Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Parasitoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as características fundamentais das relacións entre seres vivos e as súas asociacións.
Recoñecer e identificar as principais especies de parasitos responsábeis de enfermidade no ser human e animais.
Aplicar e relacionar os coñecementos morfolóxicos e biolóxicos no diagnóstico parasitolóxico.
Aplicar os fundamentos biolóxicos e epidemiolóxicos na prevención e control das enfermidades parasitarias.
Desenvolver capacidades para suscitar e resolver problemas prácticos de tipo parasitolóxico.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (26 horas)
BLOQUE I. XENERALIDADES
Tema 1. Introdución ao parasitismo (2 h)
Tema 2. Taxonomía e nomenclatura parasitaria (0,5 h) Tema 3. Patoxénese parasitaria (1 h)
Tema 4. Epidemioloxía parasitaria (0,5 h)
Tema 5. Bases para o control das enfermidades parasitarias (0,5 h) BLOQUE II. PROTOZOOLOXÍA
Tema 6. Introdución aos protozoos (1 h)
Tema 7. Amebas intestinais e amebas anfizoicas (1,5 h)
Tema 8. Flaxelados intestinais e uroxenitais (0,5 h)
Tema 9. Flaxelados hemotisulares (3,5 h)
Tema 10. Ciliados (0,5 h)
Tema 11. Apicomplexos intestinais (1 h)
Tema 12. Apicomplexos tisulares (1 h)
Tema 13. Apicomplexos hemáticos (2 h) BLOQUE III. HELMINTOLOXÍA
Tema 14. Introdución aos trematodos (0,5 h)
Tema 15. Trematodos hepatobiliares (0,5 h)
Tema 16. Trematodos intestinais e pulmonares (0,5 h)
Tema 17. Trematodos hemáticos (1 h)
Tema 18. Introdución aos cestodos (0,5 h)
Tema 19. Cestodos pseudofílidos (0,5 h)
Tema 20. Cestodos ciclofílidos (1 h)
Tema 21. Introdución aos nematodos (0,5 h)
Tema 22. Tricúridos (0,5 h)
Tema 23. Ascáridos (0,5 h)
Tema 24. Estronxílidos (1 h)
Tema 25. Oxiúridos. (0,5 h)
Tema 26. Filarias (1 h)
BLOQUE IV. ARTROPODOLOXÍA
Tema 27. Introdución e importancia dos artrópodos (0,5 h)
Tema 28. Ácaros e garrapatas (0,5 h)
Tema 29. Insectos ápteros (0,5 h)
Tema 30. Insectos dípteros (0,5 h)
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (10 horas)
Práctica 1. Protozoos: observación de preparación (2 h)
Práctica 2. Trematodos: observación de preparacións (2 h)
Práctica 3. Cestodos: observación de preparacións (2 h)
Práctica 4. Nematodos: observación de preparacións (2 h)
Práctica 5. Artrópodos: observación de preparacións (2 h)
TITORÍAS (1 hora).
Programaranse pola profesora de acordo cos alumnos e estarán dedicadas á aclaración de dúbidas sobre aspectos relacionados ca materia.
SEMINARIOS (4 horas).
Impartiranse 4 seminarios que tratarán sobre potenciais aspectos profisionais do Graduado/a en Bioloxía no campo da Parasitoloxía.
EXAMEN (2 horas).
Haberá dúas convocatorias cuxa data, hora e aula estableceranse polo Decanato da Facultade de Bioloxía.
Básica
Ash, L.R. y Orihel, T.C., 2010. Atlas de parasitología humana. 5ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Cordero del Campillo, M. y Rojo Vázquez, F.J., 1999. Parasitología Veretinaria. Madrid: Editorial McGraw-Hill Interamericana.
Despommier, D.D., Karapelou, J. e Jensen, J., 2006. Parasitic Diseases. 5th ed. New York: Apple Trees.
Gállego Berenguer, J. 2007. Manual de parasitología: morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. Barcelona: Publicacions i Edicions Universitat de Barcelona.
Roberts, L.S., Janovy, J.Jr e Nadler, S., 2013. Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts’ Foundations of Parasitology. 9th ed. Boston: McGraw-Hill.
Complementaria
http://www.facmed.unam.mx/marco/index.php?dir_ver=87
http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Para_Health.htm
http://apps.who.int/tdr/svc/publications
Competencias básicas e xerais
CG1 – Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto nos contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía.
CG4 – Ter a capacidade de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativas á Bioloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudiar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas na Bioloxía.
CB1 - Que os estudantes demostren que posúen e comprenden coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e encóntrase nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas na súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións cara un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenrolaran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
Competencias trasversais
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensíbel.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada do seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
Competencias específicas
CE5 - Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenrolar a capacidade de analizar e interpretar a súas adaptacións ao medio.
CE6 – Desenrolar a capacidade de obter, manexar, conservar, identificar e clasificar espécimes biolóxicos, así como o seus restos e rastros.
CE9 - Coñecer e comprender a estrutura e a función de virus, células procariotas e eucariotas.
CE10 - Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
Clases Expositivas
Serán clases maxistrais impartidas pola docente responsábel, nas que se expoñerán, inicialmente, as directrices xerais da materia para, posteriormente, explicar os conceptos básicos e os temas reflexados no programa das clases expositivas. A profesora poderá apoiarse nos medios informáticos e audiovisuais. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica. A asistencia ás clases expositivas non será unha actividade obrigatoria pero sí avaliable.
Clases interactivas de Laboratorio
As clases prácticas terán por finalidade a observación macroscópica e microscópica de distintas especies parasitas, tanto as fases dos seus ciclos biolóxicos como as formas parasitarias que permiten facer un diagnóstico directo. Programaranse de acordo cos bloques que constitúen o programa das clases expositivas. A plataforma virtual da USC complementará as clases interactivas de laboratorio. Esta actividade terá un carácter obrigatorio (100%).
Clases interactivas de Seminario
Están previstos catro seminarios que serán impartidos por biológos/as en cuxa actividade profesional se abordan temas relacionados coa Parasitoloxía. Consistirán basicamente en charlas-coloquios nas que o alumnado poderá plantexar calquera tipo de cuestión ó respecto. Esta actividade terá un carácter obrigatorio (100%).
Titorías
Dedicaranse á resolución de dúbidas sobre calquera aspecto da materia. Convocaranse pola docente a demanda do alumnado.
Esta actividade non será obrigatoria pero si avaliable.
O alumnado disporá de dúas oportunidades de avaliación. Non se poderá aprobar a materia sen a realización das clases interactivas de laboratorio, sendo a cualificación final na materia “Non Presentado/a”.
No exame avalíanse as competencias: CE5, CE6, CE9 e CE10
Na participación activa en clases prácticas e seminarios avalíanse as competencias: CE5, CE6, CE9 e CE10
A avaliación, en ámbalas dúas oportunidades, consistirá nun exame teórico que suporá un 80% da cualificación final e poderá constar de: definición de conceptos básicos, resposta a preguntas curtas e tipo test, interpretación de imaxes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Serán tamén obxecto de avaliación os coñecementos adquiridos durante a realización das clases prácticas.
Haberá unha avaliación continua complementaria na que se valorarán a participación, a actitude e o aproveitamento das diferentes actividades programadas, incluíndo as clases interactivas de seminario e de laboratorio. A súa valoración será do 20% da cualificación final, pero será necesario obter unha nota mínima (5 sobre 10) no exame teórico para aplicar esta valoración. Dita valoración so terá validez para o curso académico no que foi obtida.
Para o alumnado repetidor a asistencia ás clases expositivas non será obrigatoria pero si avaliable. As clases interactivas de Laboratorio terán validez durante os 2 cursos siguientes a súa realización. A asistencia ás clases interactivas de Seminario será obrigatoria (100%). As tutorías no serán obrigatorias pero si avaliables.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacions”.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Traballo presencial: 43 h
26 h expositivas
10 h interactivas de laboratorio
4 h interactivas de seminario
1 h titorías
2 h examen
Traballo non presencial: 69,5 h
Estudio individual: 64 h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 3 h
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2,5 h
TOTAL= 4.5 ECTS x 25 h= 112.5 h
Asistencia ás clases expositivas
Dedicación regular á materia
É recomendable o coñecemento dos conceptos básicos.
É de utilidade a realización de resumos sobre os aspecto importantes dos temas, asegurándose de coñecer tanto o seu significado como a súa aplicación.
Utilizar a plataforma virtual como complemento e consultar a bibliografía.
Empregar as horas de titorías para resolver calquera dúbida.
Para aqueles casos excepcionais, poderase comunicar a través da canle MS-Teams, previa solicitude por correo electrónico.
Maria Elvira Ares Mazas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814890
- Correo electrónico
- melvira.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
| Xoves | ||
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
| 22.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 22.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 02.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES MAZAS, MARIA ELVIRA | Castelán |