Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo e análise das relacións e da influencia do intercambio comunicativo entre persoas. Conceptualización, políticas e estratexias comunicativas para organización de grupos na construcción do ben comunitario. Identidade dos axentes e acceso aos medios, espazos e exercicios de participación comunicativa.
Desenvolvemento ao través da interlocución e do intercambio de pareceres da percepción da realidade para o exercicio da práctica periodística. Coñecemento das identidades e formas de expresión para a comunicación de necesidades individuais e colectivas. Consideración e categorización das estratexias colectivas no acceso aos medios impresos e audiovisuais. Coñecemento dos métodos e exercicios de reterretorialización ideolóxica e mediática para o deseño da influencia comunicativa de individuos e comunidades.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. COMUNICACIÓN, COMUNICACIÓN INTERPERSOAL E COMUNICACIÓN COMUNITARIA
1.1 A comunicación desde as orientacións básicas da comunicación interpersoal e desde a comunicación comunitaria
1.2 A interacción e o común: diferentes ámbitos, epistemoloxías e aproximacións
1.3 Información e comunicación: diferenzas desde a interacción e o común
TEMA 2. OS OBSERVATORIOS COMO FERRAMENTA DA ANÁLISE DA COMUNICACIÓN INTERPERSOAL E A COMUNICACIÓN COMUNITARIA
2.1 Tipoloxía dos observatorios
2.2 Obxectos de estudo dos observatorios e os contextos sociais, políticos e económicos
2.3 Media criticism e media watch
2.4 Técnicas e procedementos de interpretación
2.5 Identidade dos axentes da observación social aos medios e aos grupos sociais
2.6 Avaliación das percepcións
TEMA 3 COMUNICACIÓN INTERPERSOAL I
3.1 Concepto, características e modelos na comunicación interpersoal
3.2 Antecedentes, contextos e influencias da comunicación interpersoal: a Escola de Chicago, o pragmatismo norteamericano, a Gestalt, o Interaccionismo Simbólico, a Teoría da Interacción de Actores, a Escola de Palo Alto e a etnometodoloxía.
TEMA 4. COMUNICACIÓN INTERPERSOAL II
4.1 A comunicación interpersoal como primeira comunicación e a construción do mundo da persoa
4.2 A comunicación cara a cara
4.3 A comunicación non verbal
4.5 A comunicación con mediación tecnolóxica (estudo dos blogs)
4.6 A comunicación grupal
4.7 Xornalismo e comunicación interpersoal: alteridade, asertividade, empatía e proceso de obxectivación
TEMA 5. REDES SOCIAIS HUMANAS E COMUNICACIÓN
5.1 Comunidade e redes: problematizacións
5.2 Premisas das RSH
5.3 A Teoría dos Grafos e a visualización das RSH
5.4 Tipoloxía das redes sociais humanas
5.5 Redes de aprendizaxe e aprendizaxe en rede
5.6 Redes de colaboración e de cooperación.
TEMA 6. PARTICIPACIÓN E COMUNICACIÓN
6.1 Conceptos, contextos e formas de participación
6.2 Técnicas de participación na comunicación e nos medios
6.3 Análise e interpretación da participación: roles, dinámicas e consensos/disensos
6.4 Diálogo, debate e coloquio
TEMA 7. COMUNICACIÓN COMUNITARIA I
7.1 Comunicación comunitaria como obxecto de estudo: da comunidade ao común e as súas problematizacións
7.2 A comunicación popular
7.3 A comunicación alternativa
7.4 Actualidade, contextos e modelos da comunicación comunitaria
7.5 A multitude, a xente e a vida cotiá: da convivencia e do movemento
TEMA 8. COMUNICACIÓN COMUNITARIA II
8.1 A comunicación comunitaria e os medios: relacións e contextos
8.2 Medios comunitarios e Terceiro Sector: modelos, axentes e premisas
8.3 Xornalismo e comunidade: procesos de apropiación, acceso, integración, xestión, tratamento e recoñecemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Balas Lara, M. (2011). La gestión de la comunicación en el Tercer Sector. Madrid: ESIC.
Barranquero, A. e Sáez Baeza, C. (coord.) (2021). La comunicación desde abajo: historia, sentidos y prácticas de la comunicación alternativa en España. Barcelona: Gedisa Editorial.
Cáceres, M. D. (2003). Introducción a la comunicación interpersonal. Madrid: Síntesis.
Deuze, M. (2009). The Future of Citizen Journalism. En S. Allan e E. Thorsen (eds.), Citizen
Journalism. Global Perspectives (pp. 255-264). Nova York: Peter Lang Publishing.
Domingo, D. (2011). Managing Audience Participation: Practices, workflows and strategies. En J. B. Singer et al. (eds.), Participatory Journalism. Guarding Open Gates at Online Newspapers (pp. 94-121). Reino Unido: Wiley-Blackwell.
Harcup, T. (2012). Alternative journalism, alternative voices. Londres: Routledge.
Kadushin, C. (2013). Comprender las redes sociales: teorías, conceptos y hallazgos. Madrid: CIS.
López García, X. (2007). Periodismo de proximidad. Madrid: Síntesis.
Martínez, M., Mayugo, C. e Tamarit, A. (coord.) (2012). Comunidad y Comunicación. Prácticas comunicativas y medios comunitarios en Europa y América Latina. Madrid: Fragua.
Paniagua López, J. A. (2012). Curso de análisis de redes sociales: metodología y estudios de caso. Granada: Universidad de Granada.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Acosta, A. (2013). El Buen Vivir. Sumak Kawsay, una oportunidad para imaginar otros mundos. Barcelona: Icaria.
Crovi, D. e Lozano, C. (2010). La faena de lo incierto. Medios de comunicación e incertidumbre. México D.F: Universidad Nacional Autónoma de México.
Esposito, R. (2007). Tercera persona. Política de la vida y filosofía de lo impersonal. Buenos Aires: Amorrortu.
Esposito, R. (2009). Comunidad, inmunidad y biopolítica. Barcelona: Herder.
Gumucio-Dagron, A. e Tufte, T. (comp.) (2008). Antología de Comunicación para el Cambio Social. South Orange, NJ: Consorcio de Comunicación para el Cambio Social.
Mattei, U. (2013). Bienes Comunes. Un Manifiesto. Madrid: Trotta.
Rizo, M. (2009). La comunicación interpersonal. Una introducción a sus aspectos teóricos, metodológicos y empíricos. México D.F: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
Santos, B. (2009). Epistemologías del Sur. Bogotá: Siglo XXI.
BÁSICAS E XERAIS
CB2. Que os estudante saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que deban demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos, e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1. Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2. Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3. Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade de organización e de planificación.
CT2. Capacidade de xestión da información.
CT3. Traballo en equipo.
CT4. Aprendizaxe autónoma.
CT5. Creatividade.
CT6. Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7. Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE23. Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24. Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25. Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022
O campus virtual da materia será a principal plataforma de traballo e comunicación co alumnado. A través del facilitaranse os contidos e os materiais necesarios. A entrega das tarefas establecidas tamén se realizará a través do campus virtual.
Establecerase un plan de titorización co alumnado matriculado para a resolución de dúbidas e a preparación da proba de avaliación. As titorías poderan ser presenciais ou en liña a través de MS Teams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A cualificación do exame corresponderase co 100% da nota final da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Maria Cruz Negreira Rey
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| 31.05.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
| 05.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |