-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito Público Especial e da EmpresaÁreas:
Dereito Financeiro e TributarioCentro
Facultade de DereitoConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias
Análise e resolución de supostos de feito reais
Redacción de documentos xurídicos
Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
Traballo colaborativo.
Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
Coñecer a incidencia do Sistema Tributario sobre os negocios xurídicos.
Coñecer e comprender as consecuencias tributarias das opciones negociais que ofrece o ordenamiento xurídico
Coñecementos das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundizar no coñecemento.
o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento.
Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)O sistema tributario español: evolución e estrutura
A tributación sobre a renda no Dereito español:
Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Imposto sobre Sociedades
Imposto sobre a Renda de Non Residentes
A imposición patrimonial no Ordenamento español
Imposto sobre o Patrimonio: regras de valoración. Especial referencia á empresa familiar.
Imposto sobre Sucesións e Doazóns. Especial referencia á empresa familiar en Galicia.
Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
A tributación sobre o consumo no Dereito Español
Imposto sobre o Valor Engadido
Impostos Especiais
Impostos das alfándegas
Os tributos autonómicos. En especial, os tributos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os tributos locais.MANUAIS RECOMENDADOS.
-MERINO JARA e LUCAS DURÁN, Derecho Financiero y Tributario Parte Especial: lecciones adaptadas al EEES,Tecnos, Madrid, ultima edición.
- FERREIRO LAPATZA, CLAVIJO HERNÁNDEZ, MARTÍN QUERALT, PÉREZ ROYO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Tributario, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
- CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Aranzadi, Pamplona, última edición.
- GARCÍA AÑOVEROS y otros, Manual del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2005.
- MARTÍN QUERALT/LOZANO SERRANO/POVEDA BLANCO, Derecho Tributario, Thomson-Aranzadi, Pamplona, última edición.
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS (última edición):
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario español. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid, ultima edición
- Legislación básica del sistema tributario español, Civitas, Madrid, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Barcelona, ultima edición
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión EuropeaCompetencias xerais
Capacidade de comprensión, análise e síntese
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de obtención e xestión da información
Capacidade de resolución de problemas
Capacidade de decisión
Razoamento crítico
Compromiso ético e deontolóxico
Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
Liderado
Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
Aprendizaxe autónoma
Adaptación a novas situacións
Creatividade
Iniciativa e espírito emprendedor
Motivación pola calidade e a excelencia profesional
Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
Espírito de superación
Competencias específicas:
Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
Adquirir a capacidade de redatar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técinica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
Adquirir a capacidade de analisar e resolver os problemas que xere a practica e a aplicación do DereitoA actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá fundamentalmente en:
Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
-Introdución teórica de cada tema.
-Presentación de supostos prácticos a resolver.
-Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar..
-Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais docentes referidos aos contidos e a supostos prácticos.
Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
Realizaranse probas de autoavaliación
Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materiaA AVALIACIÓN Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-Proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 3 puntos. Nelas valorarase:
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas.
• Realización de test ou actividades no campus virtual
• A asistencia ás interactivas é obrigatoria, agás nos casos de exención de docencia.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Cando por coincidencia de datas de exames ou por outras causas algún alumno teña dificultades para a realización do exame final nas datas estipuladas polo Centro, poderá optar por realizar un exame oral, que se desenvolverá consonte á normativa xeral de avaliación do rendemento académico, e que necesariamente terá lugar nunha data anterior á fixada para o exame final.
Contémplase tamén a posibilidade de que se o profesor así o propón, e de xeito voluntario, se poda seguir un sistema de avaliación continuada.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun o varios supostos prácticos que se incluirán como parte do exame (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución). Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
De cara á segunda oportunidade, os alumnos que sen ter exención de docencia non teñan superado a cualificación mínima requirida na parte interactiva poderán recuperar esa parte a través da realización no exame da segunda oportunidade dun ou varios supostos prácticos (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución).Ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
- 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo;
-15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos
-5 horas en realizar as lecturas recomendadas
-5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares
-5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesorResulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público e do Dereito Privado (especialmente civil e mercantil) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
Resulta recomendable facer cursado as asignaturas Derecho Financeiro e Procedementos tributarios.
É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais
-
Juan Jose Nieto Montero
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814674
- Correo electrónico
- j.nieto@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luz Maria Ruibal Pereira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814768
- Correo electrónico
- luzmaria.ruibal@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 09:00-10:30 Grupo C-horario de mañá (P-Z) Castelán Aula 2 12:00-13:00 Grupo B-horario de mañá (G-O) Castelán Aula 3 16:30-18:00 Grupo A-horario de tarde (A-F) Castelán Aula 2 Xoves 10:30-12:00 Grupo B-horario de mañá (G-O) Castelán Aula 3 12:00-13:00 Grupo C-horario de mañá (P-Z) Castelán Aula 2 18:00-19:00 Grupo A-horario de tarde (A-F) Castelán Aula 2 Venres 10:30-12:00 Grupo B-horario de mañá (G-O) Castelán Aula 3 Exames 04.06.2025 10:00-12:00 Grupo B-horario de mañá (G-O) Aula 5 04.06.2025 13:00-15:00 Grupo C-horario de mañá (P-Z) Aula 5 04.06.2025 16:00-18:00 Grupo A-horario de tarde (A-F) Aula 5