Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar as principais aportacións da observación na etapa de Educación Infantil.
- Coñecer as funcións e fases a seguir no proceso de observación.
- Planear deseños de observación de suxeitos e procesos na Educación Infantil.
- Coñecer as características e aplicacións das principais técnicas e instrumentos de observación.
- Valorar e seleccionar instrumentos de observación axeitados aos nosos fins.
- Comprender as características que debe reunir a observación como técnica para a recollida de datos fiables e válidos.
- Asumir o compromiso de realizar unha observación sistemática.
- Construír un modelo de mestre comprometido coa investigación, capaz de promover procesos de innovación e mellora.
- Desenvolver capacidades de traballo cooperativo e de construción participativa de coñecemento.
1. A investigación como medio para comprender, mellorar e innovar a práctica docente. O/a mestre/a como investigador/a.
2. Concepto e tipos de observación. A observación da aula de Educación Infantil: finalidades, características e modelos.
3. Modelos e pautas de análises e interpretación da vida da aula no ciclo 0-3 e no ciclo 3-6 de Educación Infantil. Variables e indicadores significativos.
4. A recollida de datos, análises e interpretación de suxeitos e procesos de ensino-aprendizaxe: ·Alumnado: actividades e tarefas, interaccións e recursos; características, necesidades e intereses; · Profesorado: tarefas, modelos didácticos e estilos docentes. · Técnicas de observación e documentación: incidentes críticos, notas de campo, relatos, diarios, gravacións, documentación fotográfica, listas de control, escalas de valoración, entrevistas a nenos e a pais, etc.
5. A documentación na aula de educación infantil. O uso dos recursos tecnolóxicos para a observación, o rexistro e a documentación. Gravación en vídeo, fotografía, gravacións de audio. Software de rexistro e análise de datos.
6. Os proxectos de observación. Fases no proceso observacional. Deseño e desenvolvemento dun proxecto de observación en 0-3 e 3-6.
7. Análise e utilización de escalas estandarizadas específicas de educación infantil.
Bibliografía básica:
-Herrero Nivela, M. L. (1997). La importancia de la observación en el proceso educativo. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1(0). http:// www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/
-Navarro, E., Jiménez E., Rappoport, S. y Thoilliez B. (2017). Fundamentos de la Investigación y la Innovación Educativa. UNIR.
-Piñas Postill, C. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
-Tomé, M. (coord) (2019). Observación sistemática y análisis de contexto para la innovación y la mejora en Educación. Ediciones Paraninfo.
Bibliografía complementaria:
-Boronat, J. (1997) La investigación-acción y el pensamiento del profesor en las aulas de educación infantil. Revista (electrónica) interuniversitaria de formación del profesorado, 1 (0). http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/edinfant.htm
-Angrosino, M. (2012). Etnografía y Observación participante en Investigación Cualitativa. Morata.
-Bisquerra, R. (Coord.) (2004). Metodología de la Investigación Educativa. La Muralla.
-Bradford, H. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
-Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula. La Muralla.
-García Hoz, V. y Pérez Juste, R. (1989). La investigación del profesor en el aula. Escuela Española.
-Gonzalez Tello, M. (1996). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Registro muestrario de fechas. Escuela Española.
-Irwin, M. y Bushnell, M. (1984). La observación del niño. Estrategias para su estudio. Narcea
-Martínez Coves, P. y Otros (1999). Guías de observación del juego y dibujo. Generalitat Valenciana. Colección: Suport escolar.
-Páramo Iglesias, M. B. (2016). Qué investigar tras veinte años de estudios en Educación Infantil en el ámbito hispánico. RELAdEI. -Revista Latinoamericana De Educación Infantil, 5(2), 158-165. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/article/view/4921
-Peña, B. (2011) Métodos científicos de observación en educación. Visión Libros.
-Sánchez, M. J.; Blas, H. y Tujague, M. P. (2007). El Análisis Descriptivo como recurso necesario en Ciencias Sociales y Humanas. Fundamentos en Humanidades, 11(22), 103-116. https://www.redalyc.org/pdf/184/18419812007.pdf
-Sandín Esteban, M.P. (2003). Investigación cualitativa en educación. Fundamentos y tradiciones. McGraw Hill.
-Torroba, I. (1991). La observación como técnica de evaluación en la etapa de educación infantil. Revista Complutense de Educación, 2(2), 297-308.
Competencias Básicas e Xerais
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Específicas para o Módulo de formación básica
E23- Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
E24- Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E25- Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E26- Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Competencias Transversais
T3- Acadar un coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía para seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas á adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas nas que se desenvolverán actividades de tipo práctico en pequeno grupo que permitan ao alumnado a adquisición de habilidades no manexo das distintas técnicas de observación na escola e o seu contexto. Cun carácter mixto, poderán incluírse outras actividades: seminarios, charlas de persoas expertas, prácticas de campo, etc. que amplíen as oportunidades de adquirir un coñecemento actualizado relacionado coa práctica profesional.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC no acceso á documentación e información de interese para o alumnado, así como espazo de comunicación.
A avaliación da materia terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
– Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (60%). Para superar a materia será preciso entregar, en prazo, todas as prácticas e obter en cada unha a puntuación mínima esixida.
– Realización dunha proba individual escrita sobre o contido da materia (40%). Para realizar a media cos traballos será necesario obter mínimo 2 puntos .
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso entregar e realizar en prazo os traballos así como superar cada unha das partes da materia (actividades e proba individual).
Seguirase a instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto cos/as docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia e avaliación. Na avaliación deste alumnado terase en conta o cartafol de actividades (60%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e a proba individual escrita sobre o contido da materia (40%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas as partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais
Actividades autónomas
Clase expositiva 24h./35h.
Clase interactiva 24h. / 45h.
Pequeno grupo 3h. / 19h.
Tempos parciais 51h / 99h.
Tempo total: 150h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
– Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
– Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
– Realización e participación activa nas actividades prácticas.
– Traballo do alumno/a de un modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
– Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
•Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse preferentemente a través da aula virtual.
• Responsabilidade ambiental:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación ou imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
• Perspectiva de xénero:
-Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://pre-www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.
• Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Rodriguez Groba
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
| 12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
| Xoves | ||
| 10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Cas - Ma) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
| 12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Car) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
| 29.05.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
| 04.07.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA | Castelán |
| RODRIGUEZ GROBA, ANA | Galego |