Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (19%), Galego (80%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudar o uso das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos informativos. Capacitar para desenvolver proxectos informativos para calquera xanela de difusión e adecuados ás últimas innovacións tecnolóxicas. Coñecemento e análise das ferramentas de produción e edición de información. Comprender a transcendencia da tecnoloxía nas rutinas de produción informativa. Coñecer e comprender as posibilidades que ofrece a tecnoloxía para a creación e xestión informativa.
Estudo e capacitación para a utilización das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos de carácter xornalístico en todas as xanelas de difusión informativa. Tecnoloxías dixitais para xornalismo, gravación con drons e realidade virtual. Intelixencia artificial, automatización e robots. Análise do uso das distintas tecnoloxías propias dos medios en función da especificidade de cada xénero informativo e das súas rutinas produtivas. Estudo das técnicas e procesos de materialización da información en soportes e medios de comunicación. Tipoloxías e modelos de publicacións. Variables tecnolóxicas e de linguaxe en prensa, radio, televisión e Internet. Técnicas de captura, edición e publicación audiovisual e multimedia.
BLOQUE I: MEDIOS TRADICIONAIS
TEMA 1. A CÁMARA DE CINEMA E A CÁMARA DE TV
- Introdución. Alimentación
- Conexionado de vídeo
- Soportes de cámara
- Óptica
- Foco
- Iris
- Servos
- Corpo
- Filtros
TEMA 2. ILUMINACIÓN
- Luz natural versus luz artificial
- Intensidade
- Medidas
- Relacións
- Conversión de fontes luminosas
- Dirección da luz
- Incidente e reflectida
- Fontes de iluminación
TEMA 3. TECNOLOXÍA DO SON
- Micrófonos
- Mesa de mesturas de audio
- Amplificadores
- Monitorización
- Caixas acústicas
- Procesadores de son
- Sistemas de rexistro sonoro
- Conexionado de audio
TEMA 4. EDICIÓN E MONTAXE
- Tecnoloxía informática aplicada á posproducción
- O computador persoal
- Unidade central
- Periféricos
- Hardware/ Software
- Formatos de gravación audio/vídeo
- Imaxe fixa
- Imaxe en movemento
- Son
- Aplicacións
- Gráficas
- Aplicacións de edición. AVID
TEMA 5: XORNALISMO IMPRESO
- Tecnoloxías para o deseño e maquetación
- Tecnoloxías para redacción e edición
- Tecnoloxías para imaxe en prensa: fotografía, gráficos e ilustracións
- Impresión
BLOQUE 2: MEDIOS DIXITAIS
TEMA 6: XORNALISMO NA WEB
- Internet como metamedio
- Redes sociais: centralizadas vs descentralizadas
- Sistemas de xestión de contidos
- Streaming e edición de audio e vídeo
- Fotografa para a Web
- Mapas, liñas de tempo, infografías interactivas e gráficos animados
- Feed, RSS, newsletters
TEMA 7: TECNOLOXÍAS EMERXENTES
- Xornalismo móbil
- Xornalismo robot
- Xornalismo dron
- Intelixencia artificial xenerativa
- Xornalismo inmersivo
- Internet das cousas e xornalismo
- Blockchain e xornalismo
- Criptografía para protexer a xornalistas e fontes
PARTE PRÁCTICA
- Manipulación e experimentación con distintas tecnoloxías descritas no temario teórico.
- Realización dun proxecto final en grupo que debe integrar a aplicación de diversas tecnoloxías e técnicas de produción, edición e distribución de contidos xornalísticos.
Bibliografía básica
Alten, S R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
Asange, J. (2013). Cypherpunks: la libertad y el futuro de internet. Madrid: Deusto.
Cortada, J.W. (2005). Uses of Computing in Print Media Industries: Book Publishing, Newspapers, Magazines. En The Digital Hand: Volume II: How Computers Changed the Work of American Financial, Telecommunications, Media, and Entertainment Industries, pp. 293–335. https://doi.org/10.1093/acprof:oso/9780195165876.003.0009
Fernández Barrero, A. (2008). El periodismo que vuela: Drones, 3D, Smartphones y robots, tecnologías emergentes para la profesión periodística. Sevilla: Fénix Editora.
Hamm, A. (2022). New Objects, New Boundaries: How the "Journalism of Things" Reconfigures Collaborative Arrangements, Audience Relations and Knowledge-Based Empowerment. Digital Journalism p. 1-20. https://doi.org/10.1080/21670811.2022.2096088.
Marqués Pascual, J; Sintes Olivella, M. (2020). Blockchain y Periodismo: cómo la cadena de bloques cambiará a los media. Barcelona: Editorial UOC.
Millerson, G. (2002). Realización y Producción en Televisión. Madrid: IORTV.
Molero, E. (2001). Sistemas de Radio y TV. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.
Moreno, R. (2008). Avid: edición de video. Madrid: Anaya Multimedia.
Pareja Carrascal, E. (2005). Tecnología actual de televisión. Madrid: Instituto Oficial de Radio Televisión.
Quian, A. (2022). Civilización Hacker. Madrid: Anaya Multimedia.
Staten, G. (2009). Edición de video con Avid. Madrid: Anaya Multimedia.
Shufflebottom, R. (2005). Edición de Vídeo con Avid: media composer, siymphony, Xpresss. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
Bibliografía complementaria
Fernández Casado, J. L.; Nohales Escribano, T. (1999). Postproducción Digital. Andoain: Escuela de Cine y vídeo.
HACKASTORY. Hackastory tools: https://tools.hackastory.com/.
Millerson, G. (1994). Iluminación para televisión y cine. Madrid: Instituto RTVE.
Reilley, M. Journalist’s toolbox. Society of Professional Journalists: https://www.journaliststoolbox.org/.
Samuelson, D. (2002). El Manual técnico del cine. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
Torin, E. (1998). Tecnología Audiovisual. Madrid: Editorial Síntesis.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que afán demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da o seu ámbito de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da o seu ámbito de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
ESPECÍFICAS
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE26 - Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación.
CE27 - Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento do profesional da comunicación.
CE28 - Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos.
- Clases expositivas: aplicarase o modelo de aula invertida, mediante o cal o profesor compartirá os materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor resumirá posteriormente os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos adquiridos polo alumnado.
- Sesións prácticas en estudos e platós de radio e televisión, en laboratorio e de campo para aplicar os conceptos teóricos sobre as técnicas e tecnoloxías da comunicación.
Ata un 50% da materia corresponderá á parte teórica e o outro 50%, á práctica.
A avaliación da parte teórica realizarase mediante un exame que representará o 50% da nota final da materia.
Para o 50% da parte práctica realizarase unha avaliación continua na que se valorará o traballo individual diario (20%) e o proxecto final en grupo (30%).
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
En todo caso, será condición indispensable para que a ponderación anterior se leve a cabo o feito de que o alumnado supere ambas as dúas partes (teórica e práctica) da materia. A vixencia da nota de prácticas quedará limitada á primeira e segunda oportunidade do ano académico en curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO (48 HORAS)
20 h. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas
04 h. Traballos con textos: análise, síntese e discusión
20 h. Prácticas
1,5 h. Titorías de traballos de curso
1,5 h. Actividades de avaliación
01 h. Exame final
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (102 HORAS)
40 h. Estudo autónomo individual ou en grupo
12 h. Lecturas recomendadas
50 h. Preparación de presentacións orais, debates, etc. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica.
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non só se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo.
De igual maneira, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de laboratorio.
Finalmente, recoméndase o seguimento da aplicación de novas tecnoloxías nos medios xornalísticos mediante a exploración destes, a consulta de novas relacionadas coa innovación tecnolóxica aplicada a medios informativos e, especialmente, de fontes especializadas, e facer uso das horas de titorías.
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Mendez Barreiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- miguelmendez.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 24.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 24.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 28.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Castello Mayo, Enrique | Castelán |
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ BARREIRO, MIGUEL | Galego |
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ BARREIRO, MIGUEL | Galego |
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ BARREIRO, MIGUEL | Galego |
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MENDEZ BARREIRO, MIGUEL | Galego |
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| QUIAN PAMPIN, ALBERTO | Galego |