Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os sectores, os mercados, as funcións e as variables macroeconómicas.
- Capacitar aos alumnos na análise do funcionamento da interrelación entre as distintas variables económicas.
- Elaboración do propio modelo de funcionamento macroeconómico.
- Coñecemento do funcionamento da industria da comunicación e os seus principais actores.
- Determinar a influencia dos cambios tecnolóxicos, sociais e políticos na configuración
da industria da comunicación, tanto a nivel local como nacional e internacional.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptos básicos da contorna macroeconómica e da contorna industrial.
TEMA 1. A economía como ciencia social. As principais escolas do pensamento económico
TEMA 2. A organización da actividade económica. Sistemas económicos. O capitalismo
TEMA 3. O funcionamento dos mercados e os seus límites
TEMA 4. As relacións macroeconómicas básicas e a súa medición
TEMA 5. O sector público e a economía
TEMA 6. O diñeiro na economía
TEMA 7. A realidade económica mundial: globalización e integración
TEMA 8. O sector das industrias culturais e creativas na economía
CONTIDOS PRÁCTICOS:
Estudo e análise da realidade económica contemporánea: identificación das principais problemáticas do sistema económico e directrices das políticas económicas. Estudo e análise dos elementos económicos necesarios para entender o funcionamento da industria da comunicación: consumidores (audiencia e anunciantes), competidores, provedores, factores socio-políticos e factores tecnolóxicos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Chang, H-J. (2016). Economía para el 99% de la población. Penguin Random House.
Krugman, P.R., Wells, R. & Graddy, K. (3ª Edición) (2015). Fundamentos de Economía. Editorial Reverte.
Torres López, J. (2015). Economía Política. Ediciones Pirámide
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso, J. A. (dir.) (10ª Edición) (2021). Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Civitas Thomson Reuters.
Etxezarreta, M. (2015). ¿Para qué sirve realmente la economía?. Paidós.
García, J.M., Durán, G. e Sánchez, A. (Coord.) (2013). Estructura económica y relaciones internacionales. Garceta.
Morán Álvarez, J.C. (2015). Introducción a la economía aplicada para el periodismo y la comunicación. Pirámide.
Requeijo González, J. (6ª Edición) (2021). Economía Mundial. McGraw-Hill.
Rodrik, D. (2018). Hablemos claro sobre el comercio mundial. Deusto.
Vara Miguel, A. (2009). Economía básica para comunicadores. Eunsa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX):
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestionar información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - A aprendizaxe independente
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito empresarial
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CE11 - Coñecer o contexto no que a industria audiovisual se desenvolve na actualidade, no ámbito das industrias culturais
CE12 - Entender o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial. A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
• Lección maxistral: exposición maxistral dos contidos da materia e búsqueda da comprensión do alumnado mediante técnicas de interacción
• Lectura e debate de textos e novas de actualidade no ámbito da economía
• Búsqueda e análise de información estatística económica
• Presentación de temas en base á técnica da clase invertida
• Organización de debates
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos,...); iv) as lecturas obrigatorias para cada tema.
Sistema Xeral: obrigatorio para todo o alumnado, agás para o alumnado con dispensa de asistencia*. Basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Avaliación continua: entrega de tarefas e participación en aulas interactivas (listaxe de seguimento).
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos desenvolvidos ao longo das sesións expositivas da materia. Será requisito imprescindible para poder computar esta parte na cualificación final, obter unha puntuación mínima no exame de 4 sobre 10.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ............ 50%
Exame final ................... 50%
*Para o alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación basearase nun exame final sobre os contidos da materia (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguientes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: Presentación e explicación dos temas 30 horas
• Traballos con textos: análises, sínteses e discusión 15 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudio autónomo individual o en grupo: 60 horas
• Lecturas recomendadas: 25 horas
• Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5 horas
• Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa. O alumnado debe realizar todas as actividades propostas nas sesións interactivas.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Emilio Nogueira Moure
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811581
- Correo electrónico
- e.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Hugo Campos Romero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
| Martes | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Mércores | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Xoves | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 14.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CAMPOS ROMERO, HUGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CAMPOS ROMERO, HUGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CAMPOS ROMERO, HUGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA MOURE, EMILIO | Galego |