Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:
- Coñecer e analizar as tendencias históricas, os fundamentos teórico-conceptuais e o marco de intervención da Orientación Profesional.
- Identificar e comprender as necesidades, bases, modelos e funcións da Orientación en contextos formativos e profesionais.
- Acceder ao coñecemento da realidade dos servizos de Orientación Profesional en escenarios educativos e profesionais.
- Coñecer e aplicar estratexias, técnicas e recursos de orientación.
- Adquirir os coñecementos, estratexias, técnicas e habilidades necesarias para deseñar, aplicar e avaliar intervencións no campo da Orientación Profesional.
O desenvolvemento da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
Bloque Temático 1. Bases conceptuais da Orientación Profesional: concepto, desenvolvemento histórico, enfoques e perspectivas teóricas, principios de actuación, modelos de intervención, funcións e ámbitos de intervención.
Bloque Temático 2. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional en contextos formativos e sociolaborais: Institucionalización dos servizos de orientación profesional, servizos de orientación profesional en contextos formativos e servizos de orientación no ámbito socioprofesional.
Bloque Temático 3. Mercado laboral actual: Características e papel da Orientación Profesional: conceptos básicos, características do mercado de traballo e do perfil profesional actual, tipoloxías de desemprego e consecuencias deste fenómeno, roles e funcións da orientación profesional.
Bloque Temático 4. Técnicas e recursos de Orientación Profesional: Proxecto profesional, itinerarios formativos e de inserción, ferramentas de busca activa de emprego.
Bloque Temático 5. Deseño, implementación e avaliación de Programas de Orientación Profesional: Modelo de intervención por programas, fases e aspectos a considerar, tipos de programas de orientación profesional.
Bibliografía Básica:
- Manzanares, A. e Sanz, C. (Dirs.). (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla La Mancha y Wolters Kluwer.
- Sánchez, Mª. F. (Coord.). (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
- Sobrado, L. M. e Cortés, A. (Coords.). (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Biblioteca Nueva.
- Suárez-Ortega, M. e Sánchez-García, Mª.F. (coords.). (2018). Orientación para la construcción del proyecto profesional. UNED.
Bibliografía Complementaria:
- Caballero, M. A. (2005). Claves de la orientación profesional. Estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Editorial CCS.
- Carrillo, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. En Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2) (2º cuatrimestre), 27-46.
- Izquierdo, T. (Coord.). (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Amarantos.
- Martínez, P. (2008). Orientación Profesional para la transición. En B. Echeverría, (Coord.), S. Isus, M.P. Martínez e L. Sarasola, Orientación Profesional (pp. 223-299). UOC.
- Martínez-Clarés, P. e González-Lorente, C. (2021). Orientación Profesional en la incertidumbre: un programa de inserción sociolaboral. Pirámide.
- OIT (2022). Perspectivas sociales y del empleo en el mundo. Tendencias 2022.
http://oit.org/wcmsp5/groups/public/---dgreports/---dcomm/---publ/docum…
- Planas, J. A (Coord.). (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo: experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Graó.
- Requejo, E.; Raposo-Rivas, M.; e Sarmiento, J.A. (2022). El uso de tecnologías en orientación profesional: una revisión sistemática. En Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(3), 40-65.
- Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
- Teré, F. (2019). Manual práctico de Orientación Profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Revistas:
Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
Páxinas web de interese:
- International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
- Red Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
- Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://www.todofp.es/orientacion-profesional/orientacion.html
- Euroguidance Centre Spain: https://euroguidance-spain.educacionyfp.gob.es/inicio.html
Competencias Xerais:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral , e soe atoparse nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG3- Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5- Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante o emprego de medios e recursos axeitados.
CG6- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así coma no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que se interveña.
Competencias Específicas:
CE6.1- Axudar a empregar as estratexias idóneas na busca de emprego.
CE6.2- Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles.
CE6.3- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4- Orientar no deseño de proxectos profesionais.
Competencias Transversais:
CT2- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT7- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
Na configuración dos graos destaca a importancia do papel axente e activo do alumnado nos procesos de aprendizaxe, así coma o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas: Dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas que se presentarán e serán expostos os contidos da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
- Sesións Interactivas: Levaranse a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (6-7) (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, deseño de itinerarios, análise e resolución de casos prácticos,...), co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos heteroxéneos. Ó longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Complementariamente, cómpre apuntar que o uso da Aula Virtual na materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente destinado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo durante o curso. O horario de titorías será especificado a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e en liña (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
No que atinxe ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, o estudantado deberá empregar a conta de correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
A avaliación terá un carácter integral e continuo abarcando as seguintes actividades individuais e colectivas:
1.- Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 puntos para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Actividades prácticas de aula (6-7) orientadas ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización de cada unha delas de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final, sendo imprescindible acadar unha puntuación mínima de 2.5 puntos. Para poder ser avaliados, o alumnado deberá entregalas no prazo establecido pola docente da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizado e entregado en prazo a totalidade das actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como ter superado a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos). Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter presencial da materia implica a asistencia asidua e a participación nas sesións de clase (mínimo 80%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia e dispensa de asistencia a clase). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Por tanto, en ambos supostos, o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase realizará as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. Complementariamente, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase ou a exención de docencia, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As prácticas entregadas na oportunidade de Xaneiro que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a oportunidade de Xullo. Sen embargo, aqueles/as que alcanzasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na oportunidade de Xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas das diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de forma coordinada.
Nota de interese: recórdase que nos casos onde se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 18h
- Prácticas de seminario (análises de medios): 10h
- Prácticas de seminario: manexo de programas e recursos: 12h
- Titorías de traballo de curso: 6h
- Avaliación: 4h
Traballo persoal do alumnado (100 horas):
- Estudo: 40h
- Selección de medios: 20h
- Elaboración e adaptación de programas e recursos: 34h
- Titorías de traballo de curso: 4h
- Avaliación: 2h
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando, dende o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolvan e que están dirixidas á avaliación continua.
No referido coas actividades prácticas ou traballos a desenvolver de xeito grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
PROFESORADO DA MATERIA:
Cristina Ceinos Sanz. Despacho Nº 18, 1º andar, Módulo A.
Teléfono: 8818 13823 Correo electrónico: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
- Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de xeito conxunto e coordinado.
Así mesmo, na realización de traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental: Se a docente da materia, de ser o caso, solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
- Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Venres | ||
|---|---|---|
| 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 11.12.2023 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 25.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA | Galego |