Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias das cultura a xeito de formas ou fenómenos novos da creación cultural e de contidos simbólicos. Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneas, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustrais e na sociedade da globalización. Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura ofrecen na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ó futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización. Coñecer e comprender a organzación das industrias culturais, tanto no plano da comunicación coma no discurso político e socioeconómico.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Conceptualización da produción cultural como actividade industrial. Composición e estrutura do sector. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas. Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
I. Contidos teóricos (temario)
1. Cultura, industria e artes
O concepto de industria cultural. As industrias creativas. Cultura de masas e niveis de cultura. Cultura, ideoloxía e bens de consumo. Cultura mediática. Cultura promocional. Anaálise dos conceptos de arte e cultura popular. Cultura, campo social e distinción, segundo Bourdieu. O populismo cultural, segundo Jim McGuigan.
2. Industrias culturais e esfera pública.
Técnicas culturais e creación de espazos. Produción de público e esferas públicas. Medios de comunicación e dispositivos promocionais. Promoción capilar, consumo e espazos virtuais.
3. Cultura e economía da atención
Economías de signos e espazos. Economías da atención. A produción cultural no capitalismos erodio. Produción de visibilidades. Crítica da economía política do signo.
4. Mediación e complexidade cultural.
Axentes da produción e distribución cultural. Medisoe mediacións. Contido, forma e distribución das fórmulas culturais. Ideoloxía e cultura moderna. A falacia do internalismo, segundo John B. Thompson.
5. Hábitos amnesia e reflexividade
Comunidades de consumo, segundo Scott Lash. Mercadería, serialidade e integración maquinal. Cultura, memoria social e arquivo. Produción simbólica e reificación. Simulacros e seducción. Ruídos socializadores.
Bibliografía básica
Tema 1. Adorno, T. W. "Resumo sobre a industria cultural", A trabe de ouro, nº 34.
Baudrillard, J. "La cultural mediática" en J. Baudrillard, La sociedad de consumo. Madrid, S. XXI, 2007.
Hesmondhalgh, D., The Culture Industries. Londres, Sage, 2013.
Mirrlees, T., Global Entertainment. Between Cultural Imperialism and Globalization. Londres, Routledge, 2013.
Tema 2. Berland, J. "Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción de espazos", A trabe de oro, nº 44.
Negt, O. e Kluge, A. Public Opinion and Experience. Londres, Verso, 2016.
Bauman, Z. "As seen in TV" en Society under Siege. Cambridge, Polity, 2002.
Tema 3. Baudrillard, J. Critique de la economie politique du signe. Paris, Gallimard, 1972.
Jameson,F. Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism. Londres, Verso, 1991.
El postmodernismo revisitado. Madrid, Abada, 2012.
Lash, S. e Urry, J. Ecomomies of Signs and Space. Londres, Sage, 1994.
Tema 4. Hannerz, U., Cultura Complexity. N. York, Columbia University Press, 1992.
Thompson, J. B. (1990) Ideology and Modern Culture. Cambridge, Polity, 1995.
Tema 5. Derrida, J. e Stiegler, B. Échographies de la télévision. Paris, Galilée/I.N.A., 1996
Huyssen, A. En busca del futuro perdido. Cultura y memoria en tiempos de globalización. México, F. C. E., 2002.
Lash, S. "La comunidad y sus dobles" en Giddens, A., Beck, U. e Lash. S. Modernización reflexiva. Madrid, Alianza, 1997.
Osten, M. La memoria robada. Los sistemas digitales y la destrucción de la cultura del recuerdo, Madrid, Siruela, 2008.
Sartre, J.-P., Critique de la raison dialectique. Tome II (inachevé). L´intelligibilité de l´Histoire. Paris, Gallimard, 1985.
Sloterdijk, P. (2003) Experimentos con uno mismo. Valencia, Pre-Textos, 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z., Culture in a Liquid, Modern World. Cambridge, Polity, 2011.
Deery, J. e Press, A. (eds.) Media and Class. N. York, Routledge, 2017.
Freedman, D. e Goblot. V. (eds.) A Future for Public Service Television. Londres, Goldsmiths Press, 2018.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W., Sociology. Cambridge, Polity Press, 2013.
Han, Byung-Chul, Infocracia. La digitalización y la crisis de la democracia. Madrid, Taurus, 2022.
Hockney, D. e Gayford, M. Una historia de las imágenes. De la cueva a la pantalla del ordenador. Madrid, Siruela, 2020.
Outeiriño, M. (comp.) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1- Capacidade de organización e planificación.
CT2- Capacidade de xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Aprendizaxe autónoma.
CT5- Creatividade
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE11- Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
CE12- Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| 27.05.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
| 01.07.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |