Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (7%), Galego (92%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia presenta ao alumnado os coñecementos e técnicas estatísticas básicas para a elaboración de informes e resumos numéricos e cualitativos. Analiza o tratamento da información estatística nos medios, as principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación, a potencialidade da estatística no tratamento de datos masivos mediante aplicacións e a interpretación de resultados.
Resumo e difusión da información estatística. Análise e resumo descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, variacións. Métodos estatísticos de aplicación na elaboración de información e investigación en comunicación. Soporte informático da estatística. Bases de datos no ámbito da comunicación e a súa análise.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. INTRODUCIÓN
1.1 Introdución ó concepto de Estatística
1.2 Conceptos xerais de Estatística
TEMA 2. ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
2.1 Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
2.2 Representacións gráficas
2.3 Medidas de posición
2.4 Medidas de dispersión
2.5 Medidas de forma e concentracion
TEMA 3. ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS
3.1 Distribucións bidimensionais. Tabulación
3.2 Representacións gráficas
3.3 Relacións entre características. Independencia
3.4 Correlación e asociación
TEMA 4. NUMEROS ÍNDICES
4.1 Principais taxas de variación
4.2 Índices simples e compostos
4.3 Cambio de base
4.4 Índices de prezos, cantidades e valor
4.5 Deflactación
4.6 Índice de prezos de consumo. Outros indicadores
TEMA 5. SERIES TEMPORAIS
5.1 Modelización descriptiva dunha serie temporal
5.2 Compoñentes dunha serie temporal
TEMA 6 MOSTRAXE E DATOS EN COMUNICACION
6.1 Introdución á mostraxe
6.2 Principais técnicas de selección de mostras
6.3 Aplicacións. Principais enquisas
TEMA 7. A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
7.1 Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
7.2 Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC, AIMC…)
CONTIDOS PRÁCTICOS
Realizaranse actividades prácticas (resolución de exercicios, manexo de software informático, etc) en relación a todos os temas do contido teórico.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Jauset, J. (2007). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores : aplicaciones de los porcentajes y diseño e interpretación de encuestas : 110 ejercicios y cuestiones prácticas. UOC.
Peña, D. & Romo, J. (2003). Introducción a a la estadística para las ciencias sociales. McGraw Hill.
Pérez, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación.
Portilla, I. (2004). Estadística descriptiva para comunicadores: aplicaciones a la publicidad y las relaciones públicas. EUNSA.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Busquet Durán, J. & Medina Cambróns, A. (2017). La investigación en comunicación: ¿que debemos saber? ¿que pasos debemos seguir? Editorial UOC. https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/lc/busc/titulos/59094
Fernández Cuesta, C. & Fuentes García, F. (1995). Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Ariel.
Gonick, L. & Smith, G. (2001). A estatística !en caricaturas!. SGPEIO.
Humanes, M.L. (2015). Métodos de investigación en comunicación: ejercicios aplicados a las técnicas cuantitativas. Ommpress.
Jauset, J. (2000). La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos. Paidós.
Pulido San Román, A. (1984). Estadística y técnicas de Investigación Social. Pirámide S.A.
Sierra, R. (1994). Técnicas de investigación social. Paraninfo.
Tanur, J.M. (1992). La Estadística: Una guía a lo desconocido. Alianza Editorial.
Wimmer, R. & Dominick, J. (1996). La Investigación científica de los medios de comunicación : una introducción a sus métodos. Bosch.
Wimmer, R.& Dominick, J. (2001). Introducción a la investigación en medios masivos de comunicación. International Thomson Editores.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE09 - Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
CE10 - Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais
CE07 - Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
CE08 - Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
A materia consta dun total de 6 créditos, dos que a metade serán dedicados a clases expositivas e o resto ás clases interactivas. A materia non contará con dúas partes totalmente diferenciadas en canto a teoría e práctica, desenvolvéndose ámbalas dúas partes de xeito coordinado durante o curso. O material das clases do profesorado facilitarase no Curso Virtual da materia, contemplándose tamén o seu uso na metodoloxia da ensinanza.
Clases expositivas: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación especialmente activa dos/as estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento (presentación de contidos, debates,...)
Clases interactivas: Nelas organizaranse actividades presenciais que busquen ou requiran unha participación activa dos estudantes: discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc. O estudantado traballará en grupos.
Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos/as estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de prácticas ou problemas.
A proba final individual realizarase de forma presencial nas datas establecidas polo Centro. A avaliación continuada do alumnado basearase nos traballos e/ou sondaxes realizadas ou encargadas durante o curso, o traballo en grupos e a súa participación nas actividades académicas. As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións presenciais e recollidas na aula virtual.
1ª OPORTUNIDADE
-Exame final: 50% da cualificación total.
-Actividades de avaliación continua: 50% da cualificación total. O sistema de avaliación basearase na asistencia activa ás clases, nas prácticas a realizar polo alumnado dentro e fóra do horario de clases, así como na calidade dos traballos elaborados ao longo do curso.
Para superar a materia será obrigatorio obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame final.
2ª OPORTUNIDADE
A forma de avaliación descrita para a 1ª oportunidade é aplicable tamén para a 2ª oportunidade. Así, nesta 2ª oportunidade, conservarase a nota das actividades de avaliación continua que non serán obxecto de recuperación, podendo recuperar a nota de exame/s mediante un exame final.
En caso de dispensa de asistencia a clase, o alumnado terá que realizar o exame final que representará o 100% da cualificación. Esas condicións son as mesmas tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
• As dispensas de asistencia a clase terán que ser autorizadas pola Comisión Académica.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
· Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas
· Traballos con textos: análisis, síntese e discusión: 5 h
· Seminario: 15 h
· Titorias de traballos de curso: 2
· Actividades de avaliación: 3
· Exame final: 3
· Estudo autónomo individual ou en grupo: 45
· Lecturas recomendadas: 15
· Preparación de presentacións orais, debate, etc: 10
· Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 20
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia. O estudantado ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.
O estudantado ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia polo que é importante a asistencia ás actividades académicas. É conveniente que o alumnado consulte todas as dúbidas que teña tendo en conta o papel que xoga a interpretación e o emprego dos resultados estatísticos no seu futuro labor profesional.
As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas polo estudante, son facilitadas no momento de empregarse. Téntase así que se adquiran destreza na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.
Uso da Aula Virtual: si
Docencia Interactiva: Aula Informática, Aula de Pizarra.
Software: EXCEL, SPSS
Carlos Pio Del Oro Saez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Chas Amil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL | Castelán |
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHAS AMIL, MARIA LUISA | Galego |