Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer, comprender e experimentar a metodoloxía propia da investigación xornalística. Coñecer, comprender e poñer en práctica os criterios de selección de contidos, a cualificación de fontes, a estrutura da linguaxe do relato xornalístico especializado en prensa, radio, televisión e Internet, así como os da opinión especializada. Análise da produción de contidos especializados nos diferentes soportes e dos modelos organizativos que a condicionan nunha redacción. Exercicio de creación de axenda de contidos.
Procesos, teoría e técnicas da información xornalística especializada, desde os ámbitos máis próximos ao especialista ata a comunicación colectiva en prensa, radio, televisión e Internet.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A especialización xornalística na sociedade do coñecemento
1.1. A sociedade da información e do coñecemento. Cambios e transformacións na
estrutura social e no ámbito da comunicación.
1.2. Efectos e consecuencias sobre a cultura e a ideoloxía xornalística. Tiranías e falacias.
1.3. A produción de actualidade: modelos xornalísticos, medios e información, en crise.
1.4. A especialización xornalística como estrutura interpretativa do coñecemento complexo.
1.5. O Xornalismo Especializado ou a integración dos modelos non convencionais de
xornalismo. Evolución histórica.
TEMA 2. Xornalismo Especializado: o circuito do ‘facer saber’
2.1. Obxetivos e obxeto de estudo do Xornalismo Especializado. O enfoque sistémico.
2.2. O circuito do ‘facer saber’ e a dotación de sentido. Revalidación do xornalismo
como modo de coñecemento.
2.3. Redefinición dos principios de obxetividade, verdade e veracidade.
2.4. A especialización por audiencias, medios e contidos. Factores determinantes dos
contidos especializados.
TEMA 3. Metodoloxía e técnicas do xornalismo especializado
3.1. A investigación científica como modelo.
3.2. Modalidades operativas: da investigación á precisión.
3.3. Estratexia global para a produción de contidos especializados: procesos e fases.
3.4. Aplicación á prensa escrita e electrónica, á radio e á televisión.
3.5. As cuestións éticas nos procesos de investigación.
TEMA 4. O xornalista especializado
4.1. Responsabilidade social e formación do xornalista especializado.
4.2. Características diferenciadoras. O novo gatekeeper, experto e líder de opinión.
4.3. Revalidación política da profesión xornalística nos procesos de mediación.
4.4. Profesionalidade versus profesionalismo.
4.5. O estatuto profesional do xornalista ou a garantía do dereito da cidadanía a unha información veraz e de calidade.
TEMA 5. As fontes e o proceso de negociación
5.1. Natureza, tipoloxía e criterios de cualificación das fontes.
5.2. Fontes especializadas, expertas e de precisión por contraposición coas convencionais.
5.3. A relación negociadora do xornalista coas fontes. Estratexias e técnicas.
5.4. Internet como sistema de fontes: a súa utilidade na estratexia operativa da especialización.
Buscadores, webs sociais, bases de datos, etc.
TEMA 6. O relato especializado: estrutura, xéneros e estratexia retórica
6.1. O xornalista especializado como autor de relatos.
6.2. Condicionantes do relato especializado: a natureza e os intereses dos medios
(audiovisuais, escritos, na rede).
6.3. A estrutura interna do relato: elementos e finalidade.
6.4. A estrutura externa: os xéneros da especialización para a información e a opinión (en
prensa, radio, televisión e novos medios).
6.5. Xéneros emerxentes: a infografía e o documental informativo para TV.
6.6. A estrutura narrativa ou textual, estilo e linguaxe. A estratexia retórica.
TEMA 7. Áreas e límites mutables
7.1 Niveis de especialización xornalística. Novas estruturas organizativas ao servizo da línea
editorial dos medios.
7.2 As áreas de especialización, na estratexia da democratización informativa.
7.3 Parámetros conceptuais e trazos diferenciais. Macroáreas, áreas, subáreas e bloques de
especialización.
7.4 Ámbitos temáticos novos: áreas e límites mutables.
7.5 O feito diferencial e o local como instancias e factores de especialización xornalística.
CONTIDOS PRÁCTICOS
O alumnado realizará cando menos unha práctica relacionada coa busca e tratamento das fontes do relato xornalístico especializado e de dúas a catro prácticas (en función de evolución do curso e dos criterios que, de acordo coa dita evolución, aplique o profesor) relacionadas coa produción e elaboración de contidos especializados que atinxan ás distintas áreas de especialización explicadas na parte teórica.
Básica
AA.VV. (1997). Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia, Fundación Univ. San Pablo CEU
Álvarez Pousa, L. (1999). A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na sociedade da información. Vigo, Xerais
Bergara Conde, Mª Rosa (2005). Periodismo Especializado. Pamplona. Ediciones Internacionales Universitarias
Blanco Castilla, E. & Esteve Ramírez, F. -ed.- (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga
Esteve Ramírez, STEVE RAMÍREZ, F. & Fernández del Moral, J. (1999). Áreas de especialización Periodística. Madrid, Editorial Fragua
Esteve Ramírez, F. & Moncholi, M.A. -coord.- (2007). Teoría y Técnicas del Periodismo Especializado. Madrid, Editorial Fragua
Fernández del Moral, J. -coord.- (2004). Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel
Fernández del Moral, J. & Esteve Ramírez, F. (1993). Fundamentos de la Información Periodística Especializada. Madrid: Síntesis
Complementaria
Losada Vázquez, A. & Esteve Ramírez, F. -ed.- (2003). El Periodismo de Fuente. Salamanca: Universidad Pontificia
Llano, R. (2008). La especialización periodística. Madrid, Tecnos
Quesada M. (1998). Periodismo Especializado. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias
Seijas Candelas, L. (2003). Estructura y fundamentos del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Universitas
Básicas y generales
CG1. Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2. Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3. Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT1. Capacidade de organización e planificación
CT2. Capacidade de xestión da información
CT3. Traballo en equipo
CT4. Aprendizaxe autónoma
CT5. Creatividade
CT6. Iniciativa e espírito emprendedor
CT7. Coñecementos básicos da profesión
Específicas
CE13. Coñecer as técnicas de redacción da información especializada.
CE14. Capacitar para a produción de información especializada
Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización dos traballos prácticos propostos.
Proporase asemade a realización dun traballo grupal a partir dunha lectura especializada recomendada polo profesor.
A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superar a asignatura nas súas dúas partes. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 20 horas
• Clases interactivas: 20 horas
• Traballos con textos: 4 horas
• Titorías de traballos do curso: 1,5 horas
• Actividades de avaliación: 1.5 horas
• Exame final: 1 hora
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12 horas
• Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.). Planificación e execución da práctica: 50 horas
Por se tratar dunha materia que ten unha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que os/as alumnos/as tenten afianzar e asentar a súa vocación intelectual –e conseguintemente, a súa vocación social e profesional– tomando contacto coas ideas coas que diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización e da información.
A lectura de obras especializadas en comunicación social, e máis especificamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, da nova sociedade, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas neste tempo.
Só así poderán chegar á conclusión de que única vía social e profesionalmente eficaz é aquela que responde nos procesos de produción informativa a este dobre obxectivo: a) o da democratización informativa (dependerá de factores ligados á metodoloxía e ás técnicas profesionais que superen as rutinas produtivas ordinarias e busquen unha cualificación); b) o de cualificar os niveis de mediación (baseándose na función de medios e xornalistas como instrumentos integradores de coñecementos, conscientes de que procesan información para a sociedade do coñecemento).
É imprescindible que os alumnos/as sigan no día a día a actualidade a través de diferentes medios de comunicación (escritos, audiovisuais, na rede).
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta, así como a participación activa nas clases e maila demostración de capacidade de relación de contidos, contextualización, documentación e análise crítica.
Fermin Galindo Arranz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816528
- Correo electrónico
- fermin.galindo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel David Cheda Martinez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.cheda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Mércores | ||
| 16:00-17:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Xoves | ||
| 16:00-17:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 22.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 22.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 26.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| GALINDO ARRANZ, FERMIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| GALINDO ARRANZ, FERMIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| GALINDO ARRANZ, FERMIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| GALINDO ARRANZ, FERMIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CHEDA MARTINEZ, MANUEL DAVID | Galego |
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |