Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias das cultura a xeito de formas ou fenómenos novos da creación cultural e de contidos simbólicos. Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneas, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustrais e na sociedade da globalización. Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura ofrecen na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ó futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización. Coñecer e comprender a organzación das industrias culturais, tanto no plano da comunicación coma no discurso político e socioeconómico.
Conceptualización da produción cultural como actividade industrial. Composición e estructura do sector. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas. Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
I. Contidos teóricos (temario)
TEMA 1. Cultura, industria e artes
1.1 O concepto de industria cultural
1.2 As industrias creativas
1.3 Cultura de masas e niveis de cultura
1.4 Cultura, ideoloxía e bens de consumo
1.5 Cultura mediática
1.6 Análise dos conceptos de arte e cultura popular
1.7 Cultura, campo social e distinción, segundo Bourdieu 1.8 O populismo cultural, segundo Jim McGuigan
TEMA 2. Industrias culturais e esfera pública
2.1 Técnicas culturais e creación de espazos
2.2 Produción de público e esferas públicas
2.3 Medios de comunicación e dispositivos promocionais
2.4 Promoción capilar, consumo e espazos virtuais.
TEMA 3. Cultura e economía da atención
3.1 Economías de signos e espazos.
3.2 Economías da atención.
3.3 A produción cultural no capitalismos erodio.
3.4 Produción de visibilidades.
3.5 Crítica da economía política do signo
TEMA 4. Mediación e complexidade cultural
4.1 Axentes da produción e distribución cultural
4.2 Mediow e mediacións
4.3 Contido, forma e distribución das fórmulas culturais
4.4 Ideoloxía e cultura moderna
4.5 A falacia do internalismo, segundo John B. Thompson
TEMA 5. Hábitos amnesia e reflexividade
5.1 Comunidades de consumo, segundo Scott Lash.
5.2 Mercadería, serialidade e integración maquinal.
5.3 Cultura, memoria social e arquivo
5.4 Produción simbólica e reificación
5.5 Simulacros e seducción
5.6 Ruídos socializadores
II. Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algún tema da materia. Cómpre participar nos coloquios sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía básica
Tema 1. Adorno, T (1998). W. "Resumo sobre a industria cultural", A trabe de ouro, nº 34.
Baudrillard, J. (2007) La sociedad de consumo. S. XXI.
Hesmondhalgh, D. (2013) The Culture Industries. Sage.
Mirrlees, T. (2013) Global Entertainment. Between Cultural Imperialism and Globalization. Routledge.
Tema 2.
Berland, J. (2000) "Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción de espazos", A trabe de ouro, nº 44.
Negt, O. e Kluge, A (2016). Public Opinion and Experience. Verso.
Bauman, Z. (2002) Society under Siege. Cambridge, Polity.
Tema 3.
Baudrillard, J. (1972) Critique de la economie politique du signe. Gallimard.
Jameson,F. (1991) Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism. Verso.
(2012) El postmodernismo revisitado. Abada.
Lash, S. e Urry, J. (1994) Ecomomies of Signs and Space. Sage.
Tema 4.
Hannerz, U. (1992) Cultural Complexity. Columbia University Press.
Thompson, J. B. (1990) Ideology and Modern Culture. Polity.
Tema 5.
Derrida, J. e Stiegler, B. (1996) Échographies de la télévision. Galilée/I.N.A.
Huyssen, A. (2002) En busca del futuro perdido. Cultura y memoria en tiempos de globalización. F. C. E.
Lash, S. (1997) "La comunidad y sus dobles" en Giddens, A., Beck, U. e Lash. S. Modernización reflexiva. Alianza.
Osten, M. (2008) La memoria robada. Los sistemas digitales y la destrucción de la cultura del recuerdo. Siruela.
Sartre, J.-P. (1985) Critique de la raison dialectique. Tome II (inachevé). L´intelligibilité de l´Histoire. Gallimard.
Sloterdijk, P. (2003) Experimentos con uno mismo. Pre-Textos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z. (2011) Culture in a Liquid, Modern World. Polity.
Deery, J. e Press, A. (eds.) (2017) Media and Class. Routledge.
Freedman, D. e Goblot. V. (eds.) (2018) A Future for Public Service Television. Goldsmiths Press.
Fuchs, C, (2021) Digital Capitalism. Media, Communication and Society. Vol. 3. Polity.
Geismar, H. e Knox, H. (eds.) (2021) Digital Anthropology. Routledge.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W. (2013), Sociology. Polity Press. Han, Byung-Chul (2022) Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia. Catro Ventos Editora.
Hockney, D. e Gayford, M. (2020) Una historia de las imágenes. De la cueva a la pantalla del ordenador. Siruela. Outeiriño, M. (comp.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1- Capacidade de organización e planificación.
CT2- Capacidade de xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Aprendizaxe autónoma.
CT5- Creatividade
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE11- Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
CE12- Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual.
A metodoloxía combinará a lección maxistral, o estudo de casos e a aprendizaxe otientada a proxectos.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais das teorías da comunicación, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos de avaliación continua do alumnado e á participación activa nos debates e discusións quer na aula, quer telemáticos.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos de avaliación continua achegan o 40% da puntuación; a participación nos coloquios e discusións quer na aula, quer telemáticos achegan o 10% da nota.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado que consistirá na escritura de dous comentarios de libros e outros dous de artigos da bibliografía básica. Os comentariso han presentarse antes da data de exame achegarán o cincuenta or cento da puntuación. Sexa como for, o cincuenta por cento ha avaliarse por medio de exame.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2) a simple asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, en consecuencia, a nota final do/a estudante que a cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións acertadas coma as erróneas que fagan xurdir os comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. Os alumnos poderán propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións controvertidas.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as formas e funcións da produción cultural nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Martes | ||
| 09:00-10:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 27.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 27.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 01.07.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |