Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Presentar os coñecementos e técnicas estatísticas básicas para a elaboración de informes e resumes numéricos e cualitativos (análise e resume descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, taxas de variacións, etcétera) e o tratamento desta información nos medios e nas principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación. Estudo dos métodos estatísticos útiles para a súa aplicación á investigación na comunicación.
Atender especialmente ás aplicacións prácticas da Estatística para a investigación na comunicación e aos medios de comunicación e soportes onde veñan recollidas.
-A presentación dos datos nos medios e o emprego da linguaxe estatística
-Cálculo e resume da información numérica e cualitativa
-Análise estatística da información
-O emprego do software informático para a obtención de resultados estatísticos
-A obtención da información estatística precisa e as súas fontes de información
-Comprensión de informes e datos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
TEMA 1.-INTRODUCCIÓN
1.1.-Introdución ó concepto de Estatística
1.2.-Conceptos xerais de Estatística
TEMA 2.-ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
2.1.-Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
2.2.-Representacións gráficas
2.3.-Medidas de posición
2.4.-Medidas de dispersión
2.5.-Medidas de forma e concentración.
TEMA 3.-NUMEROS ÍNDICES
3.1.-Principais taxas de variación
3.2.-Índices simples e compostos
3.3.-Cambio de base
3.4.-Índices de prezos, cantidades e valor
3.5.-Deflactación
3.6.-Índice de prezos de consumo. Outros indicadores.
TEMA 4.-SERIES TEMPORAIS
4.1.-Modelización descritiva dunha serie temporal
4.2.-Compoñentes dunha serie temporal
TEMA 5.-ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS.
5.1.-Distribucións bidimensionais. Tabulación
5.2.-Representacións gráficas
5.3.-Relacións entre características. Independencia.
5.4.-Correlación e asociación
TEMA 6.-MOSTRAXE
6.1.-Introdución á mostraxe
6.2.-Principais técnicas de selección de mostras
6.3.-Aplicacións. Principais enquisas.
TEMA 7.-A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
7.1.-Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
7.2.-Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC, AIMC…)
BÁSICA:
JAUSET, J. (2000) La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos.
Edit. Paidós
MARTIN-GUZMAN, P., MARTIN-PLIEGO, F.J. (1987) Curso básico de Estadística Económica. Edit. Ariel
PULIDO SAN ROMAN, A. (1984) Estadística y técnicas de Investigación Social. Ediciones Pirámide S.A.
RIOBOO, J.M., DEL ORO, C.P. (2000) Representaciones gráficas de datos estadísticos. Edit. AC, Madrid.
COMPLEMENTARIA:
FERNÁNDEZ CUESTA, C. FUENTES GARCÍA, F. (1995) Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Edit. Ariel, Barcelona
GARCIA BARBANCHO, A. (1992) Estadística Elemental Moderna. Edit. Ariel, Barcelona
MANZANO, V.G., ROJAS, A.J., FERNÁNDEZ, J.S. (1996) Manual para encuestadores. Edit. Ariel, S.A. Barcelona
PARRA, I. (2001). Estadística empresarial con Microsoft Excel: Fórmulas, tablas y funciones. Editorial AC, Madrid.
PÉREZ, C. (2002) Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
PEREZ, R. et al.(1992) Análisis de Datos Económicos I: Métodos Descriptivos. Edit. Pirámide
PORTILLA, I. (2004) Estadística descriptiva para comunicadores. EUNSA, Navarra
SARRAMONA, J. Investigación y estadística aplicada a la educación. Madrid: Ceac, 1980
SIERRA, R. Técnicas de investigación social. Madrid: Paraninfo, 1994
TANUR, J.M. et al.(1992) La Estadística: Una guía a lo desconocido. Edit. Alianza Editorial
BASICAS:
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que poden demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos y a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
CB4 - Que o estudantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5 - Que o estudantado teñan desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
XERAIS:
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS:
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A materia consta cun total de 6 créditos sen docencia presencial por estar en extinción. Os contidos serán exclusivamente os desenvolvidos no último curso con docencia activa.
A materia contará cunha aula virtual na plataforma da USC que se empregará para a comunicación co estudantado, de ser o caso, na que se incluirán as presentacións da aula do último curso con docencia activa.
A titorización da materia para a preparación da mesma realizarase no horario establecido polo profesorado. Está encamiñada á orientación para a preparación dos contidos, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de casos prácticos ou dúbidas do estudantado. Poderá realizarse de xeito presencial ou telemático empregando o correo electrónico insititucional, a aula virtual ou a plataforma virtual da USC (Teams).
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A avaliación da materia consistirá nunha proba final individual que representará o 100% da cualificación máxima posible.
As probas finais realizaranse, nas dúas oportunidades de exame, de forma presencial nas datas establecidas polo Centro.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a asistencia e/ou participación nas probas suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ao ser unha materia sen docencia activa, o traballo autónomo e titorizado do estudantado abarca as 150 horas que o/a estudante debe repartir no estudo individual dos contidos, a lectura de materiais e prensa, a realización de casos practicos de exemplo e a obtención de conclusións.
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística.
O/A estudante ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. É conveniente que o alumnado consulte todas as dúbidas que teña tendo en conta o papel que xoga a interpretación e o emprego dos resultados estatísticos no seu futuro labor profesional.
As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas polo estudantado, son facilitadas no momento de empregarse para focalizarse na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.
Carlos Pio Del Oro Saez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 19.01.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 6 |