Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo dos métodos estatísticos útiles para a súa aplicación á investigación na comunicación.
Presentar os coñecementos e técnicas estatísticas básicas para a elaboración de informes e resumes numéricos e cualitativos (análise e resume descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, taxas de variacións, etc.) e o tratamento desta información nos medios e nas principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación, a potencialidade da estatística no tratamento de datos masivos mediante aplicacións e a interpretación de resultados.
Atender especialmente ás aplicacións prácticas da Estadística para a investigación na comunicación e aos medios de comunicación e soportes onde veñan recollidas.
-A presentación dos datos nos medios e o emprego da linguaxe estatística
-Cálculo e resume da información numérica e cualitativa
-Análise estatística da información
-O emprego do software informático para a obtención de resultados estatísticos
-A obtención da información estatística precisa e as súas fontes de información
-Comprensión de informes e datos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
TEMA 1.-INTRODUCIÓN
1.1.-Introdución ó concepto de Estatística
1.2.-Conceptos xerais de Estatística
TEMA 2.-ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
2.1.-Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
2.2.-Representacións gráficas
2.3.-Medidas de posición
2.4.-Medidas de dispersión
2.5.-Medidas de forma e concentracion.
TEMA 3.-ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS.
3.1.-Distribucións bidimensionais. Tabulación
3.2.-Representacións gráficas
3.3.-Relacións entre características. Independencia.
3.4.-Correlación e asociación
TEMA 4.-NUMEROS ÍNDICES
4.1.-Principais taxas de variación
4.2.-Índices simples e compostos
4.3.-Cambio de base
4.4.-Índices de prezos, cantidades e valor
4.5.-Deflactación
4.6.-Índice de prezos de consumo. Outros indicadores.
TEMA 5.-SERIES TEMPORAIS
5.1.-Modelización descriptiva dunha serie temporal
5.2.-Compoñentes dunha serie temporal
TEMA 6.-MOSTRAXE
6.1.-Introdución á mostraxe
6.2.-Principais técnicas de selección de mostras
6.3.-Aplicacións. Principais enquisas.
TEMA 7.-A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
7.1.-Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
7.2.-Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC, AIMC…)
BÁSICA:
JAUSET, J. (2007). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores : aplicaciones de los porcentajes y diseño e interpretación de encuestas : 110 ejercicios y cuestiones prácticas Editorial UOC.
PEÑA, D., ROMO, J. (2003). Introducción a a la estadística para las ciencias sociales. Ed. McGraw Hill.
PÉREZ, C. (2002) Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
PORTILLA, I. (2004) Estadística descriptiva para comunicadores: aplicaciones a la publicidad y las relaciones públicas. EUNSA, Navarra
COMPLEMENTARIA
FERNÁNDEZ CUESTA, C. FUENTES GARCÍA, F. (1995) Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Edit. Ariel, Barcelona
GONICK, L., SMITH, G. (2001). A estatística ¿en caricaturas!. SGPEIO.
JAUSET, J. (2000). La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos. Edit. Paidós
MARTIN-GUZMAN, P., MARTIN-PLIEGO, F.J. (1987) Curso básico de Estadística Económica. Edit. Ariel
NEWBOLD, P. (2001) Estadística para los Negocios y la Economía, Editorial Prentice--Hall, Madrid.
PULIDO SAN ROMAN, A. (1984) Estadística y técnicas de Investigación Social. Ediciones Pirámide S.A.
SIERRA, R. Técnicas de investigación social. Madrid: Paraninfo, 1994
TANUR, J.M. et al.(1992) La Estadística: Una guía a lo desconocido. Edit. Alianza Editorial.
WIMMER, R., DOMINICK, J. (1996). La Investigación científica de los medios de comunicación : una introducción a sus métodos. Ed. Bosch. Barcelona.
WIMMER, R., DOMINICK, J. (2001). Introducción a la investigación en medios masivos de comunicación. International Thomson Editores 2001.
XERAIS:
-Formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
-Realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovación, xunto con unha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.
- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
-Que o estudantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
- Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
ESPECIFICAS:
Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición.
Formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
- Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
- Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
- Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
- Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais
TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestión da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe autónoma
– Creatividade
- Iniciativa e espíritu emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A proba final puntuará un máximo de 10 puntos e se realizará de xeito presencial nas datas establecidas polo Centro.
Trátase dunha materia de 6 ECTs.
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. O estudantado ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa da información
Maria Luisa Chas Amil
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |