Obxectivos da materia
-Dar a coñecer os conceptos básicos do Dereito Público e Constitucional
-Utilizar un enfoque realista, crítico e comparado que teña en conta a realidade europea, española e autonómica de hoxe
-Explicar o sistema constitucional español, con especial incidencia nos contidos propios do Dereito Constitucional I
-Explicar o sistema constitucional español cun enfoque aberto aos posibles cambios constitucionais europeos e españois
-Proporcionar os instrumentos de razonabilidad oportunos para a comprensión do sistema público
- Aportar materias de discusión sobre os órganos do Estado, a Constitución española e posíbles os cambios constitucionais.
-Aproximar ao alumnado a virtualidade explicativa da xurisprudencia constitucional
Contido
- As Cortes Xerais: elección e organización
I A ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO CONGRESO E DO SENADO
II PARLAMENTARIOS INDIVIDUAIS E GRUPOS PARLAMENTARIOS
III ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTERNO DAS CORTES
- As Cortes Xerais e as fontes do Dereito
I A CONSTITUCIÓN COMO NORMA XURÍDICA SUPREMA
II O MONOPOLIO LEXISLATIVO DAS CORTES XERAIS
III EXCEPCIÓNS PARCIAIS Ao MONOPOLIO LEXISLATIVO DAS CORTES XERAIS
IV DEREITO DE TRATADOS
- O Goberno
I A COMPOSICIÓN DO GOBERNO E A POSICIÓN CONSTITUCIONAL DO SEU PRESIDENTE
II AS FUNCIÓNS DO GOBERNO
- As relacións entre as Cortes e o Goberno
I MECANISMOS DE EQUILIBRIO INTERORGÁNICO: A CUESTIÓN DE CONFIANZA, A MOCIÓN DE CENSURA E A DISOLUCIÓN
ANTICIPADA DAS CORTES.
II OS INSTRUMENTOS DE CONTROL
III OS ESTADOS EXCEPCIONAIS DO ARTIGO 116 CE: OS ESTADOS DE ALARMA, DE EXCEPCIÓN E DE SITIO
- O Poder Xudicial
I A NATUREZA CONSTITUCIONAL DO PODER XUDICIAL
II A ORGANIZACIÓN DA POTESTADE XURISDICIONAL
III O ESTATUTO CONSTITUCIONAL DOS ÓRGANOS DO PODER XUDICIAL
IV O CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL
Bibliografía básica e complementaria
BLANCO VALDÉS, Roberto L, La Constitución española de 1978, Alianza, Madrid, 2011.
PÉREZ ROYO, Javier, Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
Competencias
Competencias xerais:
a) Instrumentais: capacidade de comprensión, análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de obtención e xestión da información, capacidade de resolución de problemas, capacidade de decisión, razoamento crítico, Compromiso ético e deontolóxico
b) Interpersoais: traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar, capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional e recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
c) Sistémicas: aprendizaxe autónoma, adaptación a novas situacións, creatividade e liderado, iniciativa e espírito emprendedor, motivación pola calidade e a excelencia profesional, sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental e espírito de superación
Competencias específicas:
Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais; percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade; comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito; adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica; comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual; manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas; adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento; comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais; e adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
Metodoloxía da ensinanza
- A docencia expositiva e interactiva será presencial.
Sistema de avaliación
- A avaliación do alumnado levarase a cabo a través da realización dun exame final teórico, que suporá como mínimo un 80% da cualificación final, e da valoración da asistencia a seminarios e a realización de casos prácticos que porá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
- Ó alumnado con exención de docencia encargaráselle un traballo que substituirá á valoración da asistencia a seminarios e a realización dos casos prácticos.
- En virtude da normativa de permanencia da USC só será evaluado o alumnado que se presente ao exame final.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como para os supostos de o uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoal
Traballo do alumnado:
- Estudo individual ou en grupo 45 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15 horas
- Preparación de presentacións orais, lecturas recomendadas, debates e similares 7,5 horas
Total de horas de traballo do alumnado 67,5 horas
Recomendacións para o estudo da materia
-Tomar notas das explicacións teóricas.
-Uso dos manuais de consulta recomendada.
-Estudo da lexislación constitucional pertinente e consulta da xurisprudencia relacionada co ámbito de estudo.
-Participación activa nos seminarios e clases interactivas e preocupación por aqueles temas de actualidade relacionada co sistema xurídico institucional que serán obxecto de debate e discusión.
Observacións
- Os traballos e prácticas non presentadas en prazo e forma non serán obxecto de recuperación e non serán cualificados.