Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, perséguese que o alumnado, empregando a terminoloxía e o vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación co réxime xurídico das sancións administrativas.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumnado:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos e realice escritos procesuais sinxelos.
- Conceptos de sanción administrativa e potestade sancionadora da administración.
- Principios substantivos do dereito administrativo sancionador.
- Relacións entre a potestade administrativa sancionadora e a potestade punitiva penal.
- O procedemento administrativo sancionador.
- As medidas sancionadoras administrativas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Amoedo Souto, Carlos Alberto: Actividad sancionadora. En F. Velasco Caballer e M. Darnaculleta Gardella, Manual de Derecho administrativo, pp. 673-696, Marcial Pons, 2023.
- Sánchez Morón, Miguel: Derecho Administrativo. Parte General (capítulo dedicado a "Las sanciones administrativas"). Última edición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Gosálbez Pequeño, Humberto: La denuncia administrativa. El régimen de la ley 39/2015, de 2 de octubre, de procedimiento administrativo común de las administraciones públicas, Aranzadi, 2019.
- Garberí Llobregat, José y Buitrón Ramírez, Guadalupe: El procedimiento administrativo sancionador. Comentarios, jurisprudencia y formularios, Tirant lo Blanch, 7º ed., 2021.
- García Gómez de Mercado, Francisco: Sanciones administrativas: garantías, derechos y recursos del presunto responsable. 4a ed actualizada a las leyes 39/2015 y 40/2015 de Procedimiento Administrativo Común y Régimen Jurídico, Comares, 2017.
- Gómez Tomillo, Manuel y Sanz Rubiales, Íñigo: Derecho administrativo sancionador. Parte general. 4a ed., Thomson Reuters Aranzadi, 2017.
- Huergo Lora, Alejandro: Problemas actuales del derecho administrativo sancionador. Iustel, 2018.
Básicas e xerais:
CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e
razonadamente.
CG4 - CG Instrumental: Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha
perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da
accesibilidade universal.
CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede
informática), dentro da súa área de estudo.
CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado
como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
Específicas:
CE5 - Comprensión e coñecemento das principais institucións do Dereito Público e da estrutura e fundamento dos
sistemas políticos.
CE20 - Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
Na impartición da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Leccións maxistrais programadas, coa implicación do alumnado.
- Clases prácticas.
A avaliación do alumnado levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- A realización dun exame teórico-práctico, escrito ou oral (60% da cualificación final). Será necesario superar o exame para poder aprobar a materia.
- A participación nas clases interactivas, a través de intervencións e exposicións orais, entrega de tarefas, resolución de casos prácticos e outras actividades programadas polo profesor (40% da cualificación final).
A efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
O alumnado que teña concedida exención de docencia poderá suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación das tarefas indicadas, de acordo coas instrucións impartidas polo profesorado da materia.
Traballo presencial na aula: 35 h
- Docencia expositiva: 18 h
- Docencia interactiva: 12 h
- Titorías: 5 h
Traballo persoal do alumnado: 70 h
- Estudo individual ou en grupo: 55 h
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 15 h
Recoméndase ter cursado a materia Introdución ao dereito público e ao sistema de xustiza penal.
Ademais, suxírese:
- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularidade.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Venres | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 16 |
17.12.2024 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
17.12.2024 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |