Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das orixes da imaxe fotográfica e da súa posterior incorporación ao precine.
Coñecemento da liña evolutiva que, no campo da producción de imaxes en movemento, culmina no cinematógrafo.
Coñecemento da liña de experimentación coa transmisión de sons e imaxes a distancia, que culminou tanto na radiodifusión sonora como na televisión.
Coñecemento da liña evolutiva que conduce á eclosión de imaxes orixinadas no marco da dixitalización mediática.
Retrospectiva sobre a conformación da Imaxe fixa e da Imaxe en movemento desde as súas orixes ata a súa conformación como dispositivos industriais, a primeira das cales tene como paradigma a fotografía, mentras que a segunda, a imaxe fílmica e a imaxe electrónica, entendendo por tal, a imaxe televisiva na súa etapa pre-dixital.
Bloque 1. A emerxencia da imaxe fixa no contexto das representacións visuais:
Tema 1. A proliferación de aparellos ópticos de carácter lúdico no seo das sociedades do XVIII e do XIX no occidente europeo.
Tema 2. A incorporación e a expansión dun paradigma espectacular no ámbito da cultura popular.
Tema 3. O déficit da imaxe fotográfica: a exclusión do tempo.
Bloque 2. A emerxencia da imaxe en movemento no itinerario iniciado pola fotografía:
Tema 4. A permanencia dos artificios propios da imaxe fixa: unha herdanza ineludible.
Tema 5. Caracterización dos progresos técnicos das cámaras tomavistas.
Tema 6. Universo referencial, punctum barthesiano, o radical fotográfico, a pegada do real na imaxe en movemento: a especificidade do feito audiovisual.
Bloque 3. A invención do cinematógrafo Lumière:
Tema 7. O inicio da historia do cinema coa invención do cinematógrafo: a entrada da imaxe na Modernidade.
Tema 8. Motivos de orde estética: o despregue dun sistema de representación visual orixinal. A incorporación do azaroso ao "tableaux vivant".
Tema 9. A imaxe audiovisual e os dispositivos de comunicación: unha relación de resistencia.
Tema 10. Paradigma comunicativo vs. paradigma estético.
Contidos prácticos:
Realizaranse 4 exercicios colectivos ao longo do cuadrimestre. As temáticas a abordar indicaranse ao alumnado 2 semanas antes da súa exposición na aula. Cada exercicio acomete o desenvolvemento dun invento -ou aspecto dun invento- que tivera contribuído ao avance e consolidación da comunicación audiovisual: a invención e desenvolvemento da radiodifusión sonora ata os anos 50; a invención e o desenvolvemento da televisión ata os anos 50; o desenvolvemento dos xéneros e as escolas no ámbito da fotografía nas 5 primeiras décadas do S.XX; o desenvolvemento do cine como industria dende comezos do S. XX ata a finalización do período clásico.
Bibliografía básica
- Cascajosa, Concepción & Zahedi, Farshad (2016): Historia de la televisión, Valencia, Tirand Humanidades.
- Didi-Huberman, Georges (2012): Devant le temps: histoire de l'art et anachronisme des images, Paris, Ed. de Minuit.
- Gil, Fátima; Segado, Francisco (2011): Teoría e historia de la imagen, Madrid, Síntesis.
- Martín Arias, Luis (2009): En los orígenes del cine, Valladolid, Ediciones Castilla.
- Pérceval, José María (2015): Historia mundial de la comunicación, Madrid, Cátedra.
- Sougez, Marie-Loup (2011): Historia de la fotografía, Madrid, Cátedra.
- Zunzunegui, Santos (2007): “Arqueología de la imagen”, en Cahiers du cinéma: España, nº 7, decembro, p. 91.
Bibliografía complementaria
- Delavaud, Guilles (2010): "De la création à l'exposition: Les impermanences de l'oeuvre audiovisuelle", Archimages. http://www.inp.fr/var/ezdemo_site/storage/original/application/9831764b…
-Habermas, Jürgen (1982): Historia y crítica de la opinión pública, Barcelona, Gustabo Gili.
- Sala, Ramón (2007): Introducción a la historia de los medios: consideraciones teóricas básicas sobre la historia de los medios de comunicación de masas, Bellaterra, Universitat Autònoma de Barcelona.
- Suchensky, Richard I. (2016): Projections of Memory: Romanticism, Modernism, and the Aesthetics of Film, Oxford University Press.
- Vitale, Christopher (2015): Networkologies. A Philosofy of Networks for a Hyperconnected Age, UK, Zero Books.
- Wolfson, Todd (2014): Digital Rebellion. The Birth of the Ciber Left, University of Illinois Press.
Básicas e xeráis:
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e planteamento de problemas como na búsqueda das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non
especializados.
CB2 - Que os estudiantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudio
CB3 - Que os estudiantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio)
para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía
Transversáis:
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
Específicas:
CE17- Coñecer as orixes da imaxen fotográfica e a súa posterior incorporación ao pre-cine.
CE18- Coñecer a liña evolutiva que, no campo da produción de imaxes en movemento, culmina no cinematógrafo.
CE19- Coñecer a liña de experimentación coa transmisión de sons e imaxes a distancia, que culminou tanto na radiodifusión sonora como na televisión.
CE20- Coñecer a liña evolutiva que conduce á eclosión de imaxes orixinadas no marco da dixitalización mediática.
A materia abordarase mediante o desenvolvemento dos temas que a integran, apoiados coa mostra de imaxes destinadas á súa análise. Para cada un dos temas levarase a cabo, así mesmo, por parte do alumnado, a lectura dalgúns textos breves de carácter complementario, e a análise dalgunha obra procedente dos ámbitos considerados na retrospectiva realizada. Destinarase unha sesión semanal á posta en común dos resultados deste exercicio individual.
A avaliación levarase a cabo a través dunha proba final obrigatoria (50%) e de exercicios (50%), no caso das dúas oportunidades.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establécese un plan de traballo personalizado co profesor da materia, consistente en suministrar vía correo electrónico, por parte do profesor, ó alumnado implicado, a documentación necesaria para resolver a práctica. Asemade o profesor comunicará o prazo en que esta práctica se debe desenvolver. O sistema de avaliación será o mesmo que para o alumnado que desenvolva e expoña presencialmente a práctica. O alumnado con dispensa quedará eximido de facer a exposición na aula do seu exercicio.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas. Presentación e
explicación dos temas: 30 horas
Traballos con textos: análise, síntese e
discusión: 15h.
Exame final: 3h.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 60
Lecturas recomendadas:25 h.
Preparación de presentacións orais,
debates, etc.: 5 h.
Planificación do seminario. Búsqueda,
rexistro e preparación de material de
apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12
Antia Maria Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Martes | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 17.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez Gomez, Antia Maria | Galego |