma.
Castells, M. (2001). La galaxia Internet. Plaza&Janes.
Counts, E.L. (2004). Multimedia design and production for students and teachers. Pearson/Allyn and Bacon.
Davies, T. & Gangadharan, S.P. (2009). Online Deliberation: Design, Research, and Practice. CSLI.
Díaz noci, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Universidad del País Vasco.
Díaz noci, J. & Salaverrría, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Flores vivar, J.M. & Esteve Ramírez, F. (2009). Periodismo Web 2.0. Fragua.
García galindo, J.A; Vasallo, M.I. & Vera Balanza, M.T. (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Tecnos.
Garrand, T. (2008). Escribir para multimedia y la web: una guía práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Escuela de Cine y Vídeo.
Handler Miller, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Focal Press.
Moreno, P. (2016). Comunicación, ciberperiodismo y nuevos formatos multimedia interactivos. Universidad de Sevilla.
Salaverría, R. (2016). Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica & Editorial Ariel.
Stewart, P. (2017). The Live-Streaming Handbook: How to create live video for social media on your phone and desktop. Routledge.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que o alumnado poida aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente necesarias para defender argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de tipo social, científico ou ético
CB4 - Que o estudantado poida comunicar información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender de xeito posterior estudos cun alto grao de autonomía
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CX3 - Competencia para a práctica da profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe independente
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE04 - Coñecer as técnicas axeitadas para escribir textos nos medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos de transmisión de mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas como as clases expositivas (sesións maxistrais teóricas), análise e debate de casos prácticos, clases interactivas (prácticas de laboratorio) e titorías (individuais ou grupais). Combinarase a resolución de exercicios e problemas coa aprendizaxe orientada a proxectos e as sesións maxistrais.
As sesións prácticas desenvolveranse na aula de informática e os materias técnicos que se utilizarán serán o ordenador, as cámaras de vídeo e de fotografía e os móbiles. O software que se require para a realización do exercicio final será libre e de balde. O alumnado traballará en grupos de entre catro, cinco ou seis persoas.
A metodoloxía da ensinanza contempla o uso do Campus Virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado. O alumnado recibirá atención personalizada en titorías e polas canles de comunicación oficiais da USC (correo electrónico, Microsoft Teams e campus virtual).
Esta materia conta cun sistema de avaliación continua na que se contemplan os seguintes apartados:
— grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas da unidade;
— capacidade para reflexionar criticamente sobre o concepto e o nacemento do xornalismo móbil e o xornalismo multimedia;
— demostración de coñecementos sobre os modelos de produtos multimedia móbiles;
— capacidade de elaboración de mensaxes informativas construídas con linguaxe multimedia.
Na valoración global da materia teranse en conta os exercicios realizados nas prácticas de laboratorio e o exame teórico final. Os instrumentos da avaliación de contidos serán, en liñas xerais, dous:
— Exame final, que suporá o 50% da cualificación (é preciso aprobar esta proba para poder superar a materia)
— Práctica final (reportaxe multimedia grupal), que suporá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación continua. No cómputo final valorarase positivamente a interacción dos estudantes na aula, principalmente nas actividades relacionadas cos debates arredor dos conceptos teóricos analizados.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 24 horas
- Prácticas de laboratorio: 20 horas
- Titorías de traballos do curso: 1,5 horas
- Actividades de avaliación: 1,5 horas
- Exame final: 1 hora
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
- Lecturas recomendadas: 12 horas
- Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.). Planificación e ejecución da práctica: 50 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguemento continuo.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de laboratorio.
Finalmente, recoméndase o seguemento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Alba Silva Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Martes | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Mércores | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Silva Rodríguez, Alba | Galego |