Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Carácter: Obrigatorio
Convocatoria: 1er semestre
Créditos: 4,5 ECTS
-Saber definir o concepto de calidade e de boas prácticas de laboratorio.
-Saber describir os procedementos operativos estándar.
-Coñecer os mecanismos e procedementos de xestión da calidade, así como as ferramentas básicas para a mellora da calidade.
-Coñecer e saber describir as normas ISO 9001:2000.
-Saber validar os métodos e calibración de equipos. Saber utilizar os rexistros e os procedementos de mantemento da información.
I.- CONCEPTOS BÁSICOS
Conceptos, evolución e fundamentos da calidade e a súa xestión. Calidade de productos, procesos e sistemas. Referencias normativas. Ferramentas básicas. Xestión de riesgos. Deseño de experimentos
II.- CONTROL DE PROCESOS
Control estatístico de procesos e estudos de capacidade. Gráficos de variables e atributos. Muestreo de aceptación
III.- METODOLOGÍA ANALÍTICA E CALIDADE.
Calidade e laboratorio analítico. Toma de muestra. Trazabilidade. Materiales de referencia. Xestión de equipos. Calibración. Cálculo de incertidumbres. Métodos analíticos. Validación. Aplicación o laboratorio clínico.
IV.- EVALUACIÓN DE UN LABORATORIO DE ENSAYO
Exercicios intercomparación. Acreditación. Auditorias. Norma 17025 e Boas prácticas de laboratorio
bibliografía básica:
D.H. Besterfield. “Control de calidad (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, México, 2009
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración y control de la calidad”.(7ª ed), Thomson, México, 2008
M. Sangüesa, R.Mateo, L. Ilzarbe. “Teoría y Práctica de la calidad”. Thomson, 2006
bibliografía complementaria:
R. Compañó, A. Ríos. “Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos”, Ed. Síntesis, Madrid, 2002.
Sagrado S., Bonet E., Medina M.J., Martín Y. “Manual Práctico de calidad en los laboratorios. Enfoque ISO 17025”. Ediciones AENOR. 2004
Competencias xerais e básicas.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 – Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais.
CT1 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Razoar criticamente
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 - Adaptación a novas situacións (resiliencia).
CT9 - Liderado e dirección de equipos.
Competencias específicas.
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE6 - Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora de produtos.
Las plataformas utilizadas serán as dispoñibles na USC, o Moodle mediante a aula virtual da USC e a plataforma “Microsoft Teams”.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que o profesor considere convinte para o desenvolvemento do curso.
B) Clases interactivas – (Seminarios) O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases e considérase un elemento da avaliación continua da materia. As entregas faranse a través da aula virtual.
C) Clases prácticas con ordenador: Nesta materia, as clases prácticas desenvólvense utilizando medios informáticos. Nelas o alumno adquire as habilidades propias relacionadas coa materia que se está impartindo e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas preparando adecuadamente a sesión en función do calendario establecido. A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As entregas faranse a través da aula virtual.
Está previsto utilizar software para o que a USC dispón de licencias de campus, de modos é recomendable dispoñer dun ordenador operando baixo sistema windows para o software utilizado.
D) Titorías: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 1,5 horas por cuadrimestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, clases ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. Nalgúns casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
No caso de entregas, serán a través da aula virtual da USC.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final. O exame final terá carácter presencial. A data de realización do exame será a que determine o centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria, aínda que será valorada positivamente. Esixirase unha asistencia do 80% nas clases interactivas de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
1.1. Avaliación continua, terá un peso porcentual do 40 % e constará de:
•Traballos realizados en seminarios e titorías entregados o profesor 20%.
As Titorías servirán para avaliar as seguintes competencias: CG4, CB3, CB4, CT5, CT7, CT8, CT9
As clases interactivas servirán para avaliar: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB3, CB4, CB5, CT7,
•Prácticas interactivas con ordenador 20%. Os ítems que avaliar serán os seguintes:
- Participación e execución da práctica
- Exercicios entregados
As prácticas de ordenador servirán para avaliar: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB3, CB4, CB5, CT1, CT4, CE1 CG5,
1.2. Exame final (EF), versará sobre os contidos teóricos da materia e os contidos prácticos relativos ás prácticas de laboratorio, e terá un peso porcentual do 60 %.
No exame avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5 CB1, CB2, CB4, CB5, CT1, CT4, CT5,
En todo caso, para aprobar a asignatura, será requisito imprescindible ter asistido as sesións correspondentes de aula de informática, no seu caso, sempre que a falta este debidamente xustificada, recuperarase de acordo co profesor.
Aos estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua de prácticas nun máximo de dous cursos académicos anteriores, conservaráselles a cualificación obtida da avaliación continua, polo que serán eximidos (agás que o desexen, en cuxo caso, de repetir as prácticas non se lle conservará a avaliación antiga e prevalecerá a que obteñan no curso actual) de asistir ás sesións correspondentes de aula de informática, pero deberán realizar o exame dos contidos de prácticas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA................HORAS.....PRESENCIALIDADE
Clases expositivas: ……………..……………………………….20 h ….……… 100 %
Clases interactivas (Seminarios): ………………………….7 h ………….. 100 %
Clases interactiva Informática: …………………………….10 h ………….. 100 %
Titorías en grupo: …………………………………………………1 h ……………… 100 %
Titorías individualizadas: …………………………………….0,5 h ..…………. 100 %
Exame y revisión: ………………………………………………….2 h ……………. 100 %
Traballo persoal: …………………………………………………..72 h ………….. 100 %
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en si mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas.
Elisa Maria Rubi Cano
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814274
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Montes Goyanes
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- rosamaria.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Mércores | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 12.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 17.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES GOYANES, ROSA MARIA | Castelán |
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES GOYANES, ROSA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES GOYANES, ROSA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MONTES GOYANES, ROSA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RUBI CANO, ELISA MARIA | Castelán |