Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia relaciónanse con aqueles elementos que desde un enfoque pedagóxico son importantes para comprender a relación entre a educación e o mundo laboral. Nesta liña, formulamos como obxectivos da materia os seguintes:
1. Coñecemento do sistema conceptual da Pedagoxía Laboral.
2. Estudo da evolución, concepto e funcións da Pedagoxía Laboral.
3. Estudo da relación entre o mundo do traballo e a educación.
4. Análise dos tres subsistemas de formación laboral.
5. Análise dos modelos pedagóxicos orientados á formación continua na empresa.
- Historia, conceptos e obxectivos da Pedagoxía Laboral.
- Os paradigmas da formación laboral.
- A formación laboral en España-Educación, traballo e empresa.
- Análise das necesidades de formación na empresa.
- A planificación da formación e o seus elementos clave.
- Avaliación da formación na empresa-Integración social e laboral.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Colom, A., Sarramona, J., e Vázquez, G. (1994). Estrategias de formación en la empresa. Narcea. Catálogo BUSC: https://bit.ly/3uRAznq
Pineda, P. (Coord.) (2002). Pedagogía laboral. Ariel. Catálogo BUSC: https://bit.ly/3tPxNxP
Pineda, P. (Coord.) (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel. Catálogo BUSC: https://bit.ly/33HJSKG
Bernal, A., Fernández-Salinero, C., e Pineda, P. (2019). Formación continua. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Espona-Barcons, B., Quesada-Pallarès, C., Pineda-Herrero, P., e Ciraso-Calí, A. (2017). ¿Es eficaz la formación en la Administración pública española? Evaluación de la transferencia de los aprendizajes con el modelo FET. Qurriculum: Revista de Teoría, Investigación y Práctica Educativa, 30, 31-48.
Fernández Salinero, C. (2016). La Pedagogía Laboral como especialidad profesional en el siglo XXI. Revista Española de Pedagogía, 74(265), 559-577.
Fernández Salinero, C. (1993). La nueva pedagogía de la empresa. Bordón, 45, 411-418.
Fernández Salinero, C. (1999). El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial: estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, 10(1), 181-242.
Homs, O. (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento. La Caixa.
Morales, M., e Fernández-Salinero, C. (2023). Economía de la educación y pedagogía laboral: nuevos contextos de reflexión y actuación. Teoría de la Educación, 35(1), 207-224. https://doi.org/10.14201/teri.28833
Salvá, F. (1994). Reflexiones en torno a la conceptualización de la Pedagogía Laboral. Bordón, 46(3), 283-292.
Sole, F., e Mirabet, M. (1994). Cómo confeccionar un plan de formación en una empresa. La Llar del Llibre.
Vázquez-Rodríguez, A., García-Álvarez, J., e Lorenzo Moledo, M. (2023). ¿Qué hacer ante el riesgo de una “generación perdida”? Juventud y empleo en una era de incertidumbre. Estudios Sobre Educación, 44, 81-107. https://doi.org/10.15581/004.44.004
Wilson, J. B. (1998). Cómo diseñar un programa de formación que impacte los resultados. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.
PÁXINAS WEB DE INTERESE
http://www.fundaciontripartita.org/
http://forga.info/web/paxina/z/inicionovo
http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do
http://www.ugt.es/index1.html
http://www.ceoe.es/
http://www.cepyme.es/es/portada/
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos na súa área de estudo
que parte da base da
educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto
avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
TRANSVERSAIS
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE2.3 - Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e
desenvolvemento dos profesionais e dos
recursos formativos.
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE3.4 - Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
CE6.3 - Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4 - Orientar no deseño de proxectos profesionais.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos/ás alumnos/as nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o estudantado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo para deseñar plan de formación dunha empresa.
- Na medida das posibilidades, xestionarase unha práctica de campo a través da visita a algunha empresa e a participación de algún/ha profesional da formación laboral no cuadrimestre.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa de asistencia debe poñerse en contacto co profesorado nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
O profesorado empregará a aula virtual da USC para informar e colgar determinados materiais de estudo e traballo.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
- Valoración do traballo de grupo para deseñar un plan de formación dunha empresa.
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e o traballo de grupo, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A cualificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 70% da nota final e o traballo en grupo o 30%. As prácticas serán contabilizadas na puntuación do exame.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, pero con criterios de suficiencia distintos. Ademais, deberá realizar a recensión dunha das obras recollida na bibliografía básica da materia, previamente acordada co profesorado da materia.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas aula: 30
Estudio e traballo do alumno/a: 30
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario-Laboratorio: 8
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario-Laboratorio: 10
Realización en grupo dun proxecto de formación: 30
Titorías de traballo de curso (presenciais, individuais e en grupo): 5
Visitas a empresas/conferencias. Realización dun informe de grupo: 15
Avaliación aula: 2
Participación en xornadas, talleres específicos e outros eventos externos significativos para a materia: 5
a) Asistencia ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica a profesora.
c) Ler os apuntamentos cada día e expor as dúbidas á profesora sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo socioeducativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS, USO DA AULA VIRTUAL E EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesorado-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deberanse ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 13:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| Xoves | ||
| 09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
| 05.12.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| 26.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA | Galego |