Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS
1. Adquirir nocións básicas sobre a fisioloxía e anatomía do aparello fonador.
2. Adquirir nocións básicas sobre a emisión de sons vocálicos e consonánticos.
3. Coñecer o concepto de disfonía disfuncional, con ou sen lesións orgánicas.
4. Coñecer as principais técnicas que permitirán preservar a voz no contexto escolar: respiración, relaxación e emisión.
5. Coñecer as características das voces infantís e as súas principais alteracións.
PROCEDIMENTAIS
1. Entender e aprender a utilizar o corpo como un instrumento para a fonación.
2. Manexar técnicas de respiración, relaxación e emisión que permitan incrementar a calidade da voz e a eficacia do seu emprego na aula.
3. Seguir as normas básicas de coidado e mantemento da voz.
4. Aprender a detectar hábitos erróneos na emisión da voz e a corrixilos.
5. Recoñecer os principais signos perceptivos das condutas de sobreesforzo vocal.
6. Ser capaz de utilizar recursos que permitan axudar a preservar a voz infantil na aula.
ACTITUDINAIS
1. Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía, fontes documentais e TICS relacionadas cos contidos da materia.
2. Desenvolver actitudes abertas, comunicativas, empáticas e asertivas que faciliten o traballo en equipo, a participación e a colaboración cos compañeiros/as e coa docente.
3. Desenvolver valores de tolerancia e respecto aos demais no marco da diversidade individual.
Unidade 1. O corpo como instrumento.
1.1. O aparato fonador: fisioloxía e anatomía da fonación.
1.2. O sistema nervioso e a voz.
1.3. O esquema corporal vogal.
Unidade 2. A voz e a palabra.
2.1. Breves nocións de fonética.
2.2. Cualidades da voz.
2.3. Clasificación das voces.
2.4. Disfuncións ou patoloxías da voz.
Unidade 3. Preservar a saúde vogal no contexto escolar: uso correcto da voz en profesionais da educación.
3.1. A respiración.
3.2. A relaxación.
3.3. A emisión.
3.4. A hixiene vogal.
Unidade 4. A voz infantil: prevención nas aulas.
4.1. A importancia das disfonías infantís e a prevención nas aulas.
4.2. As disfonías infantís: incidencia e características.
4.3. Prevención na escola.
BÁSICA
Fiuza, M. (2011). Una realidad olvidada: la salud vocal en educación infantil y primaria. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, 19(1), 27-40.
Fiuza, M. (2013). Educación vocal. Guía Práctica. Pirámide.
Rodríguez, T. (2000). La voz en la enseñanza. Secretaria de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
COMPLEMENTARIA
Borragán, A., Del Barrio, J. A., e Gutierrez, J. N. (1999). El juego vocal para prevenir problemas de voz en contextos escolares. Aljibe.
Bustos, I. (2000). Trastornos de la voz en edad escolar. Aljibe.
Bustos, I. (2002). Tratamiento de los problemas de la voz. Nuevos enfoques. CEPE.
Bustos, I. (2007). La voz. La técnica y la expresión. Paidotribo.
Cortazar, I., e Rojo, B. (2007). La voz en la docencia: conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Graó.
Devi, I. (2010). Respirar bien para vivir mejor. Zeta.
Fawcus, M. (2001). Voice disorders and the management (3º ed.). Chapman & Hall.
Garcia, L. (2003). Tu voz, tu sonido. Díaz de Santos.
Lodes, H. (2008). Aprende a respirar. RBA.
Molina, M.T., Fernández, S., Vázquez, F., e Urra, A. (2006). Voz del niño. Revista de Medicina de la Universidad de Navarra, 50(3), 31-43.
Payné, R. (2002). Técnicas de relajación. Guía práctica. Paidotribo.
Quiñones, C. (2003). Programa para la prevención y el cuidado de la voz. PRAXIS.
Rivas, R.M., e Fiuza, M.J. (2002). La voz y las disfonías disfuncionales. Prevención y tratamiento. Pirámide.
Tulón, C. (2006). La voz. Técnica vocal para la rehabilitación de la voz en las disfonías funcionales. Paidrotribo.
Vallés, A., e Vallés, C. (2001). La voz y la respiración. Ejercicios de foniatría infantil (2ª ed.). EOS.
Veiga, P. (2005). Educación de la voz: anatomía, patologías y tratamiento. IdeasPropias.
Vila, J. M. (2010). Guía de intervención logopédica en la disfonía infantil. Síntesis.
Competencias Básicas
CB.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB.5.Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
X1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
X10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
Competencias Específicas
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias Transversais
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na guía docente. Os resultados do traballo, realizados en grupo ou individualmente, poderán ser defendidos oralmente ante os/as compañeiros/as e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para os exames da materia e estará a disposición do alumnado no Campus Virtual da USC.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
A cualificación global do estudantando na materia procederá:
- Un 30% da cualificación dos resultados das probas (exames) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas. Realizaranse unha avaliación continua cun total de 4 exames, un por tema.
- Un 70% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas críticas, e a evidencia de traballo en grupo.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Para poder superar a materia son requisitos imprescindibles:
-Asistencia mínima ó 80% das sesións.
-Entrega de polo menos un dos traballos propostos na materia.
-Realización dos catro exames.
En caso contrario obterase a cualificación de NON PRESENTADO/A (polo tanto, corre convocatoria).
Cando non se supere, xa sexa os exames, xa sexan as actividades propostas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO/A.
O estudantado con exención de docencia ou dispensa de asistencia deberán presentar ao profesorado a devandita certificación ao principio de curso (como máximo cinco días despois da publicación da resolución por parte da facultade). Este alumnado deberá realizar os mesmos exames e traballos, coa mesma ponderación que o resto da clase (30% exames, 70% traballos), coa excepción de que poderán realizarse de xeito individual e telemático.
A materia ten en torno a 38,5 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
A materia contempla en torno a 74 horas de traballo autónomo do/a alumno/a.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Recoméndase o uso das titorías co profesorado, cuxo horario se especificará na Guía docente da materia e no Campus Virtual da mesma.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual. Non se entregarán traballos en papel para esta materia.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. A guía de linguaxe non sexista da USC estará publicada no Campus Virtual da materia.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Sabela Carme Mallo López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Nieto Vieites
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
| Venres | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Z) - Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
| 23.01.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
| 19.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NIETO VIEITES, ANA | Castelán |
| Mallo López, Sabela Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NIETO VIEITES, ANA | Castelán |
| Mallo López, Sabela Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Mallo López, Sabela Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NIETO VIEITES, ANA | Castelán |