Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Identificar e distinguir a estrutura, as propiedades e a función das biomoléculas.
- Saber realizar procesos de purificación e análise de biomoléculas.
- Identificar a relación entre a estrutura e a función das biomoléculas.
- Distinguir as distintas clases de enzimas e os seus mecanismos de catálise, así como os principios da regulación enzimática.
- Saber medir actividades enzimáticas.
- Aplicar os principios da termodinámica aos sistemas biolóxicos.
- Enumerar os mecanismos e elementos da sinalización celular.
Todas as actividades serán presenciais.
CLASES EXPOSITIVAS (27 horas)
• Unidade 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida (2h).
• Unidade 2. Glícidos. Características xerais e función biolóxica (2h).
• Unidade 3. Lípidos. Características xerais e función biolóxica (2h).
• Unidade 4. Nucleótidos e ácidos nucleicos (2 h).
• Unidade 5. Aminoácidos. Enlace peptídico e péptidos (2 h).
• Unidade 6. Estrutura tridimensional e función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina (3h).
• Unidade 7. Enzimas: estrutura e función (2h).
• Unidade 8. Cinéticas da reacción enzimática. Inhibicións (3h)
• Unidade 9. Regulación da reacción enzimática (2h).
• Unidade 10. Bioenerxética: intercambios de enerxía e compostos de alto nivel enerxético (2h).
• Unidade 11. Membranas biolóxicas, propiedades e estrutura. Transporte mediado a través de membrana (2h).
• Unidade 12. Sinalización celular e os seus mecanismos (2h).
• Unidade 13. Introdución ao metabolismo e a súa regulación (1h).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS (PRESENCIAIS) (6 horas)
Resolución, en pequenos grupos de traballo e individualmente, a realizar na aula, de cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento, etc.) relacionadas cos temas da materia expositiva, que sirvan para afondar no seu coñecemento, coas seguintes temáticas:
• Seminario 1: glícidos (1h)
• Seminario 2: lípidos (1h)
• Seminario 3: aminoácidos e proteínas (1h)
• Seminario 4: membranas biolóxicas e bioenerxética (1h)
• Seminario 5: actividade encimática (1h)
• Seminario 6: inhibición encimática (1h)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO (PRESENCIAIS) (15 horas)
Se organizan en 5 sesións presenciais no laboratorio.
• PRÁCTICA 1. Obtención de extracto de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos. (3 h)
• PRÁCTICA 2. Obtención e análise de DNA a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa. (3 h)
• PRÁCTICA 3. Determinación cuantitativa de proteínas. Método de Lowry. (3 h)
• PRÁCTICA 4. Illamento e cuantificación do glicóxeno hepático. (3 h)
• PRÁCTICA 5. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática na fosfatasa ácida. (3 h)
PROGRAMA DE TITORIAS (3 horas)
A primeira sitúase ó principio do curso para explicar o desenvolvemento da materia e a táboa de avaliación. As outras dúas usaríanse para resolver dúbidas comúns sobre o desenvolvemento do curso e os seus contidos, e poderánse convocar online.
BÁSICA
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• Mathews, C.K., Van Holde, K.E. & Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. 4ª ed. Madrid: Pearson
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• Voet, D., Voet, J. & Pratt, C., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
• McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
COMPLEMENTARIA
• *Sánchez Enríquez, S., Flores Alvarado, L.J., Gurrola Díaz, C.M., Heredia Chávez. P., 2014, Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica. [en línea] 3ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Disponible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=14…
• Roca, P., Oliver, J. y Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
• Alberts, B., et al., 2016. Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
• Lodish, H., et al., 2016. Biología celular y molecular. 7ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
OUTROS RECURSOS
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html
-http://www.pubmed.com (books)
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
Básicas/Xerais
As que aparecen reflectidas na Memoria do Grao de Biotecnoloxía.
Transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar criticamente.
Específicas
CE2- Comprender e saber aplicar os principios físico-químicos dos procesos biolóxicos con aplicación en Biotecnoloxía, así como as principais ferramentas utilizadas para investigalos.
CE3- Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE4- Ter unha visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
A materia está deseñada para potenciar a Aprendizaxe Activa do alumnado. As clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de cuestións en seminarios (ABP) e a resolución de dúbidas da materia en titorías.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA segundo a ficha da Materia na Memoria do Grao, agás para os estudantes con permiso oficial, pero só serán REQUISITO para aprobar a materia as especificadas no seguinte apartado.
O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base de devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
Nas clases expositivas a profesor/a explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e / ou exemplos xerais, pautas xerais para a materia), promovendo a participación dos estudantes.
Haberá 6 seminarios de 1 hora de duración cada un co obxectivo de realizar, en pequenos grupos de traballo e de forma individual, cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento o ABP, etc.,) relacionadas cos temas da materia, que sirvan para afondar no seu coñecemento. Nestes seminarios se poden traer apuntamentos, libros e todo o material docente que se necesite. A asistencia e a realización dos seminarios serán voluntarias. Durante o seminario os/as alumnos/as poderán participar activamente na resolución dos problemas e cuestións propostos, o cal será avaliado. Ao finalizar cada seminario realizaranse cuestionarios individuais avaliables en formato electrónico por conexión ao Campus Virtual, e o seu contido é obxecto de exame.
As prácticas de laboratorio son clases prácticas na que se aplican os contidos teóricos, mediante observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos preparados a tal efecto. O profesor/a pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. As prácticas de laboratorio organízanse en 5 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) de 2 a 3 horas. As/os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos, revisar o contido presentado polo profesorado e analizar todo adecuadamente para responder ás preguntas e exercicios propostos no caderno de prácticas, para preparar unha memoria de prácticas individual para a súa entrega obrigatoria que será avaliada. A asistencia ás prácticas e a entrega do informe de prácticas son OBRIGATORIOS E REQUISITOS para aprobar a materia.
Todas as clases expositivas e interactivas, así como a titoría, serán presenciais e realizaranse na aula seguindo o calendario oficial e o calendario da materia.
As titorías de dúbidas, a petición dos estudantes, poden ser presenciais ou por mecanismos telemáticos a acordar cos estudantes (Campus Virtual, correo electrónico ou MS-Teams).
Está expresamente prohibido que o estudantado distribúa o material de ensinanza (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ás persoas fora do curso.
Plaxio e uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións.
1. Criterio Xeral: Actividades obrigatorias non avaliables, Actividades obrigatorias avaliables, Actividades non obrigatorias avaliables.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA segundo a ficha da Materia na Memoria do Grao, agás para os estudantes con dispensa oficial, pero non será REQUISITO para aprobar a materia, excepto a PROBA FINAL e a AVALIACIÓN CONTÍNUA 1 (Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas).
A AVALIACIÓN CONTINUA só farase unha vez por curso e servirá para ambas oportunidades de avaliación. Por tanto, na segunda oportunidade de avaliación só repetirase a PROBA FINAL, manténdose a cualificación obtida na avaliación continua. A ponderación de cada parte da avaliación será a mesma en ambas oportunidades. Para aprobar a materia, a suma de exame avaliación continua debe alcanzar como mínimo 5/10 puntos en total, ademais de cumprirse os requirimentos específicos que se indican máis abaixo.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou realización dalgunha actividade obrigatoria e/o avaliable.
2. Criterios Específicos da avaliación e Criterios de presentación.
Instrumento: PROBA FINAL
Realización/Criterios: O exame final PRESENCIAL obrigatorio suporá o 65% da nota final. O exame contemplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado.A materia avaliada no exame inclúe o contido das clases expositivas e dos seminarios. O exame terá unha parte test (30% da nota) e outra de preguntas curtas que abarcará tódolos aspectos relacionados cos contidos da materia (70% da nota). Para sumar a Avaliación continua se debe puntuar en todas as preguntas do exame e sacar un mínimo (4/10 puntos); en caso contrario, non se sumará a avaliación continua, de xeito que a cualificación final da materia será exclusivamente a do exame.
Peso: Parte Test e Preguntas curtas (30 e 70%).
Competencias Avaliadas: CB 1-5; CG 1; CE 2-4; CT 1,2,4,6.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1
Realización/Criterios: Entrega do informe de prácticas. REQUISITO OBRIGATORIO polo Campus Virtual/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas.
Peso: Ata o 15% da cualificación total.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5; CG 1-4; CE 2-4; CT 1,2,4,6.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2
Realización/Criterios: Participación activa nas clases de Seminarios. Actividades: resolución na aula de problemas e cuestións propostos por compañeiros/as o profesores/as. A súa realización NON É UN REQUISITO OBRIGATORIO.
Peso: Ata o 5% da cualificación total.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5; CG 1; CE 2-4; CT 1,2,4-6
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 3
Realización/Criterios: Seminarios/ Traballo autónomo previo de estudo dos contidos e presencial durante os seminarios. Actividades: realización dos cuestionarios no Campus Virtual ó finalizar os seminarios. A súa realización NON É UN REQUISITO OBRIGATORIO.
Peso: Ata o 15% da cualificación total.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5; CG 1; CE 2-4; CT 1,2,4-6
3. Avaliación de repetidores/as.
Como excepción para repetidores/as, estes/as poderán conservar a nota da AVALIACIÓN CONTÍNUA 1, se tiveran obtido como mínimo un 5 sobre 10 nalgún dos dous cursos anteriores e cumpriran os requisitos de asistencia ás prácticas de laboratorio. Se non se chegou a esa nota, os/as repetidores/as deberán facer novamente as prácticas de laboratorio e presentar o informe de prácticas.
A AVALIACIÓN CONTINUA 2 y 3, por non ser a súa realización un requisito obrigatorio, poderá conservarse de dous cursos anteriores independentemente da súa nota.
Todo o alumnado repetidor deberá facer a PROBA FINAL. O peso de cada proba de avaliación será o mesmo que o indicado arriba.
Horas presenciais: 53 horas
27 horas expositivas
15 horas prácticas de laboratorio
6 horas de seminarios
3 horas de titorías
2 horas de exame
Horas non presenciais: 97 horas
87 horas de dedicación ao estudo individual, 10 horas á elaboración da memorias de prácticas.
Volume total de traballo: 150 horas totais (25 horas/ECTS x 6 ECTS= 150h).
- Asistencia e participación activa na clase. Aínda que a asistencia e realización dos seminarios non é obrigatoria, é moi recomendable xa que: i) unha gran parte do material expositivo é revisado; ii) tamén é obxecto de exame; iii) avalíase un cuestionario e obtense unha porcentaxe significativa da nota final); iv) o tipo de preguntas e cuestións abordadas son moi similares a algunhas que aparecerán no exame. Tamén é importante levar a cabo os problemas e preguntas que non de tempo de facer en cada sesión de seminario e que se poñerán a disposición dos estudantes.
- Para cada hora de clase, dúas horas de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é esencial que o tempo de estudo sexa o máis próximo posible ao tempo de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia impartida e/ou preparación dos seminarios propostos antes da súa presentación en clase.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Revisión do exame final.
- Interese e atención aos novos avances desta disciplina que aparecen nos medios de comunicación.
De non ter os coñecementos previos de Bioloxía e Química do bacheralato, o alumnado deberá obtelos o antes posible no curso.
As entregas para a Avaliación Continua (a excepción da AVALIACIÓN CONTINUA 2) faranse por medios telemáticos, Aula Virtual ou correo-e institucional.
As canles de comunicación directa non presencial co alumnado, ademais da Aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado, e o correo institucional, poderán ser titorías, foros, ou sesións virtuais mediante MS Teams.
Cristina Diaz Jullien
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guillermo Covelo Artos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Javier Cordero Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Laura Rivadulla Costa
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- laura.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Mércores | ||
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 10.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 26.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER | Castelán |
| COVELO ARTOS, GUILLERMO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| COVELO ARTOS, GUILLERMO | Castelán |
| Rivadulla Costa, Laura | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| COVELO ARTOS, GUILLERMO | Castelán |
| Rivadulla Costa, Laura | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DIAZ JULLIEN, CRISTINA | Castelán |
| Rivadulla Costa, Laura | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| COVELO ARTOS, GUILLERMO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| COVELO ARTOS, GUILLERMO | Castelán |